Saltar

Termos e condicións da promoción: Ola, bebë!

“Por ser socio ou socia IKEA Family, consigue un cupón do 10% de desconto para compras superiores a 200€ na variedade para bebés e leva de agasallo un peluche para o teu bebé”* 

* Promoción para socios e socias IKEA Family que teñan un fillo menor de 9 meses ou que o vaian ter nos próximos sete meses, a contar dende a data de solicitude do cupón de desconto. Para solicitar o cupón, debes completar o formulario que se pon á túa disposición co teu número de socio ou socia IKEA Family, así como a data de aniversario do teu bebé ou a súa data prevista de nacemento.  

O cupón poderá solicitarse ao cubrir o formulario dispoñible en https://www.family.ikea.es/hola-bebe-descuento/ dende o 5 de maio ata o 31 de agosto de 2026, ambos os días incluídos. O cupón poderá trocarse unha única vez, entre o 5 de maio e o 30 de setembro de 2025, ambos os días incluídos. 

O cupón é dun só uso e poderá trocarse nunha única compra por socio ou socia IKEA Family nas tendas físicas de IKEA IBÉRICA, S. A. do territorio nacional peninsular e en calquera canle de compra de IKEA IBÉRICA, S. A. a distancia (en liña, por chat ou a través do teléfono ou a aplicación IKEA). Queda excluída a tenda IKEA Asturias, tanto para compras en liña como para compras a distancia, así como os puntos de pedido, planificación e recollida, as Illas Baleares e Canarias, e Ceuta e Melilla.  

A compra na que se vaia usar o cupón debe ser superior a 200€ na variedade para bebés, polo que quedan excluídos os produtos doutras seccións e variedades, os servizos, a tarxeta agasallo IKEA, os produtos de alimentación da Tenda Sueca, o bistró e o restaurante, e os produtos do Mercado Circular. 

O peluche será o 00141401 FABLER BJÖRN, en beixe e de 21 cm, ou calquera outro a discreción de IKEA cun valor equivalente. O importe do peluche non se terá en consideración no cómputo da compra mínima de 200€. Será responsabilidade do cliente incorporar o peluche na cesta da compra, xa sexa en tenda física ou na súa compra a distancia. Se finalizase a compra sen incluílo na cesta, entenderase que renuncia a el, e non poderá reclamarllo a IKEA con posterioridade.

En caso de devolución dos artigos suxeitos á promoción que implique o non cumprimento das condicións da devandita promoción, o desconto quedará invalidado e non se reembolsará. De ser así, IKEA poderá esixir ao cliente o pagamento do importe que reste ata o total da compra sen desconto, ou ben descontarllo do importe que devolver. Así mesmo, IKEA pode esixir a devolución do peluche. Non se pode acumular a outras ofertas nin promocións. Tampouco se pode trocar por efectivo. O importe do cupón non se pode compensar con saldos pendentes por calquera efecto, incluídas as compras financiadas.

O cupón é un documento ao portador e poderase descargar no momento de cubrir o formulario; se non o descargas nese momento, o cupón entenderase como emitido e non se poderá recuperar. A responsabilidade do seu uso e custodia corresponde exclusivamente ao cliente. O cupón non se substituirá nin se devolverá en caso de roubo, perda, extravío ou desgaste, nin IKEA asumirá a responsabilidade das posibles compras efectuadas con el. O uso do cupón supón o coñecemento e a aceptación das condicións da promoción.

O responsable dos datos é IKEA IBÉRICA S. A. U., con domicilio en Avenida Matapiñonera 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid). A finalidade do tratamento dos datos é xestionar o desenvolvemento da promoción. A base legal para o tratamento dos datos son as condicións legais da promoción. Se ben non se realizarán transferencias internacionais de datos, os datos cederanse, só en caso necesario, a entidades bancarias con fins contables e de facturación, e, cando proceda, ás Autoridades Tributarias e a Xuíces ou Tribunais, así como a compañías dentro do Grupo IKEA só a efectos contables e fiscais. Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, e mais presentar reclamacións ante unha autoridade de control, ben por correo postal, ben por correo electrónico: [email protected]. Podes consultar máis información detallada na Política de Privacidade da web de IKEA, en www.IKEA.es. 

Podes consultar que produtos pertencen á variedade para bebés na túa tenda IKEA máis próxima ou aquí: