4 ideas para decorar a mesa de Nadal por menos de 50 euros
É posible decorar unha mesa de Nadal sen gastar moitos cartos? Abofé, demostrámosche como facelo, exactamente, por menos de 50 euros. Inspírate con estas ideas IKEA!


Á decoración é unha parte fundamental do Nadal. Todo se enche de cores alegres e luces fermosas, e cada recuncho da nosa casa pode devir un lugar especial. E é que non só a árbore de Nadal é a protagonista das festas, mais a comida adquire un gran protagonismo e as mesas de Nadal deveñen o escenario perfecto para exhibila e gozala.
Mais, como sabemos que estas datas tamén veñen ateigadas de gastos, e non se poden tirar os cartos pola xanela para fóra cada vez que queremos engalanar a nosa casa, fixemos o reto de crear cos nosos embaixadores IKEA unha mesa de Nadal low-cost cun orzamento máximo de 50 euros. Queres ver o resultado? Sigue lendo!
1-Mesa de Nadal rústica
A primeira das nosas propostas é obra do bo gusto de Ester Rico(@jenesuispasjuliet), que se decantou por unha mesa de Nadal de estilo rústico.
Produtos:
- Xogo de 6 candeas pequenas LED, MOGNAD
- Xogo de 5 candeas grosas sen perfume, FENOMEN
- Prato branco 22 cm, UPPLAGA
- Cunca beixe 14 cm, DINERA
- Planta artificial, VINTERFEST
- Panos de mesa de papel vermello, FANTASTISK
- Planta artificial de parede 26x26 cm, FEJKA
- Planta artificial 9 cm, FEJKA
- Copas de viño, POKAL
- Candeas de candelabro, JUBLA
Como ten esta fermosa mesa de madeira, decidiu aproveitala ao máximo e non agochala tras un mantel. Para enfeitala empregou como camiño de mesa unhas pólas e follas artificiais, iluminadas por unhas fermosas candeas e grilandas de luces LED. E como vaixela, decantouse por un sinxelo xogo de pratos e cuncos brancos, así como unhas fermosas copas de cristal, perfectas para darlle outro toque de luz á mesa.
O vermello intenso dos panos de mesa e os detalles dos pratos fan que esta sexa unha mesa espectacularmente natalicia. Que che parece o resultado?
2-Mesa de Nadal branca e dourada
Pasamos a un estilo completamente diferente na mesa de Nadal de Judith Casado(@laalegriademicasa), que se decantou por unha mesa de Nadal moderna e sinxela, co branco invernal como cor protagonista.
Produtos:
- Xogo de 5 candeas grosas sen perfume, FENOMEN
- Mantel individual natural, SAMTLIGA
- Vaso de vidro, FLIMRA
- Cunco branco, KALASMAT
Como vedes, non cómpre ter unha gran lista de produtos para acadar un acabado fermoso e orixinal. Judith xogou coa sutileza e o frescor da cor branca, e engadiulle pequenas pinceladas de cor co dourado dos manteis individuais e o contraste da planta do centro de mesa. Unhas poucas candeas, unhas copiñas de cristal para brindar polas cousas boas e... pronto! Temos unha mesa así de chusquiña por nada e menos.
3-Mesa de Nadal con motivos tropicais
É posible decorar unha mesa de Nadal con estilo tropical? Abofé! E a verdade é que o resultado, alén de ser sorprendente, é tamén do máis satisfactorio. Presentámosvos esta proposta tan interesante, alternativa e, por suposto, económica de María Alba(@mami.doc).
Produtos:
- Tea por metros, TORGERD (2 metros)
- Tea por metros, BOMULL
- Adorno de Nadal colgante estrela, VINTERFEST
- Lámpada de teito LED, STRÄLA
- Copa de vidro, VARDAGEN
- Prato gris escuro, DINERA
- Prato beixe, DINERA
- Prato sopeiro gris escuro, DINERA
- Prato sopeiro beixe, DINERA
María soubo axustarse perfectamente ao orzamento, porque foi ela mesma a que fixo os panos de mesa e o mantel de Nadal. Que artista! E é que non é unha má opción se queremos aforrar uns cartos sen renunciarmos a uns deseños fermosos. Como centro de mesa de Nadal, reinventou a función da nosa lámpada de teito STRÄLA e utilizouna como círculo para envolver de luz todos os adornos, mesmo unhas gorentosas laranxas deshidratadas! E, por último, unha icona tan popular como a estrela para rematar de decorar a nosa mesa de Nadal.

Non perdas estas 3 ideas para decorar a túa mesa de Nadal!
4- Mesa de Nadal minimalista
Se non contas con facer unha comida ou cea importante de Nadal, pero aínda así queres darlle un toque festivo á túa mesa, sempre podes optar por unha decoración minimalista para non complicarte demasiado e non renunciar a nada. Esta é a alternativa que nos presenta Alexandra Fernández(@nordiccorners).
Produtos:
- Mantel individual , SOARÉ
- Candea grosa LED , MOGNAD
- Mini árbore de Nadal, VINTERFEST
- Coroa de Nadal, VINTERFEST
- Faroliño para candea pequena, BEHÄRSKA
- Candeeiro de cerámica, GODTAGBAR
- Prato azul agrisado, DINERA
- Prato sopeiro azul agrisado, DINERA
Non sempre temos que recorrer a un estilo recargado, especialmente se queremos manter a comodidade e practicidade da nosa casa. Se como Alexandra, tan só queres darlle unhas pinceladas festivas ao teu fogar, esta é a túa mesa de Nadal perfecta. De feito, este é un claro exemplo de que non cómpre empregar ao 100 % adornos para prepararmos unha mesa de Nadal. Se te fixas, son os pequenos detalles, como as candeas e as plantas as que lle dan ese toque festivo. Fácil, fermoso e comodísimo!
Que che pareceu? Se queres seguir a inspirarte, non dubides botarlle un ollo aos nosos artigos ateigados de ideas para o teu fogar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.