Saltar

Termos e condicións web

O acceso á web é libre e gratuíto e non require subscrición previa. A utilización desta web está suxeita á Política de privacidade, á Política de Rastros e ao Aviso Legal, que o usuario coñece e acepta de xeito íntegro e sen ningún tipo de reserva polo feito de navegar polo portal, utilizar os servizos ofertados neste, e/ou adquirir os produtos ofertados a través do devandito medio.

  • Condicións de uso


    As presentes Condicións describen os termos aplicables aos servizos e contidos ofrecidos a través do sitio web www.ikea.es, así como a totalidade daqueles contidos neste (en diante, “o Portal”), do que son titulares de xeito conxunto a sociedade mercantís IKEA IBÉRICA S.A (en diante, “A Sociedade”). Estas mercantís ofrecen os seus servizos exclusivamente en territorio español, con excepción dos territorios das Comunidades Autónomas de Canarias e Baleares, e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Por mor do anterior, a sociedade non garanten un uso satisfactorio do Portal aos usuarios fóra do ámbito territorial mencionado no presente parágrafo, e declina expresamente calquera responsabilidade derivada deste extremo. 

    A utilización do Portal pola túa parte supón a aceptación sen reservas da totalidade das presentes Condicións de uso. Se non estiveses de acordo con estas condicións, debes absterte de utilizar esta páxina. O uso do Portal require, así mesmo, que sexas maior de idade, así como que dispoñas da capacidade xurídica suficiente segundo a lexislación vixente de aplicación para quedar vinculado polas presentes Condicións de Uso.

    A visita ou utilización do Portal, pola túa banda, deberá facerse en todo momento de forma responsable e axustada á legalidade vixente, ás regras da boa fe e respectando, en todo caso, os dereitos de propiedade intelectual e industrial titularidade da Sociedade, calquera outra sociedade mercantil do grupo IKEA ou calquera outra terceira persoa, física ou xurídica.

    Queda expresamente prohibida a utilización, por calquera medio directo ou indirecto, de calquera dos contidos do Portal con fins que sexan ou puidesen ser ilícitos, así como tamén a realización de calquera acción que cause ou poida causar dano de calquera tipo, ou alteracións non consentidas polas Sociedade, ao Portal ou a calquera dos seus contidos.

    Sen prexuízo do carácter vinculante xeral das presentes Condicións de Uso, existe a posibilidade de que certos servizos ou utilidades ofrecidas no Portal teñan unhas condicións especiais que complementen, substitúan, ou deixen sen efecto algunhas ou todas as presentes Condicións de Uso, que requirirán o teu consentimento expreso, e que, en todo caso, poderán ser consultadas antes da súa emisión.

  • Propiedade intelectual e industrial


    Todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre o contido do Portal (con carácter meramente enunciativo, incluídos os seus textos, imaxes, logos, logotipos, signos, sons, animacións vídeos, código fonte, deseño, estrutura de navegación, bases de datos etc.), ou ben son titularidade das Sociedade ou ben doutras sociedade mercantís do grupo IKEA, neste caso as Sociedade contan cos dereitos suficientes para a súa explotación en calquera forma e, en especial, os de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

    O acceso ou a utilización do Portal pola túa banda non pode considerarse en modo ningún como outorgamento de dereitos, autorizacións ou licenzas de ningún tipo por parte das Sociedade, o resto de sociedade mercantís do Grupo IKEA, ou de terceiros, respecto do seu contido. Queda prohibida a reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, en calquera modalidade, de calquera contido suxeito a dereitos de propiedade intelectual do que se menciona na presente cláusula, agás que se conte co consentimento previo e expreso por escrito do seu titular.

    Sen prexuízo do que se expresa no parágrafo anterior, a marca comercial IKEA e o logotipo de IKEA son propiedade de “INTER IKEA SYSTEMS B.V.” (sociedade mercantil domiciliada nos Países Baixos), e o acceso ou a utilización do Portal pola túa banda non supón o outorgamento de ningún dereito de calquera natureza sobre eles. Prohíbese expresamente a súa utilización para fins comerciais nin para ningún outro fin.

    A Sociedade resérvanse o dereito de exercitar fronte ao usuario as accións xudiciais e extraxudiciais que correspondan, derivadas de calquera actuación deste que infrinxa os dereitos de propiedade Intelectual e/ou industrial existentes sobre os materiais e contidos do Portal, e iso sen prexuízo doutras actuacións, xudiciais ou extraxudiciais, que puidesen levar a cabo o resto de sociedades do Grupo IKEA, ou outras terceiras persoas, físicas ou xurídicas, que puidesen resultar titulares dos devanditos dereitos, en defensa destes.

  • Produtos IKEA


    O usuario declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e foron sometidos a métodos de ensaio conforme ás normas e estándares correspondentes. As garantías que ofrece IKEA con respecto aos seus artigos están condicionadas ao seu uso doméstico. Algúns produtos IKEA ensaiáronse conforme a estándares de uso profesional-público.

    O usuario deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo dos comercializados pola Sociedade, asegurarse de que este é legalmente idóneo para o uso que lle quere dar.

    Para tal fin, existen fichas descritivas de produto dispoñibles para a súa consulta en tenda e a través do Portal. IKEA non se fai responsable en ningún caso das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.

    O usuario declara coñecer que a Sociedade non teñen sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO 9000, ISO 14000, EMAS, SA 8000 etc.).

    A Sociedade temos o obxectivo de que a marca IKEA sexa por si garantía de confianza para o cliente, tanto dos procesos que realizamos coma dos produtos que vendemos respecto ás cuestións de calidade, seguridade, medio ambiente e outras cuestións de responsabilidade corporativa. Para iso, temos sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os nosos procesos e que auditamos internamente para asegurar que se levan a cabo correctamente en todas as nosas unidades. A fabricación dos nosos produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios da Sociedade, baseados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas como as arriba mencionadas. Ademais, temos auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produto e servizos IKEA.

  • Políticas de ligazóns


    No caso de que te propoñas establecer hiperligazóns coa páxina web de IKEA, non poderás dar a entender que IKEA autorizou a hiperligazón ou que dalgún xeito aprobou ou autorizou o contido da páxina web na que se establece a hiperligazón, nin tampouco realizar manifestacións falsas, inexactas ou ofensivas sobre IKEA ou calquera dos seus traballadores, ou ben non incluír na páxina da hiperligazón contidos inapropiados, difamatorios, ilegais, obscenos ou ilícitos, nin calquera outro que, de calquera xeito, contraveña a legalidade vixente. Tampouco poderás crear macros (“frames”) coas páxinas web nin sobre as páxinas web de IKEA.

    A Sociedade resérvanse a posibilidade de comunicarse contigo, se consideran que incumpres as normas establecidas para as hiperligazóns, así como de exercer as accións xudiciais e extraxudiciais pertinentes, derivadas de calquera conduta contraria ao que dispón o parágrafo anterior.

  • Responsabilidade


    A Sociedade non garanten o uso correcto e lícito da web polos seus usuarios, e, en consecuencia, declinan calquera clase de responsabilidade derivada de calquera actuación contraria á legalidade vixente, incluídas, expresamente, manifestacións de calquera clase vertidas a través de aplicacións ou ferramentas dispoñibles en cada momento no Portal, que resulten inapropiadas, difamatorias, inxuriosas, ofensivas, racistas, obscenas ou discriminatorias, entre outras. Así mesmo, a Sociedade resérvanse o dereito de exercer as accións xudiciais e extraxudiciais pertinentes, derivadas de calquera conduta contraria ao que se dispón neste parágrafo.

    Agás os límites establecidos na lei, a Sociedade non asumen responsabilidade ningunha derivada das seguintes situacións que se enumeran a título enunciativo, pero non limitativo:

    Dos erros que se puidesen producir como consecuencia de incidencias debidas a problemas na rede de Internet, incluída a imposibilidade de usar o Portal, tanto como resultado de operacións de mantemento rutineiras do sistema coma de actualizacións imprescindibles para o bo funcionamento deste.
    Do uso por menores de idade do Portal ou do envío dos seus datos de carácter persoal sen permiso dos seus pais ou titores, neste caso son os pais ou titores responsables do uso responsable de Internet polos menores. IKEA recomenda a instalación dalgunha das ferramentas de control do uso de Internet co obxecto de evitar o acceso a páxinas ou contidos non aptos para menores.
    Dos contidos aos que poida acceder o usuario a través de ligazóns non autorizadas por IKEA ou que sexan introducidos polos usuarios como comentarios, ou utilizando ferramentas similares, cando estas sexan postas á disposición destes no Portal.
    Da introdución de datos erróneos pola túa banda ou dun terceiro non autorizado, así como dos problemas co enderezo de correo electrónico que nos facilites se é incorrecto ou presenta problemas de operativa alleos a IKEA.
    Da utilización ilícita que poidan facer os usuarios dos materiais e contidos da páxina web infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial de contidos da web, nos termos establecidos no apartado “PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL” das presentes Condicións de Uso.
    A Sociedade declaran que empregan os máis altos estándares de seguridade existentes, para que o teu uso do Portal sexa plenamente seguro e satisfactorio. Non obstante, a Sociedade non poden garantir a ausencia de virus ou outros elementos que puidesen danar ou alterar o sistema informático do usuario (tanto soporte físico coma lóxico), nin asume responsabilidade ningunha derivada diso. Correspóndeche, como usuario, dispoñer de ferramentas adecuadas para a detección de virus ou calquera outro elemento informático daniño.

  • Modificacións das presentes condicións


    A Sociedade resérvanse o dereito de modificar unilateralmente, total ou parcialmente, sen necesidade de aviso previo, as presentes Condicións de Uso, así como calquera outra condición de carácter particular que modifique, extinga ou deixe sen efecto total ou parcialmente outras partes do Portal, —que eventualmente poidan establecerse— a configuración, presentación e deseño do Portal ou de calquera dos elementos e servizos que o integran. Calquera acceso posterior ás devanditas modificacións ao Portal pola túa banda se considerará como unha aceptación destas.

  • Lei aplicable e xurisdición


    As presentes Condicións de Uso réxense pola lexislación española. En caso de disputa ou controversia relacionada coa aplicación ou interpretación destas, as partes someteranse aos xulgados e tribunais que resulten territorialmente competentes segundo a lexislación vixente.

    En todo caso, informámoste de que tes dereito a solicitar a resolución extraxudicial de controversias en materia de consumo accesible a través desta ligazón.

    Non obstante, antes de proceder a utilizar este medio, poñemos á túa disposición este formulario de Atención ao Cliente para que nos fagas chegar as túas posibles queixas ou controversias.

    Data de actualización: 31.07.2020