Saltar

Termos e condicións do servizo de deseño de interiores

TERMOS E CONDICIÓNS DO SERVIZO DE PROXECTO DE DESEÑO DE INTERIORES E DO SERVIZO DE CONSULTA DE DESEÑO DE INTERIORES  (PRESENCIAL OU MEDIANTE VIDEOCONFERENCIA)

O presente documento regula os termos e as condicións xerais de uso do "SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES nas modalidades PROXECTO ou CONSULTA (PRESENCIAL OU MEDIANTE VIDEOCONFERENCIA)" (en adiante, o "SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES" ou o "SERVIZO") entre IKEA IBÉRICA S.A.U., con domicilio social en Avenida Matapiñonera 9, CP 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid) e CIF A28812618 (en adiante, "IKEA") e o cliente (en adiante, o "Cliente").

Infórmase ao Cliente de que o SERVIZO prestado por IKEA en ningún caso implica modificacións físicas do inmoble, só meras suxestións de decoración. O cliente garante que as estancias do inmoble para o cal se adquiriu o SERVIZO están situadas no territorio nacional español peninsular, e responderá no caso contrario polos danos e os prexuízos que o incumprimento desta garantía poidan supoñer para IKEA IBÉRICA, S.A. 

O CLIENTE contrata o presente SERVIZO na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título que o lexitime para habitar o inmoble indicado máis arriba, ou para exercer unha actividade profesional nel, e exime a IKEA IBÉRICA S.A.U. (en adiante, IKEA) de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da devandita circunstancia.

PRIMEIRA. - DETALLE DO SERVIZO 

Se precisas a nosa axuda para decorar calquera estancia da túa casa, a través da nosa Web poderás contratar este SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES en calquera das modalidades que se ofrecen: PROXECTO OU CONSULTA.

Ao solicitar o SERVIZO, recibirás un breve formulario que deberás contestar con información actual e veraz.Neste formulario preguntaremos a información necesaria para determinar que SERVIZO precisas e indicaremos a documentación e a información que debes proporcionar para poder executalo correctamente (como planos, fotos e similares).Segundo o resultado do formulario, IKEA indicará que modalidade do SERVIZO necesitas contratar, se PROXECTO ou CONSULTA.

O SERVIZO DE PROXECTO DE DESEÑO DE INTERIORES poderase contratar por un importe de CINCUENTA E NOVE EUROS (59€) pola primeira estancia e TRINTA E NOVE EUROS (39€) por cada unha das seguintes estancias. 

O SERVIZO DE CONSULTA DE DESEÑO DE INTERIORES poderase contratar por un importe de VINTE E NOVE EUROS (29€) por cada estancia.

Unha vez solicites o SERVIZO, poñerémonos en contacto telefónico contigo para concertar a cita (día, data, hora e, no seu caso, establecemento IKEA) para todas as estancias que queiras contratar, tralo que recibirás un correo pola nosa parte cunha ligazón para acceder ao pagamento.Deberás efectuar o pagamento a través da ligazón.  

Nesta mesma chamada telefónica, indicaremos a que correo electrónico terás que enviarnos toda a documentación e a información necesarias (planos, fotos e similares) para que poidamos prestar o SERVIZO. A realización do pagamento supón a aceptación por completo e sen reservas dos presentes termos e condicións.O pagamento supón a aceptación por completo e sen reservas dos presentes termos e condicións.

O pagamento non poderá realizarse en ningún caso en efectivo, e os medios de pagamento aceptados son PayPal ou as tarxetas VISA e Mastercard de crédito ou débito, tarxetas devolución ou agasallo.O Cliente terá ata as 23:59 do mesmo día no que se envíe a ligazón de pagamento para realizalo a través da devandita ligazón. 

No caso de que o Cliente non realice o pagamento no prazo previsto anteriormente, desistirase, e a súa solicitude do SERVIZO quedará cancelada, polo que deberá iniciar de novo o proceso, se así o desexa. 

No caso de optar pola modalidade de videoconferencia, enviarémosche unha convocatoria a Teams (plataforma de reunións con vídeo) a través dunha ligazón á aplicación ou a ferramenta que IKEA implantase para xestionar as citas do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES, co día e a hora acordados.

No caso de que o Cliente non proporcionase a IKEA a documentación requirida para a correcta prestación do SERVIZO, cunha antelación de polo menos 24 horas á videochamada ou a cita convocada, terase por desistido ao Cliente, non se realizará a cita ou a videochamada e IKEA procederá a devolverlle o importe que pagase polo SERVIZO nun prazo máximo de 14 días naturais. 

IKEA non se compromete a convocar unha cita nin unha videochamda nun prazo determinado, xa que a análise do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES que se vai prestar pode supoñer máis ou menos tempo, pois depende de factores alleos a IKEA como puidesen ser, en particular e sen limitación, a suficiencia da información proporcionada polo Cliente, o número de solicitudes recibidas ou a complexidade da consulta.Sen prexuízo do anterior, o prazo de resposta por parte de IKEA para convocar a cita ou videochamada non superará en ningún caso os DOUS (2) meses desde a efectiva recepción por parte de IKEA do pagamento do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES.

No caso de que o Cliente non aceptase expresamente a convocatoria da videochamada nin se puxese en contacto con IKEA para modificar a data ou a hora desta, cunha antelación de polo menos 24 horas á videochamada, terase por desistido ao Cliente e non se realizará a videochamada, e IKEA procederá a devolverlle o importe que pagase polo SERVIZO nun prazo máximo de 14 días naturais.

Se o Cliente, mesmo se aceptou a convocatoria ou a cita, non respondese á chamada á hora prevista ou non se presentase no establecemento na data e hora acordadas e, como resultado, non se puidese prestar o SERVIZO por esta causa ou por calquera outra atribuíble ao Cliente, este deberá solicitar un novo SERVIZO e aboar de novo a IKEA o importe correspondente.Se a videochamada ou a cita presencial non se celebrasen na data e hora acordadas por causa atribuíble a IKEA, citarase ou convocarase de novo ao Cliente para outra data e hora e devolveráselle o importe que pagase polo SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES; é dicir, prestaráselle o SERVIZO gratuitamente.

O Cliente poderá anular ou adiar a cita ou a videochamada sen custos engadidos, ata un mínimo de 24 horas antes da prestación do SERVIZO, se contacta con IKEA por correo electrónico ou por teléfono.Con todo, IKEA reserva o dereito de modificar a data e hora da cita ou videochamada, sen penalización ningunha para IKEA, sempre e cando o notifique ao Cliente cun mínimo de 24 horas de antelación á hora proposta para a devandita cita ou videochamada. 

Antes da cita presencial ou da videoconferencia, é moi recomendable (ou necesario, en caso de que IKEA así o indique) que o Cliente envíe fotografías das estancias que queira decorar e evite sempre que aparezan persoas nelas.A cita presencial ou a videochamada realizaranse co único fin de poder prestar o SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES para a estancia (ou estancias) contratadas. 

O Cliente deberá seguir as indicacións facilitadas por IKEA e debe evitar que nas videochamadas aparezan persoas físicas ou terceiros, en particular menores de idade, e exime a IKEA de calquera responsabilidade no caso contrario.IKEA non gravará nin conservará as videochamadas. Porén, ao contratar o SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES, o Cliente acepta que dispón de autorización para gravar o espazo obxecto do devandito SERVIZO.

Necesitarás ter en conta os seguintes aspectos para poder realizar este SERVIZO de forma satisfactoria:

  • Dispor de teléfono móbil ou portátil con cámara
  • Cobertura no domicilio onde se vai realizar o servizo (4G ou wifi)
  • Fita métrica.Recomendamos unha fita métrica de 5 a 8 metros.

O tempo máximo da videochamda ou da cita presencial será de 90 MINUTOS.Nese tempo, prestarase o SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES para todas as estancias que o Cliente contratase. 

Unha vez rematada a videochamada, se o SERVIZO solicitado é o da modalidade de PROXECTO, presentarémosche o Proxecto do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES e enviarémoscho ao correo electrónico co que contactaches connosco nun prazo de VINTE E UN (21) días hábiles.

Se o SERVIZO é a modalidade de CONSULTA, na mesma cita presentaremos e enviaremos a solución e, xunto a ela, o seu orzamento.

Unha vez se envíe a solución ou o Proxecto, en función da modalidade, do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES (que incluirá o orzamento da mercadoría IKEA que procedese en cada caso) ao Cliente, o SERVIZO darase por finalizado.En consecuencia, calquera contacto do cliente con IKEA,posterior á finalización do SERVIZO relacionado con, ou consecuencia de, cambios de opinión do Cliente, cuestións adicionais, a solicitude do SERVIZO para outras estancias ou similares, considerarase como unha solicitude dun novo SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES, polo que o Cliente deberá aboar o importe consonte as condicións establecidas no presente documento. 

Infórmase aos clientes de que o correo electrónico proporcionado por IKEA aos efectos do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES poderá ser única e exclusivamente utilizado por clientes para remitir a información que lle requirise IKEA ao Cliente en relación co devandito SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES, así como para concretar os detalles da cita ou a videochamada.IKEA non atenderá ningunha outra comunicación do Cliente a través deste correo electrónico que teña un obxecto diferente ao exposto anteriormente ou que o Cliente envíe unha vez finalizado o SERVIZO. 

Ademais, infórmase aos clientes de que, se optan finalmente e con carácter posterior á finalización do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES, por comprar a mercadoría en IKEA e contratar os servizos de transporte, montaxe e instalación con IKEA, é necesario asinar o correspondente contrato de servizos.No caso das cociñas, o devandito contrato inclúe tamén a obriga para o cliente de contratar o servizo de verificación/medición con carácter previo a calquera montaxe de cociña.Informarase ao cliente do prezo deste servizo con carácter previo a contratalo.Se o Cliente realiza unha verificación e finalmente non contrata o servizo de instalación de cociña, IKEA cobrará polo servizo de verificación/medición efectuado; se o Cliente cambia de opinión e eses cambios supoñen unha segunda ou sucesivas verificacións/medicións, IKEA cobrará o novo servizo de verificación.Se finalmente contrata o servizo de instalación, IKEA devolverá ao Cliente o importe da primeira verificación e só cobrará pola definitiva.A cociña que IKEA vaia medir ou instalar non pode estar en obras e debe dispor de corrente eléctrica e subministración de auga para poder comprobar a instalación.

SEGUNDA. - INFORMACIÓN, USO DE IMAXES E CESIÓN DE DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL.

O Cliente, con motivo do SERVIZO, poderá proporcionar a IKEA información e fotografías das estancias contratadas.En calquera caso, o Cliente absterase de incorporar imaxes persoais nas que aparezan persoas físicas, mesmo se son propio Cliente ou un terceiro.En consecuencia, IKEA non fará uso de imaxes nas que aparezan persoas físicas con motivo deste SERVIZO e procederá a borralas decontado no caso de que o Cliente as envíe.Se eliminar as devanditas imaxes implicase que IKEA non puidese prestar o SERVIZO correctamente, IKEA reserva a posibilidade de non prestar o SERVIZO ao Cliente.

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial, incluídos os dereitos de autor e deseño de todo o contido audiovisual, así como todos os comentarios, fotografías e explicacións facilitados polo Cliente a IKEA con motivo do SERVIZO, pertencerán a IKEA desde o momento no que o Cliente os facilite.IKEA ou o GRUPO IKEA poderán utilizar, publicar ou reproducir o anterior contido, así como o Proxecto proporcionado por eles, en todo o mundo, sen límite temporal, en calquera acción interna e externa con fins comerciais, de publicidade, promoción, publicación, información do SERVIZO ou documentación da realización do SERVIZO, que inclúe, a título enunciativo e non limitativo, en medios de comunicación, televisión, márketing directo, Internet, páxinas web, redes sociais ou calquera outro medio da natureza que for.O Cliente non terá dereito a ningunha remuneración nin compensación polo disposto no presente parágrafo.

O Cliente non poderá divulgar de ningún xeito nin por ningún medio o Proxecto obtido en virtude do SERVIZO.

TERCEIRA. - RESPONSABILIDADE

IKEA remite o Proxecto ao Cliente e queda exento doutras obrigas ou responsabilidades.O Proxecto reflicte unicamente a opinión de IKEA, polo que IKEA non se responsabiliza do uso que se faga do seu asesoramento de deseño de interiores nin dos danos e prexuízos que puidese sufrir o Cliente que formalice operacións e tome como referencia o asesoramento de deseño de interiores obxecto do SERVIZO.

O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e foron sometidos a métodos de ensaio conforme ás normas e estándares correspondentes.As garantías que ofrece IKEA con respecto aos seus produtos están condicionadas ao seu uso doméstico.A pesar de que algúns artigos IKEA se recomendan para un uso doméstico-profesional, e non para institucións e administracións públicas, o Cliente deberá en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun produto IKEA, asegurarse de que este é legalmente idóneo para o uso que lle quere dar.Para tal fin, existen fichas descritivas de produto dispoñibles para consultar en tenda e a través da páxina web www.IKEA.es.IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA, así como tampouco da súa instalación ou localización.O Cliente exime IKEA e, polo tanto, será o único responsable de ter en consideración e facer uso dos produtos IKEA que eventualmente mercase segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no fogar do Cliente consonte o libro do edificio, as obrigas de uso e o mantemento do inmoble, manuais de emerxencia e evacuación e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa resultantes que se poidan aplicar ao fogar do Cliente, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.

Toda a información facilitada polo Cliente, que deberá ser válida e veraz, pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder dalgún xeito á veracidade, exactitude ou suficiencia da información facilitada entre ambas partes.

O Cliente exime a IKEA de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento por parte do Cliente das garantías que outorgou nos presentes termos e condicións.

En caso dalgunha causa de forza maior ou atribuíble ao Cliente que impida a IKEA realizar algunha das obrigas asumidas en virtude dos presentes termos e condicións, isto non suporá un incumprimento por parte de IKEA.

CUARTA. - MODIFICACIÓN E TERMINACIÓN DO SERVIZO

IKEA reserva o dereito, en todo momento e sen previo aviso, de modificar as presentes Condicións do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES, así como de actualizar, modificar ou eliminar o disposto nestas, mediante a publicación dunhas novas en substitución das presentes, a fin de que poidan ser coñecidas polos clientes en cada momento. Ademais, IKEA recorda a obriga que teñen os clientes de ler atentamente as Condicións do SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES postas á súa disposición en cada momento, e a aceptación destas sempre será un paso previo e indispensable para contratar o SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES.Ademais, IKEA poderá, en calquera momento, deixar de prestar este SERVIZO DE DESEÑO DE INTERIORES e informar aos clientes de que o servizo xa non se atopa activo ou dispoñible.IKEA exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza derivados do exercicio das anteriores facultades.

QUINTA. - LEXISLACIÓN E FORO

As discrepancias que poidan xurdir en relación coa interpretación ou o cumprimento dos presentes termos e condicións resolveranse segundo o dereito español, e os conflitos eventuais dirimiranse ante os Xulgados e Tribunais do domicilio do cliente.

SEXTA. - CAPACIDADE E ACEPTACIÓN DOS PRESENTES TERMOS E CONDICIÓNS

O Cliente declara que dispón da capacidade legal necesaria e suficiente para utilizar o SERVIZO consonte os presentes termos e condicións, os cales comprende e acepta na súa totalidade e sen reservas.O mero feito da solicitude do SERVIZO e o pagamento deste implica a aceptación total e sen reservas dos presentes termos e condicións, así como a submisión por parte do Cliente a eles.