3 maneiras de organizar o escritorio
Tes que renovar o teu escritorio? Tanto se é o momento da volta ao cole coma se te propuxeches cambiar de hábitos, bótalle unha ollada ás nosas ideas para organizar escritorios. Os imáns, as caixas e os estantes son moi útiles para despexar o escritorio e, polo tanto, a túa mente.


1. Aproveita ao máximo o espazo. Pon módulos adicionais ou un accesorio para expoñer e gardar cousas; así terás a superficie de traballo despexada. Aproveita tamén as patas do escritorio! Combina caixas con tapa transparentes amoreables para gardar os artigos pequenos e caixas de papel resistentes para as cousas máis grandes. Vantaxe adicional: Este escritorio infantil é de altura regulable, así que tamén o poden empregar os adultos.
2. Ten o material ordenado. Pon un organizador no caixón do escritorio para ter o material sempre ordenado. Os portacoitelos e recipientes magnéticos son ideais para deixar o cargador do móbil e os auriculares. Os calendarios feitos con pintura de encerado e fita adhesiva permítenche ter á vista o listado de tarefas pendentes.
3. Expándete. Consegue espazo para gardar cousas poñendo estantes arredor do escritorio. (Podes poñer mesmo nas patas). Pon caixas de cores lisas para gardar as cousas. Os teus artigos preferidos podes expoñelos en tarros e floreiros de vidro. Consigue tamén con accesorios, como por exemplo unha bandexa para cartas, para gardares os documentos e as tabletas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Carine de Mol
Fotografía: Daniel Wester
Texto: Marissa Frayer
Deseño de interiores: Carine de Mol
Fotografía: Daniel Wester
Texto: Marissa Frayer