3 ideas para decorar a mesa este Nadal
Que é o Nadal sen as reunións derredor da mesa con amigos e familia? Recibe todos os teus convidados e convidadas cunha destas 3 ideas para decorar a mesa de Nadal.
Elixe a túa combinación favorita!



1- Unha mesa de Nadal moderna e diferente
Pór a mesa de Nadal non ten por que ser un quebracabezas. Non é preciso que todo estea ateigado de adornos de Nadal ou outros accesorios de decoración de Nadal. Nesta primeira idea, optamos por unha mesa de Nadal moderna e diferente, aínda que cuns toques que nos levan a un estilo folk. Así que seguindo isto, deseñamos unha mesa de Nadal fiel a estes tons.
Contámosche como o fixemos!
O noso lenzo será unha mesa branca e lisa, sen mantel. En substitución ao tradicional mantel, optamos por un camiño de mesa vermello, para ese toque festivo e colorido que non pode faltar. Seguimos coa vaixela, aquí xogamos co contraste dun azul escuro para os pratos base e un cunco branco xaspeado con pequenas pingas azuis na parte superior. Un pano de mesa branco serviranos como sobre para gardar os cubertos. Se lle colocamos un pequeno anaco de corda derredor, conseguiremos pechalo e darlle un aspecto semellante ao dos agasallos de Nadal. Que che parece?
O resto dos elementos que acompañan esta mesa teñen un toque escandinavo clásico tradicional, con obxectos en cerámica branca e azul, que é estupendo para combinar con elementos naturais, como as follas verdes ou un mini abeto. O detalle final concedémosllo ás bólas de Nadal servidas nos cuncos para recibir os comensais.
E listo! Xa temos a nosa primeira mesa de Nadal.
2- Unha mesa de Nadal elegante
Pasamos dun estilo moderno a un igualmente actual, pero máis de gala. E por que non vestir a mesa con tanta elegancia como facemos nós? A túa casa tamén está de celebración!
Para decorarmos a mesa de Nadal con elegancia imos escoller cores máis sobrias, aínda que impresionantes como o branco, o negro e, como non, o dourado!
Neste caso si que cubrimos cun fermoso mantel a mesa de Nadal. Este leva unhas pequenas pingas douradas para darlle ese aspecto festivo e especial, pero sen que resulte "demasiado cargado".
Os xogos de cubertos negros dan contraste e sofisticación a partes iguais. Mais lembra que non queremos pasarnos coa austeridade da mesa, non si? É por iso que o verde e o dourado pasan á acción.
Simulando a tradicional e inconfundible árbores de Nadal, colocamos unhas pólas de piñeiro como camiño de mesa ou centro de Nadal e engadimos iluminación decorativa co noso candeeiro dourado e unhas candeas LED que quedarán fermosísimas e sen perigo de queimar nada. Gústache?
3- Unha mesa de Nadal rústica
Volvemos mudar de rexistro para a nosa terceira idea para unha mesa de Nadal. Partindo da decoración so salón, con tons en negro, integramos a madeira como a protagonista da noite de Nadal.
Xogamos coas texturas para decorar unha mesa de Nadal rústica. Por exemplo, colocamos un mantel de liño e unhas táboas de madeira para conseguir unha base máis natural. E é que non fai falta que todos os accesorios teñan un motivo festivo para que quede ben.
Nesta mesa prescindimos da vaixela e os manteis de Nadal, as grilandas e, en definitiva, de calquera complemento que xire derredor do Nadal.
Como!? Unha mesa de Nadal sen cousas de Nadal? Non te preocupes, cando vexas o resultado verás como non é absurdo.
Como alternativa ao centro de mesa, colocamos un detalle floral en cada prato, e para darlle un pouco de calidez, puxemos unhas candeas para dar luz ambiente. Cando teñamos a mesa pronta, tan só cómpre engadir polo salón algúns adornos de Nadal, como grilandas de luces. Con estes detalles e a árbore de Nadal, temos como resultado un escenario perfecto para gozar da comida e a visita durante as festas.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.