3 kits económicos para decorar a casa no Nadal
Xa sexa porque queres decorar a túa casa cun estilo de Nadal sen te complicares demasiado, ou ben porque queres regalarlle un detalle a alguén para celebrar estas festas, non podes perder estes 3 kits de decoración sinxelos e baratos.
O Nadal está cada vez máis preto e, aínda que poida que este ano se presente algo diferente, estamos dispostos a celebrala. Se non tes nada en mente para decorar un pouco a casa, non te preocupes, temos preparadas 3 propostas moi económicas con obxectos diferentes e pensadas para varios espazos da casa.
Enche o teu fogar cun toque de Nadal sen apenas esforzo e crea un ambiente máxico dentro de casa para estas festas.
Kit de Nadal n.º 1: uns básicos para vestir a mesa en Nadal
Un dos puntos fortes do Nadal, por non dicir o que máis, é a hora das comidas ou ceas. A quen non lle gusta unha boa sobremesa coa familia ou os amigos? E é que esta festividade, ademais de ser todo un festín, dános grandes momentos ao redor da mesa.
Convidas alguén a comer á túa casa por primeira vez e non tes nada de decoración? Se queres montar unha mesa de Nadal sinxela e bonita e que, ademais, non custe unha barbaridade, este kit para decorar a casa en Nadal está feito para ti. Como son complementos básicos, poderás utilizalos despois para o teu día a día.
A cor principal será o branco invernal. Como base, propoñémosche un mantel de Nadal neste ton con motivos dourados, outra das cores predilectas destas datas. Está feito con algodón, o que significa que, ademais de precioso, este mantel é 100 % renovable e procede de fontes máis sostibles, xa que en IKEA todo o algodón é reciclado ou foi cultivado con menos auga e pesticidas.
Dentro deste kit tamén temos o xogo de cubertos. Como prometemos, é ben económica e sinxela. Así que non terás problema para utilizala, tanto para unha ocasión máis especial como para acompañar a túa rutina. E para a vaixela, nada como lucir a comida en fontes e pratos brancos para que o colorido dos alimentos sexa o auténtico protagonista.
Se queres dar un toque extra á mesa, podes engadir algúns elementos decorativos, como unhas cadeas douradas a xogo coas pintiñas do mantel, algún camiño ou centro de mesa de Nadal feito con follas e grilandas de luces LED. Tamén podes facer tarxetiñas cos nomes de cada comensal para asignar os asentos.
Esta é a nosa proposta, pero lembra que existen infinidade de combinacións para montares unha mesa espectacular para os días de Nadal. De feito, no seguinte vídeo, deixámosche algunhas ideas máis para decorares a mesa de Nadal.

Kit de Nadal n.º 2: como montar unha árbore de Nadal en calquera sitio
Dentro desta proposta de kits de decoración de Nadal non podía faltar un kit para ter unha árbore de Nadal básica e igualmente favorecedora. E é que non che fai falta un grande espazo para poderes gozar da típica árbore de Nadal. Mira a ver que che parece este último conxunto.
Primeiro precisamos, como non, o noso lenzo verde. Para iso, este kit componse dunha planta artificial que imita un pequeno abeto de 12 cm. Cremos que este tamaño é perfecto para poder colocalo en practicamente calquera recuncho da casa, quer no chan quer enriba dun moble. Algo que nos encanta desta arboriña é que é un produto reciclable e libre de bisfenol A, polo que é máis seguro para a saúde e, tras unha longa e feliz vida na túa casa, pode reutilizarse e transformarse en algo novo.
Para vestila, nada mellor que uns adobíos de Nadal compostos por pequenas bólas de cores e, como toque final, unha grilanda de luces cálidas para darlle ese efecto máxico que tanto nos gusta. Lembra poñer algún elemento como pé da árbore para que quede aínda máis bonita. Por exemplo, un pouco de papel de agasallo, algunha tea que che guste ou un testo bonito.
Kit de Nadal n.º 3: un detalle de Nadal en cada cuarto
Coa chegada do Nadal podemos aproveitar para darlle un toque festivo, aínda que discreto, a diferentes estancias da casa máis aló da sala de estar. Para iso, chega esta terceira proposta, pensada tanto para que nos sirva tanto no Nadal como durante o resto do inverno, e mesmo na tempada de outono.
Trasladamos o espírito do Nadal ao dormitorio con este precioso xogo de fundas nórdicas e de almofadas. E é que non sempre temos que recorrer a estampados típicos de Nadal para ese toque festivo, senón que podemos xogar con outros elementos que pasan máis desapercibidos como, neste caso, a natureza. Que che parecen os seus debuxos florais?
Como segundo elemento deste kit, pensamos nun detalle para o baño. E que forma hai máis sinxela e económica de decoralo que cun simple cambio de toallas? Cun ton tan vivo e de Nadal como o vermello, conseguimos que o baño teña outro ambiente.
Listo! Elixe un destes 3 kits para decorar a túa casa en Nadal sen complicacións e sen gastar demasiados cartos. Se queres ver aínda máis opcións, non perdas estas ideas:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.