Saltar

4 xeitos de crear o ambiente axeitado con luces LED

Sabemos que son pequenas, que duran moito e que consomen pouco. Pero cando se trata de crear ambientes, normalmente non se fala da iluminación LED. Aquí tes algunhas suxestións que ademais de seren prácticas, axudaranche a crear diferentes ambientes.

Cuarto grande con cociña, comedor e cuarto de estar parcialmente separado. Cuarto alumeado con varias fontes de luz.
Cuarto grande con cociña, comedor e cuarto de estar parcialmente separado. Cuarto alumeado con varias fontes de luz.

Unha luz suave para indicar o camiño

Unha tira LED agochada dá a cantidade de luz precisa para crear un ambiente cálido e para alumear os corredores para os noctámbulos. (sigue a ligazón para ver onde remata este tiburón).

Mellor en compañía

Varias lámpadas xuntas alumean a estancia de máis xeitos. Agrupalas é unha forma sinxela de lograr un efecto decorativo, especialmente se a luz e as formas están conectadas dalgún xeito (neste caso, a luz amarela, o cristal afumado e as liñas curvas).

Mestura un pouco de verde co aire libre

Hai algo especial en alumear a noite desde o exterior da túa casa. Funciona igual de ben nun xardín que nun balcón, ou simplemente a carón dunha fiestra. Se podes, inclúe plantas (compleméntanse moi ben).

O de toda a vida, pero doutra forma

Buscar novos xeitos para crear ambientes pode estar ben, pero ás veces, prefires optar polo que xa coñeces: luces de té, candeas, candís… Como todos teñen versión LED, podes aproveitar o mellor dos dous mundos: lapas cálidas que non queiman.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.