Saltar

3 novidades para celebrar a beleza natural do ratán

A moda agora, e nun futuro, é empregar deseños con materiais renovables de fontes sustentables. Tres deseñadores de IKEA crearon tres novas pezas que lle dan vida á expresión natural do ratán clásico, cun xiro moderno.

Cadeiras de ratán e metal e un repousapés diante dunha morea de libros e unha gran fiestra.
Cadeiras de ratán e metal e un repousapés diante dunha morea de libros e unha gran fiestra.

Fai da túa casa un lugar máis acolledor

Os deseñadores Andreas Fredriksson, Jonas Hultqvist e Willy Chong crearon dúas cadeiras de brazos e un repousapés que lles sacan todo o partido ás calidades únicas do ratán. "Utilizamos o material de maneira innovadora, combinándoo coas estruturas metálicas da cadeira de brazos ULRIKSBERG para crearmos unha sensación diáfana. A cadeira de brazos véndese en embalaxes planos, o que resulta mellor para o medio ambiente e fai que sexa máis fácil de levar á casa".

Gústanos traballar con fibras naturais: materiais vivos e renovables que permiten crear produtos únicos".

Os deseñadores Andreas, Jonas e Willy (de esquerda a dereita)

Deseño artesanal

A nova cadeira de brazos BUSKBO é o resultado de combinar tradición con deseño moderno. En primeiro lugar, o ratán férvese e sécase ao sol e, despois, expertos tecedores danlle distintas formas. "Non seriamos quen de crear auténticos produtos de ratán sen eles. Teñen habilidades que as máquinas non poden copiar", di Andreas.

Beleza sustentable

O ratán é unha madeira orixinaria das árbores da familia das palmeiras. Medra rápido e non require rega. Isto fai que sexa un material moi sustentable e renovable.

Moblería flexible

O novo e fermoso GAMLEHULT pode usarse como repousapés ou mesa auxiliar e inclúe un espazo de almacenaxe adicional no centro. A lixeireza do ratán facilita o uso desta peza versátil e portátil, e permíteche levala onde quixeres.

Creadas en colaboración con expertos artesáns, estas tres novas pezas de ratán ofrecen a posibilidade de levar dentro un anaco de natureza e gozar de materiais feitos á man.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.