Saltar

4 ideas de decoración sinxelas para sentirse a gusto na casa

Se es desas persoas que pasa tempo na casa e goza da calidez e tranquilidade do fogar, queremos contribuír a que te sintas aínda máis a gusto no teu refuxio particular. Para iso, traémosche algunhas ideas de decoración para o salón, o dormitorio e a cociña. Aproveita o cambio de estación e de temperatura para redecorar as túas estancias! Un adianto: para un fogar en calma, recomendámosche materiais naturais, texturas suaves e cores claras.

Como renovar un dormitorio con accesorios de decoración

 

Quen dixo que era necesario un gran cambio no dormitorio para velo coma se fose novo? Coma todo na vida, os pequenos detalles son os que marcan a diferencia.

Por iso, recomendámosche que, a través de pequenos toques decorativos, fagas do teu dormitorio un ambiente máis agradable, un espazo que te faga sentir mellor. Para iso, rodéate de mobles e accesorios de materiais naturais como o bambú ou o ratán. Un bo exemplo diso son os ganchos SKUGGIS de bambú, que achegan un toque de natureza ao teu cuarto, ademais de axudar a que a túa rutina de mañá sexa un pouco máis tranquila porque che permiten deixar expostos e á man todos os complementos que necesitas.

Por outro lado, aconsellámosche que engadas cestos destes mesmos materiais aos teus estantes abertos porque, ademais de ser prácticos e cómodos para a almacenaxe, danlle un toque de suavidade e harmonía ao dormitorio. Ademais, podes colocar flores secas nun sinxelo vaso de cristal. Xa sabes, todo o que recorde á natureza achegarache esa tranquilidade que tanto necesitamos no noso cuarto principal!

A importancia dos téxtiles na decoración

 

Alí fóra chove e vai frío. É domingo e tes toda a mañá para aproveitar facendo nada nese recuncho tan amado do teu fogar: a túa cama. Poste en situación, verdade? Estamos seguros de que, cando imaxinaches ese momento, na túa mente pululaba un nórdico marabilloso e moi esponxado, unha manta a unha alfombra aos pés da cama para que, ao levantarte descalzo, apoies os pés sobre algo suave e agradable.

Os téxtiles non só conseguen facer os ambientes máis coquetos e acolledores, tamén os fan un pouquiño máis felices. Por que non renovas a túa funda nórdica e consegues unha 100 % algodón?

Cambia as mantas aos pés da cama e as alfombras no dormitorio e o salón por téxtiles de temporada, pensados especialmente para as épocas máis frías. Sabías que cunhas cortinas máis grosas podes conseguir que o teu dormitorio garde mellor o calor e así podes aforrar en calefacción? E este mesmo consello aplícase ás alfombras.

Para rematar e conseguir un dormitorio cun fortísimo aire "zen", non te esquezas da iluminación. Aconsellámosche que optes por lámpadas LED, non só polo que podes aforrar nas facturas, senón tamén polo tipo de luz que achegan. Unha lámpada ou flexo na mesa de noite darache sempre o ambiente que necesitas cando vaias para a cama ou queiras ler un libro antes de durmir.

Candeas para decorar e ambientar un espazo

 

Ás veces cegámonos coa importancia de iluminar ben os espazos, con ter suficientes lámpadas en todos os puntos. E iso está fenomenal, pero non o é todo!

Sabes a sensación tan agradable que produce acender unhas candeas na casa? E non ten por que ser nun momento especial nin un día concreto. Calquera día é bo para sentir a tranquilidade, relaxación e benestar que producen as candeas.

Por exemplo, estes candelabros FULLTALIG veñen nun xogo de tres, así que podes empregalos todos xuntos para crear un centro de mesa espectacular ou colocar un en cada cuarto.

Un consello: non coloques as candeas demasiado preto porque, ao xerarse tanta calor estando xuntas, o consumo acelérase e as candeas defórmanse. Distancia recomendada entre unha e outra? Uns 15 cm.

Podes combinar as candeas e candelabros con outros accesorios de decoración en tons que contrasten con estes obxectos, como por exemplo na imaxe coa nosa regadeira VATTENKRASSE. Outras pezas decorativas que sempre funcionan son as botellas, vasos ou tarros de cristal transparente. Pegan con todo!

Como redecorar a cociña

 

A túa cociña tamén pode ter un toque máis cálido, máis de fogar, se conectas este espazo coa natureza. Por exemplo, garda en frascos de cristal á vista as túas especias, herbas e froitos secos. Tamén lle podes dar un aspecto de temporada xogando coas cores dos produtos clásicos de cada estación. Para iso, os botes con tapa de IKEA 365+ son perfectos, porque temos todos os tamaños e formas que precises.

Outros accesorios que che axudarán a decorar de maneira natural son as táboas de cortar, que podes colocar na parede do mesado. Os muíños para especias de madeira ou os tarros con culleres de madeira tamén poden formar parte do enxoval decorativo e útil ao mesmo tempo.

Síntete feliz na casa con pequenos cambios nos teus accesorios de decoración! E, se precisas máis axuda para decorar a túa casa cun estilo natural, deixámosche por aquí estes artigos:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.