Saltar

3 maneiras de organizarte cando as túas visitas quedan a pasar a noite

Nunca se sabe cando vas ter visita, sobre todo en Nadal. É mellor estar sempre preparado cunha solución que non ocupe moito espazo e permita dispoñer dunha cama adicional nun abrir e pechar de ollos.

Dous colchóns amoreados e preparados baixo un dosel no chan ao lado dunha cama, un lugar adicional para durmir.
Dous colchóns amoreados e preparados baixo un dosel no chan ao lado dunha cama, un lugar adicional para durmir.
1. Como gardar varias camas xuntas? Abonda con amorear varios colchóns na mesma cama. Cúbreos con teas diferentes para que queden ben e utilízaos cando teñas convidados. E como é importante respectar a privacidade, emprega un soporte de estantes para colgar un dosel.

2. Paisaxe urbana ou lugar de descanso? En realidade, ambos. Crea a silueta dun horizonte urbano con fita adhesiva negra e suxeita o colchón á parede cun gancho. O estampado da tea permíteche poñer o teu toque persoal.

3. Os colchóns de escuma dóbranse con facilidade e pódense gardar dentro unha sinxela funda caseira xunto a un diván. Cando teñas convidados, estende o colchón, arrima o diván á parede e emprega a funda a xeito de biombo para respectar a privacidade.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores

Diseño de interiores: Geneviève Jorn
fotógrafa: Micke Persson