3 ideas de iluminación para terraza, xardín ou balcón
Precisas ideas para iluminar a terraza, o xardín ou o balcón? Neste artigo ensinámosche tres opcións básicas e imprescindibles para encher de luz e estilo os teus espazos de exterior. Se ademais de incluír algunha destas opcións, as mesturas, crearás recantos únicos e daraslles un toque especial ás túas ceas e ocasións! Inspírate cos nosos espazos e toma nota destas ideas de iluminación económicas para a terraza ou o balcón!
1. Lámpadas de teito solares
Antes de contarche as nosas recomendacións de iluminación de exterior, recordámosche que á hora de elixir estes elementos debes ter en conta o estilo e os tons do espazo. É dicir, se tes unha decoración e uns mobles clásicos, aconsellámosche escoller unha iluminación en tons neutros e brancos. Porén, se a túa terraza ou o teu balcón teñen un estilo moderno, podes incluír cores máis vivas.
Na imaxe, por exemplo, podemos observar un balcón moderno cun banco vermello. Para iluminalo escollemos as nosas lámpadas solares de teito LED en tons laranxas. Deste xeito, conseguimos un bo contraste e que todas as miradas se centren nese recanto concreto.
As lámpadas da imaxe están pensadas especialmente para exterior e son impermeables. Ademais, como son solares, son respectuosas co medioambiente e co teu peto!
Outro dos aspectos que debes valorar antes de mercar iluminación de exterior é a función: vai ter un propósito funcional ou simplemente decorativo?
Se necesitas iluminar unha mesa porque adoitas cear na terraza ou no balcón, debes buscar unha lámpada de teito grande que poidas colocar sobre ese punto. Se só queres darlle un aire acolledor ao espazo, unhas grilandas ou unha lámpada de mesa exterior serán dabondo.
Nesta imaxe podemos observar unha cocina exterior e unha mesa, así que é necesario iluminar ben toda a zona. Para iso, escollemos varios farois solares de teito e unha lámpada solar de teito en aluminio beixe. Neste caso, como se trata dunha terraza de estilo clásico, o deseño e a cor desta lámpada danlle un toque vintage acorde coa decoración do lugar.
2. Farois e lámpadas de mesa para exterior
As lámpadas de mesa son máis recomendables para espazos de exterior de tamaño reducido, como balcóns ou terrazas pequenas, porque non teñen tanta intensidade luminosa como as lámpadas de teito.
Os sofás cunha mesa de centro ou auxiliar son os lugares idóneos para colocalas. Porén, se son pequenas, podes colocalas no chan agrupadas ou facendo un camiño ao longo do teu balcón.
Neste espazo da imaxe colocamos tres lámpadas de mesa que recordan aos antigos quinqués de queroseno. Ademais de evocar ao campo e á montaña, é moi fácil transportalas e mesmo podes penduralas na parede.
Outra opción máis económica para unha iluminación tenue e acolledora son as candeas LED.
Podes colocar unhas cantas en portacandeas ou farois no chan, nunha mesiña ou levalas contigo onde vaias. Tamén son perfectas para decorar a mesa dunha cea romántica ou dunha celebración especial. Ademais de ser unha opción segura, en especial se hai nenos na casa, as nosas levan un temporizador incorporado para que se apaguen ás seis horas de uso.
3. Grilandas de luces LED aptas para exterior
As grilandas de luces son unha das opcións preferidas para decorar terrazas e balcóns. Quedan moi ben, e crean un ambiente acolledor e festivo. Proba a penduralas dos extremos na porta, na parede ou nunha varanda!
Ademais de ser económicas, se elixes unha opción con luces LED, aforrarás máis e terás un espazo máis sostible. Encántannos! Por iso, no noso catálogo tes unha chea de opción de cores, formas e tamaños diferentes para atopar a que mellor se axeite ao teu espazo.
Que che pareceron estas ideas? Dálle un aire máxico ao teu recuncho con luces de exterior. Se quedaches con ganas de máis inspiración para pór a punto a terraza, o balcón ou o xardín, non perdas esta selección especial de artigos. Encantaranche!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.