4 trucos para conservar os alimentos máis tempo
Como podo facer que a miña comida dure máis tempo? Toma nota destes consellos para conservar os alimentos na casa adecuadamente! Así poderás aforrar diñeiro, ir menos veces ao supermercado innecesariamente e estragar menos alimentos.


Estes días nos que ir ao supermercado non é garantía de atopar o produto que queremos, non está de máis aprender unhas cantas leccións para conservar a comida da nosa casa durante máis tempo. Verás que cada tipo de alimento precisa un almacenamento diferente. Pero non te preocupes: dirémosche como facelo paso a paso. Que non falte de nada na túa cociña!
Como conservar o pan fresco
Na maioría dos fogares hai un produto que nunca falta: o pan. Aínda que é un dos alimentos básicos máis consumidos no noso país, moi poucas veces se aproveita na súa totalidade porque ao segundo día está duro como unha pedra. Normalmente isto ocorre cos pans de peor calidade, pero a causa principal é a perda de humidade.
Para mantelo esponxoso o maior tempo posible, ademais de que non escatimes no seu prezo, os expertos recomendan que o gardes nas clásicas bolsas de tea de toda a vida. Non só son máis ecolóxicas, tamén deixan respirar mellor o pan. Outra opción pode ser usar unha paneira de madeira e tapalo cun pano de cociña. Non se recomenda metelo en bolsas de plástico porque se abranda antes. Outra opción é conxelalo, pero mellor se o acabas de mercar.
Como conservar a fariña
A fariña, ao igual que outros cereais e froitos secos, é proclive a xerar insectos debido aos cambios de temperatura e humidade. É un produto que pode durar moito tempo na despensa (aproximadamente 6 meses), pero ten en conta que é perecedoiro e precisa manterse nun lugar seco e nun recipiente perfectamente selado, tamén para evitar que absorba olores doutros produtos. Os tarros son ideais para gardar a fariña.
Se vives nunha zona con temperaturas altas, é mais recomendable que gardes este produto na neveira, nun bote pechado. Por último, aconsellámosche que non gardes a fariña preto doutros grans como o arroz porque poden atraer bichos que acaben contaminándoa.
Como conservar patacas, cebolas e allos
Para conservar alimentos básicos, como as patacas e as cebolas, o primeiro que debes facer é evitar a neveira. Estes alimentos precisan unha temperatura medio-baixa (entre 7 ou 11 graos), pero non tan fría como a dun frigorífico.
No caso das patacas, non lles gusta a luz nin compartir espazo coas cebolas, como é habitual en moitas despensas. O máis recomendable é almacenalas en bolsas de tea ou reixas escuras. Tamén serven as caixas de madeira como os nosos caixóns de piñeiro KNAGGLIG, sempre e cando as gardes nun lugar escuro e fresco.
Os allos, pola súa parte, compórtanse dun xeito similar á pataca: aman a escuridade e non queren a humidade. Polo tanto, evita a neveira. Ás cebolas non lles afecta tanto a luz, pero tamén se recomenda metelas nun lugar aireado, nunha cesta de vimbio ou nunha bolsa de papel.
En tódolos casos desterra os plásticos para gardar estes alimentos. O teu peto e o planeta agradecerancho!
Como conservar os ovos
Temos claro que os ovos deben gardarse na neveira, pero onde exactamente? Igual cres que evidentemente o seu lugar é o compartimento que traen algúns frigoríficos na porta. Non obstante, non se aconsella colocalos aquí porque están expostos a moitos cambios de temperatura cada vez que abres e pechas o electrodoméstico. Podes lavalos unha vez os queiras usar, pero non para gardalos. Recoméndase que se manteñan na súa caixa orixinal ou nun recipiente pechado usado sempre para este fin.

Deixámosche un vídeo con ideas para organizar a túa despensa nun intre e que non estragues ningún alimento.
Se precisas máis ideas para aforrar en comida, recomendámosche que visites o noso espazo sostible con información sobre reciclaxe e aproveitamento de comida. Estamos seguros de que estes consellos axudaranche a aforrar cartos e coidar o medio ambiente!