4 formas de aproveitar a terraza
Dá igual o pequena que sexa a túa terraza ou galería, seguro que tes máis sitio do que che parece. O truco está en optimizar o espazo ao máximo con solucións de almacenaxe prácticas e intelixentes! Neste artigo atoparás catro ideas para aproveitar a túa pequena terraza para gardar diferentes cousas e tirarlle todo o partido a este recuncho descoidado do teu fogar.
1. Un espazo para tender a roupa
Adoitas tender a roupa na terraza? Pois entón será unha boa idea que engadas algún estante ou andel que che permita ter aquí todos os teus accesorios de lavandaría á man. Por exemplo, podes colocar un panel perforado para colgar e ter algúns estantes para as pinzas e os produtos de limpeza.
Tamén podes engadir un pequeno armario que se poida pechar con chave, para manter a salvo os elementos inflamables e tóxicos. Engade caixas resistentes e a proba de auga, un cesto de coada e un tendal (moito máis sostible ca unha secadora!) que se poida gardar e deixar nuns ganchos de parede cando non se empregue.
2. Un recuncho para relaxarse
Para que serve unha terraza se non podes gozar dela? É un espazo perfecto para relaxarse, tomar un pouco o sol e entreterse lendo un libro. Así que fai que se converta nun oasis de paz e harmonía. Para conseguilo usa mobles con estética natural que evoquen a natureza.
Ademais, se tes pouco espazo, opta por mobles multifuncionais que ademais de comodidade acheguen almacenaxe extra. Estes cómodos bancos ábrense para amosar un feixe de espazo para os teus coxíns, almofadas ou mantas, cando non os uses.
3. Un sitio para gardar as ferramentas
E por que non dedicar este espazo da casa para gardar as túas ferramentas, o teu material deportivo, a túa bicicleta ou calquera dos materiais que necesitas para realizar os teus pasatempos favoritos? Só tes que aproveitar mellor as paredes e optar pola almacenaxe vertical. A bicicleta non ten que ocupar moito espazo se estiver colgada nunha barra de parede (para iso, podes utilizar os nosos ganchos específicos para bicicletas BRANDUR ou SKRÄLL).
Por outra parte, colocando estantes, conseguirás ordenar os artigos máis pequenos, especialmente se os gardas en caixas transparentes e amontoables (fan que todo sexa fácil de atopar!) para que as ferramentas, aparellos e accesorios queden a salvo dos elementos climáticos adversos. Protexe a túa roupa deportiva do sol e evita que as rodas sequen baixo a luz do sol con caixas e fundas. E con todo gardado nun extremo da terraza, aínda che queda moito espazo para outras actividades.
4. Un lugar para gozar
Cociñas fóra? Crea unha cociña ventilada na túa terraza para facer uns batidos ou gardar as túas conservas en inverno. Un carriño auxiliar cunha superficie de traballo ofréceche un lugar para preparar a comida e, por outro lado, espazo debaixo para os caldeiros do lixo.
Un armario pequeno con portas permitirache protexer a comida da luz solar. Tamén podes gardar aquí a túa louza para non ter que andar entrando e saíndo da terraza á cociña á hora de comer. Aforra aínda máis espazo cunha cesta colgante para a froita e vexetais; é decorativa, pódese usar no exterior e é fácil movela da cociña á terraza. Por último, pero non por iso menos importante, non esquezas preparar unha pequena zona para comer, para sentar e gozar de todo.
Necesitas máis ideas para unha terraza pequena? Neste artigo pensamos nalgunhas formas de conseguir que un balcón ou terraza pequena se converta nun lugar acolledor. Para descansar e gozar do sol aínda que teñas pouco espazo!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.