Saltar

Condicións xerais de contratación dos servizos de asesoramento e planificación

As presentes Condicións Xerais de Contratación (en diante, as "Condicións") regularán expresamente as relacións comerciais que xurdan entre IKEA IBÉRICA, S.A.U. (en diante, "IKEA"), con CIF A-28812618 e con domicilio en Avenida Matapiñonera, n.º 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), e os usuarios ou clientes (en diante, o "Cliente") que contraten o servizo de asesoramento de cociñas, baños, salas de estar, dormitorios (incluídos os infantís e xuvenís) ou espazos de traballo na tenda, a distancia (ofertado na páxina web de IKEA) ou no domicilio (en diante, e de maneira conxunta, o "Servizo").

  1. INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN.

  • IKEA informa de que este Servizo está dirixido a aqueles Clientes que destinen os artigos IKEA a un uso doméstico e, en todo caso, de xeito completamente alleo ao seu negocio ou actividade profesional.
  • A utilización deste Servizo implica por parte do Cliente a aceptación plena e sen condicións de todo o contido das seguintes Condicións, así como do contido das condicións de uso da web de IKEA e da política de privacidade de IKEA vixentes en cada momento, dispoñibles na ligazón https://www.ikea.com/es/es/customer-service/privacy-policy/ 
  • O Cliente, con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra, poderá arquivar e imprimir estas Condicións, así como acceder a elas, para consultalas.
  • Toda a información e os datos persoais que subministre o Cliente trataranse de acordo coa Política de Privacidade, segundo o tratamento de datos que se especifica nestas Condicións e conforme ás opcións que marcase o Cliente ao aceptalas. O Cliente declara que toda a información e os datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade. Se o Cliente non facilita toda a información necesaria, non se poderá cursar a súa cita cun asesor.
  • O Cliente comprométese a non realizar ningunha planificación falsa nin fraudulenta, e IKEA resérvase a facultade de cancelar o Servizo e tomar as accións oportunas nesas circunstancias.
  • O Cliente declara que ten máis de dezaoito (18) anos e que dispón da capacidade legal e de obrar necesaria e suficiente para celebrar contratos de contido económico.
  • Infórmase ao Cliente de que o Servizo prestado por IKEA en ningún caso implica modificacións físicas do inmoble, só meras suxestións de decoración. O Cliente garante que as estancias do inmoble para o cal adquire o Servizo están situadas no territorio nacional español peninsular, e responderá no caso contrario polos danos e prexuízos que o incumprimento desta garantía puidesen supoñer para IKEA.
  • O Cliente contrata o presente Servizo na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título que o lexitime para habitar o inmoble indicado máis arriba ou para exercer unha actividade profesional nel, e exime a IKEA  de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da devandita circunstancia.

2. PRODUTOS IKEA.

  • O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e que se someteron a métodos de ensaio conforme ás normas e os estándares correspondentes. No entanto, algúns artigos da variedade probáronse para un uso profesional ou público e cumpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.
  • As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar. A tal fin, existen fichas descritivas do produto que se poden consultar nas tendas IKEA e en www.ikea.es.
  • IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA. 
  • O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000, etc.). En IKEA, temos por obxectivo que a marca IKEA sexa por si garantía de confianza para o Cliente, tanto dos procesos que segue coma dos artigos que vende, respecto ás cuestións de calidade, seguranza, medio ambiente e responsabilidade corporativa. Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se levan a cabo da forma axeitada en todas as súas unidades.
  • A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, fundamentados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas, como as mencionadas anteriormente. Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.

3. CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO.

  • IKEA informa de que o Servizo non inclúe máis conceptos que o propio asesoramento para o deseño e decoración da estancia especificada (cociña, baño, sala de estar, dormitorios para todas as idades e espazos de traballo). Tanto os artigos como outros servizos adicionais deberán contratarse e aboarse no momento da súa adquisición, na tenda ou en remoto, e non serán obxecto, en ningún caso, do Servizo.
  • No caso do servizo de asesoramento de cociñas, o Cliente manifesta que a estancia, o seu espazo e a súa distribución física atópanse nas condicións definitivas, que inclúen, no seu caso, tomas de auga e luz na localización final, así como chans e paredes cos seus acabados finalizados.
  • IKEA non prestará o Servizo considerando ou empregando artigos e produtos que non sexan de IKEA.
  • Os produtos incluídos nos planos e nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións da data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes. Do mesmo modo, o Servizo non inclúe ningún servizo de transporte, montaxe nin servizo adicional que non conste expresamente nas presentes condicións. 
  • Como condición esencial para a prestación do Servizo, o Cliente exime a IKEA e, polo tanto, será o único responsable, de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente. 
  • Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen, ou que, pola súa parte, deba modificar as condicións de seguranza, habitabilidade e idoneidade, así como outras obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble.
  • En consecuencia, o asesoramento obxecto deste Servizo ten carácter informativo, sen que poida entenderse, baixo ningún concepto, que a imposibilidade de calquera tipo (material, xurídica, económica, administrativa, etc.) de trasladar á realidade física o proxecto resultante do Servizo poida atribuírse a IKEA, que queda eximido por completo de calquera responsabilidade a este respecto.
  • Para prestar o Servizo de maneira axeitada, resulta fundamental que o Cliente remita as medicións da estancia obxecto de asesoramento por parte de IKEA, podendo engadir calquera información ou elemento gráfico do cuarto (planos, imaxes, etc.) que IKEA, ao seu libre criterio, poderá considerar ou descartar. No caso de calquera discrepancia entre os documentos remitidos polo Cliente, prevalecerán, en todo caso, as medicións, e o resto da documentación non será vinculante para IKEA. O Cliente asume a responsabilidade de cantas magnitudes, medidas, descricións, imaxes, planos, información, etc. aparezan nos documentos remitidos e exonera de calquera responsabilidade a IKEA no suposto de que algún elemento da información facilitada non se corresponda coa realidade física (medicións, planos, espazos, distribución, etc.) da estancia, mesmo se IKEA descartou o devandito documento.
  • No caso de que ocorrese algunha causa de forza maior, ou atribuíble ao Cliente, que impedise realizar algunha das obrigas asumidas por IKEA para este Servizo, isto non suporía incumprimento, responsabilidade nin obriga adicional por parte de IKEA, baixo ningún concepto nin circunstancia.Por outro lado, no caso de que ocorrese algunha causa de forza maior, ou atribuíble a IKEA, que impedise realizar algunha das obrigas asumidas polo Cliente, isto non suporía incumprimento, responsabilidade nin obriga adicional pola súa parte.
  • Toda a información que facilite o Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder de xeito ningún da veracidade, exactitude, certeza ou suficiencia da información facilitada entre as dúas partes.
  • É posible que un produto, cuxa dispoñibilidade confirmase IKEA no momento de facer o pedido, se esgote, polo que, nese suposto, IKEA informará o Cliente por correo electrónico ou telefonicamente nun prazo máximo de corenta e oito (48) horas de antelación á entrega dos produtos e ofrecerá algunha das seguintes alternativas: (i) a entrega do produto nun prazo superior ao que se indicou inicialmente; (ii) a substitución do produto por outro similar en características, funcionalidades, calidade e prezo; ou (iii) a devolución do prezo cobrado nun prazo máximo de sete (7) días naturais, dende a indicación por parte do Cliente de que esta é a alternativa escollida.

4. DESCRICIÓN DO SERVIZO

A) ASESORAMENTO NA TENDA OU A DISTANCIA.

  • IKEA prestará o Servizo na tenda ou a distancia para a compra de cociñas, baños, salas de estar, dormitorios (incluídos os infantís e xuvenís) e espazos de traballo, e comprenderá o deseño e a planificación da estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada. 
  • IKEA confirmará ao Cliente de xeito automático a hora e a data específicas en que se prestará o Servizo.
  • O Cliente deberá enviar a IKEA as medidas da superficie obxecto de asesoramento ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
  • O Servizo préstase de modo puntual, nunha única sesión, na tenda ou a distancia, na data e polos medios acordados entre as dúas partes, cunha duración máxima acorde co tipo de cita e as necesidades de asesoramento do Cliente, en función da estancia. A duración das citas pode ser de: (i) noventa minutos (90') para cociñas; (ii) corenta e cinco minutos (45') para baños e espazos de traballo; e (iii) trinta e cinco (35') para salas de estar e dormitorios. Os tempos poderían variar no caso de acordalo previamente co Cliente.
  • IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de dous (2) días, un plano en 3D e un orzamento, ambos en formato .pdf, cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.O deseño servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e conterá os artigos e produtos, cos seus prezos, en función dos criterios elixidos (modelo, cor, medidas, etc.). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días naturais.
  • Para este Servizo, IKEA ofrece ao Cliente, ademais, a posibilidade de solicitar axuda para a medición a través do servizo de verificación, que poderá contratar de xeito adicional por un importe fixo establecido de corenta euros (40€), independentemente de se finalmente o Cliente decide mercar os produtos da estancia en IKEA. Porén, se o Cliente adquire de xeito definitivo os produtos da estancia en IKEA, despois da contratación do devandito servizo de planificación, o importe en cuestión descontarase do prezo dos produtos.A verificación será obrigatoria en dous casos: (i) na instalación de cociñas; e (ii) cando se inclúa a instalación de portas corredizas para armarios SKYTTA.
  • No caso de contratar a instalación da cociña cunha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), esta verificará a cociña antes da instalación, e con independencia de IKEA, para comprobar que o deseño se adapta correctamente á cociña do Cliente.
  • Finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

B) ASESORAMENTO A DOMICILIO.

  • Suxeito á dispoñibilidade do Servizo, e dependendo do establecemento IKEA responsable, IKEA prestará o Servizo a domicilio para a compra de cociñas, salas de estar e dormitorios (incluídos os infantís e xuvenís), que comprenderá o deseño e a planificación da estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada.En relación coas cociñas, este deseño tamén terá como base o plano subministrado pola persoa encargada da medición na verificación que realizará sen custo adicional unha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), para a correcta planificación da cociña segundo o tamaño da estancia, a altura da cociña, a localización, as medidas e o tamaño das fiestras e portas, os puntos de electricidade, auga e para desaugar, e os tubos de ventilación para extracción.
  • O Servizo préstase de modo puntual, nunha única sesión na data acordada entre ambas Partes, cunha duración máxima de: (i) tres (3) horas para cociñas; e (ii) dúas (2) horas para salas de estar e dormitorios (excluíndo os infantís e xuvenís). Os tempos poderían variar no caso de acordalo previamente ambas as Partes. 
  • IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de sete (7) días hábiles, un plano en 3D en formato .pdf cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
  • O deseño servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e que conterá os artigos e produtos IKEA, así como os seus prezos correspondentes, en función dos criterios escollidos (modelo, cor e medidas). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días.
  • IKEA non responderá en ningún caso dos custos de terceiros que deriven dos cambios no deseño solicitados polo Cliente.
  • Finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

5. PREZO E PAGAMENTO

  • O Servizo na tenda ou a distancia é gratuíto no que respecta ao deseño da estancia (cociña, dormitorios, sala de estar, baño ou espazo de traballo). Porén, non son gratuítos os servizos de verificación de cociñas nin os de instalación de portas corredizas do armario SKYTTA, de acordo co referido no apartado anterior.O Servizo a domicilio terá un custo de corenta e nove euros (49€).
  • O pagamento íntegro do Servizo deberá efectuarse no momento da subscrición das presentes Condicións. O pagamento poderá realizarse, en función da modalidade e do acordo coas políticas de IKEA ao respecto, a través da ligazón que aparece no correo electrónico de confirmación, mediante calquera dos seguintes medios admitidos: tarxeta bancaria, transferencia bancaria, Bizum ou PayPal. Non se admite ningún pagamento en efectivo, a excepción de contratación en tenda IKEA, caso no que poderá aboarse por este medio ao momento.
  • Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo e non constan incluídos no prezo de ningún modo, polo que unicamente se poderán adquirir de acordo co sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo se os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecían condicións diferentes.
  • IKEA facilitará ao Cliente a contratación doutros servizos adicionais á compra, como os de transporte e instalación, que o Cliente deberá contratar coas empresas colaboradoras, tanto externas como internas de IKEA, de acordo coas condicións pactadas con elas.

6. SERVIZO DE POSVENDA.

No caso de que o Cliente teña unha incidencia coa contratación do Servizo, deberá dirixirse ao establecemento da súa elección. Así mesmo, poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 en horario de 8:00 h a 22:00 h, de luns a sábado, e de 10:00 h a 20:00 h os domingos e festivos.

7. CANCELACIÓN DO SERVIZO DE VERIFICACIÓN.

O Cliente recoñece que se lle informou de que, iniciado o Servizo coa súa conformidade, e unha vez realizado ou executado o Servizo completamente, non poderá cancelar o Servizo prestado.

8. LEXISLACIÓN APLICABLE. SUBMISIÓN A FORO.

As presentes Condicións rexeranse pola lexislación española que sexa de aplicación no disposto en materia de interpretación, validez e execución.

As Partes acordan someter calquera controversia que puidese xurdir da interpretación ou da execución das presentes condicións contractuais aos xulgados e tribunais da cidade correspondente ao domicilio do Cliente.

Condicións xerais de contratación do servizo de deseño de interiores para o teu fogar

As presentes Condicións Xerais de Contratación (as "Condicións") regularán expresamente as relacións comerciais que xurdan entre IKEA IBÉRICA, S.A.U. ("IKEA"), con C.I.F. A-28812618 e con domicilio en avenida Matapiñonera, nº 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), e os usuarios ou clientes (o "Cliente"), que contraten o servizo de deseño de interiores para o seu fogar, tanto na tenda como a distancia (ofertado na páxina web de IKEA, en adiante, e de forma conxunta, o "Servizo").

1. INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN.

  • IKEA informa de que este Servizo está dirixido a aqueles Clientes que destinen os artigos IKEA a un uso doméstico e, en todo caso, de xeito completamente alleo ao seu negocio ou actividade profesional.
  • A utilización deste Servizo implica por parte do Cliente a aceptación plena e sen condicións de todo o contido das seguintes Condicións, así como do contido das condicións de uso da web de IKEA e da política de privacidade de IKEA vixentes en cada momento, dispoñibles na ligazón https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/privacy-policy/
  • O Cliente, con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra, poderá acceder a estas Condicións, así como arquivalas e imprimilas, para a súa consulta.
  • Toda a información e os datos persoais que subministre o Cliente trataranse de acordo coa Política de Privacidade de IKEA, segundo o tratamento de datos que se especifica nestas Condicións e conforme ás opcións que marcase o Cliente ao aceptalas. O Cliente declara que toda a información e os datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade.
    Se o Cliente non facilita toda a información necesaria non se poderá cursar a súa cita cun asesor.·            O Cliente comprométese a non realizar ningunha planificación falsa ou fraudulenta, e IKEA reservarase a facultade de cancelar o Servizo e tomar as accións oportunas nesas circunstancias.
  • O Cliente declara que ten máis de dezaoito (18) anos e que dispón da capacidade legal e de obrar necesaria e suficiente para celebrar contratos de contido económico.
  • Infórmase ao Cliente de que o Servizo prestado por IKEA en ningún caso implica modificacións físicas do inmoble, só meras suxestións de decoración. O Cliente garante que as estancias do inmoble para o cal adquire o Servizo están situadas no territorio nacional español peninsular, e responderá no caso contrario polos danos e prexuízos que o incumprimento desta garantía puidese supoñer para IKEA.
  • O Cliente contrata o presente Servizo na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título que o lexitime para habitar o inmoble indicado máis arriba ou para exercer unha actividade profesional nel, e exime a IKEA de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da devandita circunstancia.

2. PRODUTOS IKEA.

  • O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e que se someteron a métodos de ensaio conforme ás normas e os estándares correspondentes. No entanto, algúns artigos da variedade probáronse para un uso profesional ou público e cómpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.
  • As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar. A tal fin, existen fichas descritivas do produto que se poden consultar nas tendas IKEA e en www.ikea.es.
  • IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.
  • O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000 etc.). En IKEA, temos por obxectivo que a marca IKEA sexa por si garantía de confianza para o Cliente, tanto dos procesos que segue coma dos artigos que vende, respecto ás cuestións de calidade, seguranza, medio ambiente e responsabilidade corporativa. Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se levan a cabo da forma axeitada en todas as súas unidades.
  • A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, baseados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas, como as que se mencionan anteriormente. Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.

3. CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO.

  • IKEA informa de que o Servizo non inclúe máis conceptos que o propio asesoramento para o deseño e decoración da estancia especificada (cociña, baño, sala de estar ou dormitorios, para todas as idades e espazos de traballo).
    Tanto os artigos como outros servizos adicionais deberán contratarse e aboarse no momento da súa adquisición, na tenda ou en remoto, e non serán obxecto, en ningún caso, do Servizo.
  • O Cliente manifesta que o habitáculo da estancia, o seu espazo e as súas distribucións físicas, se encontran nas condicións definitivas, incluíndo, no seu caso, as tomas de auga e luz na súa localización final, así como chans e paredes con acabados finalizados.
  • IKEA non prestará o Servizo considerando ou empregando artigos e produtos que non sexan de IKEA.
  • Os produtos incluídos nos planos e nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións da data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes.
    Do mesmo modo, o Servizo non inclúe ningún servizo de transporte, montaxe nin servizo adicional que non conste expresamente nas presentes condicións.
  • Como condición esencial para a prestación do Servizo, o Cliente exime a IKEA e, polo tanto, será o único responsable, de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.
  • Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen, ou que, pola súa parte, deba modificar as condicións de seguranza, habitabilidade e idoneidade, así como outras obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente Servizo en relación co inmoble.
  • En consecuencia, o asesoramento obxecto deste Servizo ten carácter informativo, sen que poida entenderse, baixo ningún concepto, que a imposibilidade de calquera tipo (material, xurídica, económica, administrativa etc.) de trasladar á realidade física o proxecto resultante do Servizo poida atribuírse a IKEA, que queda eximido por completo de calquera responsabilidade a este respecto.
  • Para prestar o Servizo de maneira axeitada, resulta fundamental que o Cliente remita as medicións da estancia obxecto de asesoramento por parte de IKEA, podendo engadir calquera información ou elemento gráfico do cuarto (planos, imaxes etc.) que IKEA, ao seu libre criterio, poderá considerar ou descartar.
    No caso de calquera discrepancia entre os documentos remitidos polo Cliente, prevalecerán, en todo caso, as medicións, e o resto da documentación non será vinculante para IKEA.
    O Cliente asume a responsabilidade de cantas magnitudes, medidas, descricións, imaxes, planos ou información, entre outros, aparezan nos documentos remitidos e exonera de calquera responsabilidade a IKEA no suposto de que algún elemento da información facilitada non se corresponda coa realidade física (medicións, planos, espazos, distribución etc.) da estancia, mesmo se IKEA descartou o devandito documento.
  • No caso de que ocorrese algunha causa de forza maior, ou atribuíble ao Cliente, que impedise realizar algunha das obrigas asumidas por IKEA para este Servizo, isto non suporía incumprimento, responsabilidade nin obriga adicional por parte de IKEA, baixo ningún concepto nin circunstancia.
    Por outro lado, no caso de que ocorrese algunha causa de forza maior, ou atribuíble a IKEA, que impedise realizar algunha das obrigas asumidas polo Cliente, isto non suporía incumprimento, responsabilidade nin obriga adicional pola súa parte.
  • Toda a información que facilite o Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder de xeito ningún da veracidade, exactitude, certeza ou suficiencia da información facilitada entre as dúas partes.
  • É posible que un produto, cuxa dispoñibilidade confirmase IKEA no momento de facer o pedido, se esgote, polo que, nese suposto, IKEA informará ó Cliente por correo electrónico ou por teléfono nun prazo máximo de corenta e oito (48) horas de antelación á entrega dos produtos e ofrecerá algunha das seguintes alternativas: (i) a entrega do produto nun prazo superior ao que se indicou inicialmente; (ii) a substitución do produto por outro similar en características, funcionalidades, calidade e prezo; ou (iii) a devolución do prezo cobrado nun prazo máximo de sete (7) días naturais, dende a indicación por parte do Cliente de que esta é a alternativa escollida.

4. DESCRICIÓN DO SERVIZO.

A) ASESORAMENTO NA TENDA OU A DISTANCIA.

  • IKEA prestará o Servizo na tenda ou a distancia para a compra de cociñas, baños, salas de estar, dormitorios (incluídos os infantís e xuvenís) e espazos de traballo, e comprenderá o deseño e a planificación da estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada.
  • IKEA confirmará ao Cliente de xeito automático a hora e a data específicas en que se prestará o Servizo.
  • O Cliente deberá enviar a IKEA as medidas da superficie obxecto de asesoramento ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
  • O Servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión, na tenda ou a distancia, na data e polos medios acordados entre as dúas partes, cunha duración máxima, acorde co tipo de cita e as necesidades de asesoramento do Cliente, en función da estancia, de noventa minutos (90').
  • IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de dous (2) días no caso dunha estancia, e de sete (7) días no caso de máis estancias, un plano con distribucións en planta, imaxes 3D de todos os produtos, un orzamento detallado, e consellos e trucos de decoración adaptados ás súas necesidades. A documentación entregarase en formato PDF e a súa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
    O deseño servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e conterá os artigos e produtos, cos seus prezos, en función dos criterios elixidos (modelo, cor, medidas etc.). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días naturais.
  • Ademais, para este Servizo, IKEA ofrece ao Cliente a posibilidade de solicitar axuda para a medición a través do servizo de verificación, que poderá contratar de xeito adicional por un importe fixo establecido de corenta euros (40€), independentemente de se finalmente o Cliente decide mercar os produtos da estancia en IKEA.
    Porén, se o Cliente adquire de xeito definitivo os produtos da estancia en IKEA, despois da contratación do devandito servizo de planificación, o importe en cuestión descontarase do prezo dos produtos.
    A verificación será obrigatoria en dous casos: (i) na instalación de cociñas; e (ii) cando se inclúa a instalación de portas corredizas para armarios SKYTTA.
  • No caso de contratar a instalación da cociña cunha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), esta verificará a cociña antes da instalación, e con independencia de IKEA, para comprobar que o deseño se adapta correctamente á cociña do Cliente.
  • Unha vez finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

B) ASESORAMENTO A DOMICILIO.

  • Suxeito á dispoñibilidade do Servizo, e dependendo do establecemento IKEA responsable, IKEA prestará o Servizo a domicilio para a compra de cociñas, salas de estar e dormitorios (excluíndo os infantís e xuvenís), que comprenderá o deseño e a planificación da Estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada.
    En relación coas cociñas, este deseño tamén terá como base o plano subministrado pola persoa encargada da medición na verificación que realizará sen custo adicional unha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), para a correcta planificación da cociña segundo o tamaño da estancia, a altura da cociña, a localización, as medidas e o tamaño das fiestras e portas, os puntos de electricidade, auga e desaugadoiro, así coma os tubos de ventilación para extracción.
  • O Servizo préstase de modo puntual, nunha única sesión na data acordada entre ambas Partes, cunha duración máxima de: (i) tres (3) horas para cociñas; e (ii) dúas (2) horas para salas de estar e dormitorios (excluíndo os infantís e xuvenís). Os tempos poderían variar no caso de acordalo previamente ambas as Partes.
  • IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de sete (7) días hábiles, un plano en 3D e un orzamento, ambos en formato PDF, cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
  • O deseño servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e que conterá os artigos e produtos IKEA, así como os seus prezos correspondentes, en función dos criterios escollidos (modelo, cor e medidas). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días.
  • IKEA non responderá en ningún caso dos custos de terceiros que deriven dos cambios no deseño solicitados polo Cliente.
  • Unha vez finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

5. PREZO E PAGAMENTO.

  • O Servizo na tenda ou a distancia ten un custo de vinte e nove euros (29€) por estancia. No caso de que houbese máis estancias, o Cliente deberá comunicar a IKEA o número de estancias que se van deseñar, antes da prestación do Servizo.
    O servizo de verificación para cociñas, ou para a instalación de portas corredizas de armario SKYTTA, tamén ten un custo adicional nos termos referidos no apartado anterior.
  • O pagamento íntegro do Servizo deberá efectuarse no momento da subscrición das presentes Condicións.
    O pagamento poderá realizarse, en función da modalidade e do acordo coas políticas de IKEA ao respecto, a través da ligazón que aparece no correo electrónico de confirmación, mediante calquera dos seguintes medios admitidos: tarxeta bancaria, transferencia bancaria, Bizum ou PayPal. Non se admite ningún pagamento en efectivo, a excepción de que a contratación se faga nunha tenda IKEA, caso no que poderá aboarse por este medio ao momento.
  • Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo e non constan incluídos no prezo de ningún modo, polo que só poderán adquirirse de acordo co sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo se os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecían condicións diferentes.
  • IKEA facilitará ao Cliente a contratación doutros servizos adicionais á compra, como os de transporte e instalación, que o Cliente deberá contratar coas empresas colaboradoras, tanto externas como internas de IKEA, de acordo coas condicións pactadas con elas.

6. SERVIZO DE POSVENDA.

No caso de que o Cliente teña unha incidencia coa contratación do Servizo, deberá dirixirse ao establecemento da súa elección. Así mesmo, poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 en horario de 8:00 h a 22:00 h, de luns a sábado, e de 10:00 h a 20:00 h os domingos e festivos.

7. CANCELACIÓN DO SERVIZO DE VERIFICACIÓN.

O Cliente recoñece que se lle informou de que, iniciado o Servizo coa súa conformidade, e unha vez realizado ou executado o Servizo completamente, non poderá cancelar o Servizo prestado.

8. LEXISLACIÓN APLICABLE. SUBMISIÓN A FORO.

As presentes Condicións rexeranse pola lexislación española que sexa de aplicación no disposto en materia de interpretación, validez e execución.

As Partes acordan someter calquera controversia que puidese xurdir da interpretación ou da execución das presentes condicións contractuais aos xulgados e tribunais da cidade correspondente ao domicilio do Cliente. 22/05/2024

Condicións xerais de contratación do servizo de deseño de interiores para o teu negocio ou empresa

As presentes Condicións Xerais de Contratación (as "Condicións") regularán expresamente as relacións comerciais que xurdan entre IKEA IBÉRICA, S.A.U. ("IKEA"), con C.I.F. A-28812618 e con domicilio en avenida Matapiñonera, nº 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), e os usuarios ou clientes Business (empresa ou profesional), pertenzan ou non á "Rede IKEA para Empresas" (o "Cliente"), que contraten o servizo de deseño de interiores para o teu negocio ou empresa, tanto na tenda como a distancia, ou no domicilio (ofertado na páxina web de IKEA, en adiante, e de forma conxunta, o "Servizo").

1. INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN.

  • A utilización deste Servizo implica por parte do Cliente a aceptación plena e sen condicións de todo o contido das seguintes Condicións, así como do contido das condicións de uso da web de IKEA e da política de privacidade de IKEA vixentes en cada momento, dispoñibles na ligazón https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/privacy-policy/
  • O Cliente, con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra, poderá acceder a estas Condicións, así como arquivalas e imprimilas, para a súa consulta.
  • Toda a información e os datos persoais que subministre o Cliente trataranse de acordo coa Política de Privacidade de IKEA, segundo o tratamento de datos que se especifica nestas Condicións e conforme ás opcións que marcase o Cliente ao aceptalas. O Cliente declara que toda a información e os datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade.
  • Se o Cliente non facilita toda a información necesaria, non se poderá cursar a súa cita cun asesor.
  • O Cliente comprométese a non realizar ningunha planificación falsa nin fraudulenta, e IKEA resérvase a facultade de cancelar o Servizo e tomar as accións oportunas nesas circunstancias.
  • O Cliente declara que ten máis de dezaoito (18) anos e que dispón da capacidade legal e de obrar necesaria e suficiente para celebrar contratos de contido económico.
  • Infórmase ao Cliente de que o Servizo prestado por IKEA en ningún caso implica modificacións físicas do inmoble, só meras suxestións de decoración.
  • O Cliente garante que a(s) estancia(s) ou espazo(s) de traballo do inmoble para os cales adquire o Servizo están situados no territorio nacional español peninsular, e responderá no caso contrario polos danos e prexuízos que o incumprimento desta garantía puidesen supoñer para IKEA.
  • O Cliente contrata o presente Servizo na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título que o lexitime para habitar o inmoble indicado máis arriba ou para exercer unha actividade profesional nel, e exime a IKEA de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da devandita circunstancia.

2. PRODUTOS IKEA.

  • O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e que se someteron a métodos de ensaio conforme ás normas e os estándares correspondentes. No entanto, algúns artigos da variedade probáronse para un uso profesional ou público e cómpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.
  • As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar. A tal fin, existen fichas descritivas do produto que se poden consultar nas tendas IKEA e en www.ikea.es.
  • IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.
  • O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000 etc.). En IKEA, temos por obxectivo que a marca IKEA sexa por si garantía de confianza para o Cliente, tanto dos procesos que segue coma dos artigos que vende, respecto ás cuestións de calidade, seguranza, medio ambiente e responsabilidade corporativa. Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se levan a cabo da forma axeitada en todas as súas unidades.
  • A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, baseados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas, como as que se mencionan anteriormente. Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.

3. CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO.

  • IKEA informa de que o Servizo non inclúe máis conceptos que o propio asesoramento para o deseño e decoración da estancia ou espazo de traballo especificado (incluíndo, no seu caso, a cociña, o baño, a oficina etc.) (a "Estancia"), considerando a separación tanto física como funcional. Neste sentido, considerarase que existen varias Estancias se, non existindo unha separación física entre os espazos, están destinadas a fins, funcións ou tarefas distintas dentro do mesmo ambiente de traballo.
    Tanto os artigos como outros servizos adicionais deberán contratarse e aboarse no momento da súa adquisición, na tenda ou en remoto, e non serán obxecto, en ningún caso, do Servizo.
  • O Cliente manifesta que o habitáculo da Estancia, o seu espazo e as súas distribucións físicas, se encontran nas condicións definitivas, incluíndo, no seu caso, as tomas de auga e luz na súa localización final, así como chans e paredes con acabados finalizados.
  • IKEA non prestará o Servizo considerando ou empregando artigos e produtos que non sexan de IKEA.
  • Os produtos incluídos nos planos e nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións da data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes.
    Do mesmo modo, o Servizo non inclúe ningún servizo de transporte, montaxe nin servizo adicional que non conste expresamente nas presentes condicións.
  • Como condición esencial para a prestación do Servizo, o Cliente exime a IKEA e, polo tanto, será o único responsable, de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.
  • Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen, ou que, pola súa parte, deba modificar as condicións de seguranza, habitabilidade e idoneidade, así como outras obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble.
  • En consecuencia, o asesoramento obxecto deste Servizo ten carácter informativo, sen que poida entenderse, baixo ningún concepto, que a imposibilidade de calquera tipo (material, xurídica, económica, administrativa etc.) de trasladar á realidade física o proxecto resultante do Servizo poida atribuírse a IKEA, que queda eximido por completo de calquera responsabilidade a este respecto.
  • Para prestar o Servizo de maneira axeitada, resulta fundamental que o Cliente remita as medicións da Estancia obxecto de asesoramento por parte de IKEA, podendo engadir calquera información ou elemento gráfico do cuarto (planos, imaxes etc.) que IKEA, ao seu libre criterio, poderá considerar ou descartar.
  • No caso de calquera discrepancia entre os documentos remitidos polo Cliente, prevalecerán, en todo caso, as medicións, e o resto da documentación non será vinculante para IKEA.
  • O Cliente asume a responsabilidade de cantas magnitudes, medidas, descricións, imaxes, planos ou información, entre outros, aparezan nos documentos remitidos e exonera de calquera responsabilidade a IKEA no suposto de que algún elemento da información facilitada non se corresponda coa realidade física (medicións, planos, espazos, distribución etc.) da Estancia, mesmo se IKEA descartou o devandito documento.
  • No caso de que ocorrese algunha causa de forza maior, ou atribuíble ao Cliente, que impedise realizar algunha das obrigas asumidas por IKEA para este Servizo, isto non suporía incumprimento, responsabilidade nin obriga adicional por parte de IKEA, baixo ningún concepto nin circunstancia.
  • Toda a información que facilite o Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder de xeito ningún da veracidade, exactitude, certeza ou suficiencia da información facilitada entre as dúas partes.
  • É posible que un produto, cuxa dispoñibilidade confirmase IKEA no momento de facer o pedido, se esgote, polo que, nese suposto, IKEA informará ó Cliente por correo electrónico ou por teléfono nun prazo máximo de corenta e oito (48) horas de antelación á entrega dos produtos e ofrecerá algunha das seguintes alternativas: (i) a entrega do produto nun prazo superior ao que se indicou inicialmente; (ii) a substitución do produto por outro similar en características, funcionalidades, calidade e prezo; ou (iii) a devolución do prezo cobrado nun prazo máximo de sete (7) días naturais, dende a indicación por parte do Cliente de que esta é a alternativa escollida.

4. DESCRICIÓN DO SERVIZO.

  • IKEA prestará o Servizo na tenda ou a distancia para a compra de cociñas, baños, salas de estar, dormitorios (incluídos os infantís e xuvenís) e espazos de traballo, e comprenderá o deseño e a planificación da Estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada.
  • IKEA confirmará ao Cliente a hora e a data especificadas nas que se prestará o Servizo. Un especialista de IKEA confirmará a hora e a data ao Cliente mediante chamada telefónica.
  • O Cliente deberá enviar a IKEA as medidas da superficie obxecto de asesoramento ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
  • O Servizo préstase de forma puntual, nunha única sesión, na tenda ou a distancia, na data e polos medios acordados entre as dúas partes, cunha duración máxima, acorde co tipo de cita e as necesidades de asesoramento do Cliente, en función da Estancia, de noventa minutos (90').
  • IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de dous (2) días no caso dunha Estancia, e de sete (7) días no caso de máis Estancias, un plano con distribucións en planta, imaxes 3D de todos os produtos, un orzamento detallado, un plan de iluminación e consellos e trucos de decoración adaptados ás súas necesidades. A documentación entregarase en formato PDF e a súa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
    O deseño servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e conterá os artigos e produtos, cos seus prezos, en función dos criterios elixidos (modelo, cor, medidas etc.). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días naturais.
  • Ademais, para este Servizo, IKEA ofrece ao Cliente a posibilidade de solicitar axuda para a medición a través do servizo de verificación, que poderá contratar de xeito adicional por un importe fixo establecido de corenta euros (40€), independentemente de se finalmente o Cliente decide mercar os produtos da Estancia en IKEA. Porén, se o Cliente adquire de xeito definitivo os produtos da Estancia en IKEA, despois da contratación do devandito servizo de planificación, o importe en cuestión descontarase do prezo dos produtos. A verificación será obrigatoria en dous casos: (i) na instalación de cociñas; e (ii) cando se inclúa a instalación de portas corredizas para armarios SKYTTA.
  • No caso de contratar a instalación da cociña cunha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), esta verificará a cociña antes da instalación, e con independencia de IKEA, para comprobar que o deseño se adapta correctamente á cociña do Cliente.
  • Unha vez finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

A) ASESORAMENTO A DOMICILIO.

  • Suxeito á dispoñibilidade do Servizo, e dependendo do establecemento IKEA responsable, IKEA prestará o Servizo a domicilio para a compra de cociñas, salas de estar e dormitorios (excluíndo os infantís e xuvenís), que comprenderá o deseño e a planificación da Estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada.
    En relación coas cociñas, este deseño tamén terá como base o plano subministrado pola persoa encargada da medición na verificación que realizará sen custo adicional unha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), para a correcta planificación da cociña segundo o tamaño da Estancia, a altura da cociña, a localización, as medidas e o tamaño das fiestras e portas, os puntos de electricidade, auga e desaugadoiro, así coma os tubos de ventilación para extracción.
  • O Servizo préstase de modo puntual, nunha única sesión na data acordada entre ambas Partes, cunha duración máxima de: (i) tres (3) horas para cociñas; e (ii) dúas (2) horas para salas de estar e dormitorios (excluíndo os infantís e xuvenís). Os tempos poderían variar no caso de acordalo previamente ambas as Partes. ·            IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de sete (7) días hábiles, un plano en 3D e un orzamento, ambos en formato PDF, cuxa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
  • O deseño servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e que conterá os artigos e produtos IKEA, así como os seus prezos correspondentes, en función dos criterios escollidos (modelo, cor e medidas). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días.
  • IKEA non responderá en ningún caso dos custos de terceiros que deriven dos cambios no deseño solicitados polo Cliente.
  • Unha vez finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

5. PREZO E PAGAMENTO.

  • O Servizo na tenda ou a distancia ten un custo de noventa e nove euros (99€), que será de cincuenta e nove euros (59€) se o Cliente pertence á Rede IKEA para Empresas. O servizo de verificación para cociñas, ou para a instalación de portas corredizas de armario SKYTTA, tamén ten un custo adicional nos termos referidos no apartado anterior.
  • O pagamento íntegro do Servizo deberá efectuarse no momento da subscrición das presentes Condicións. O pagamento poderá realizarse, en función da modalidade e do acordo coas políticas de IKEA ao respecto, a través da ligazón que aparece no correo electrónico de confirmación, mediante calquera dos seguintes medios admitidos: tarxeta bancaria, transferencia bancaria, Bizum ou PayPal. Non se admite ningún pagamento en efectivo, a excepción de que a contratación se faga nunha tenda IKEA, caso no que poderá aboarse por este medio ao momento.
  • Os produtos incluídos nos planos ou nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo e non constan incluídos no prezo de ningún modo, polo que só poderán adquirirse de acordo co sistema de compra habitual, co prezo e as condicións existentes na data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo se os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecían condicións diferentes.
  • IKEA facilitará ao Cliente a contratación doutros servizos adicionais á compra, como os de transporte e instalación, que o Cliente deberá contratar coas empresas colaboradoras, tanto externas como internas de IKEA, de acordo coas condicións pactadas con elas.

6. SERVIZO DE POSVENDA.

No caso de que o Cliente teña unha incidencia coa contratación do Servizo, deberá dirixirse ao establecemento da súa elección. Así mesmo, poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de IKEA a través do teléfono 900 400 922 en horario de 8:00 h a 22:00 h, de luns a sábado, e de 10:00 h a 20:00 h os domingos e festivos.

7. CANCELACIÓN DO SERVIZO DE VERIFICACIÓN.

O Cliente recoñece que se lle informou de que, iniciado o Servizo coa súa conformidade, e unha vez realizado ou executado o Servizo completamente, non poderá cancelar o Servizo prestado.

8. LEXISLACIÓN APLICABLE. SUBMISIÓN A FORO.

As presentes Condicións rexeranse pola lexislación española que sexa de aplicación no disposto en materia de interpretación, validez e execución.

As Partes acordan someter calquera controversia que puidese xurdir da interpretación ou da execución das presentes condicións contractuais aos xulgados e tribunais da cidade correspondente ao domicilio do Cliente.

22/05/2024

Condicións xerais de contratación do servizo de planificación de espazos para o teu negocio

As presentes Condicións Xerais de Contratación (as "Condicións") regularán expresamente as relacións comerciais que xurdan entre IKEA IBÉRICA, S.A.U. ("IKEA"), con C.I.F. A-28812618 e con domicilio en avenida Matapiñonera, nº 9, 28703, San Sebastián de los Reyes (Madrid), e os usuarios ou clientes Business (empresa ou profesional), pertenzan ou non á "Rede IKEA para Empresas" (o "Cliente"), que contraten o servizo de planificación de espazos para o teu negocio ou empresa, tanto na tenda como a distancia (ofertado na páxina web de IKEA, en adiante, e de forma conxunta, o "Servizo").

1. INFORMACIÓN E MANIFESTACIÓNS PREVIAS Á CONTRATACIÓN.

  • A utilización deste Servizo implica por parte do Cliente a aceptación plena e sen condicións de todo o contido das seguintes Condicións, así como do contido das condicións de uso da web de IKEA e da política de privacidade de IKEA vixentes en cada momento, dispoñibles na ligazón https://www.ikea.com/es/gl/customer-service/privacy-policy/
  • O Cliente, con carácter previo á contratación e durante o proceso de compra, poderá acceder a estas Condicións, así como arquivalas e imprimilas, para a súa consulta.
  • Toda a información e os datos persoais que subministre o Cliente trataranse de acordo coa Política de Privacidade de IKEA, segundo o tratamento de datos que se especifica nestas Condicións e conforme ás opcións que marcase o Cliente ao aceptalas. O Cliente declara que toda a información e os datos que facilite a IKEA son veraces e se corresponden coa realidade. Se o Cliente non facilita toda a información necesaria, non se poderá cursar a súa cita cun asesor.
  • O Cliente comprométese a non realizar ningunha planificación falsa ou fraudulenta, e IKEA reservarase a facultade de cancelar o Servizo e tomar as accións oportunas nesas circunstancias.
  • O Cliente declara que ten máis de dezaoito (18) anos e que dispón da capacidade legal e de obrar necesaria e suficiente para celebrar contratos de contido económico.
  • Infórmase ao Cliente de que o Servizo prestado por IKEA en ningún caso implica modificacións físicas do inmoble, só meras suxestións de planificación.
    O Cliente garante que a(s) estancia(s) ou espazo(s) de traballo do inmoble para os cales adquire o Servizo están situados no territorio nacional español peninsular, e responderá no caso contrario polos danos e prexuízos que o incumprimento desta garantía puidesen supoñer para IKEA.
  • O Cliente contrata o presente Servizo na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título que o lexitime para habitar o inmoble indicado máis arriba ou para exercer unha actividade profesional nel, e exime a IKEA de calquera reclamación de terceiros derivada do incumprimento da devandita circunstancia.

2. PRODUTOS IKEA.

  • O Cliente declara coñecer que todos os produtos que se venden en IKEA están destinados a un uso doméstico e que se someteron a métodos de ensaio conforme ás normas e os estándares correspondentes. No entanto, algúns artigos da variedade probáronse para un uso profesional ou público e cómpren os requisitos de seguridade, durabilidade e estabilidade que establecen as normas técnicas correspondentes aos devanditos usos.
  • As garantías que ofrece IKEA con respecto a todos os seus produtos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. O Cliente deberá, en todo caso, e con carácter previo a efectuar a compra dun artigo IKEA, asegurarse de que este é axeitado para o uso que lle quere dar. A tal fin, existen fichas descritivas do produto que se poden consultar nas tendas IKEA e en www.ikea.es.
  • IKEA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso diferente daquel para o que está concibido o artigo IKEA.
  • O Cliente declara coñecer que IKEA non ten sistemas de xestión de certificados conforme a estándares internacionais (ISO9000, ISO 14000, EMAS, SA8000 etc.). En IKEA, temos por obxectivo que a marca IKEA sexa por si garantía de confianza para o Cliente, tanto dos procesos que segue coma dos artigos que vende, respecto ás cuestións de calidade, seguranza, medio ambiente e responsabilidade corporativa. Para iso, conta con sistemas de xestión e protocolos internos que abranguen todos os seus procesos e que realizan auditorías internamente para asegurar que se levan a cabo da forma axeitada en todas as súas unidades.
  • A fabricación dos seus produtos está sometida a estándares de calidade, medio ambiente e responsabilidade corporativa propios de IKEA, baseados en principios internacionais e que son comúns aos establecidos nas normas, como as que se mencionan anteriormente. Ademais, ten auditores internos que verifican continuamente a súa correcta implantación en todos os provedores de produtos e dos servizos que ofrece IKEA.

3. CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO.

  • IKEA informa de que o Servizo non inclúe máis conceptos que o propio asesoramento para a planificación da estancia ou espazo de traballo especificado (incluíndo, no seu caso, a cociña, o baño, a oficina etc.) (a "Estancia"), considerando a separación tanto física como funcional. Nese sentido, considerarase que existen varias Estancias se, non existindo unha separación física entre os espazos, están destinadas a fins, funcións ou tarefas distintas dentro do mesmo ambiente de traballo. Tanto os artigos como outros servizos adicionais deberán contratarse e aboarse no momento da súa adquisición, na tenda ou en remoto, e non serán obxecto, en ningún caso, do Servizo.
  • O Cliente manifesta que o habitáculo da Estancia, o seu espazo e as súas distribucións físicas, se encontran nas condicións definitivas, incluíndo, no seu caso, as tomas de auga e luz na súa localización final, así como chans e paredes con acabados finalizados.
  • IKEA non prestará o Servizo considerando ou empregando artigos e produtos que non sexan de IKEA.
  • Os produtos incluídos nos planos e nos orzamentos, ou os tratados no asesoramento, non forman parte do Servizo, polo que só poderán adquirirse mediante o sistema de compra habitual, co prezo e as condicións da data na que se efectúe a compravenda de cada produto, mesmo cando os orzamentos dos produtos outorgados durante o asesoramento establecesen condicións diferentes. Do mesmo modo, o Servizo non inclúe ningún servizo de transporte, montaxe nin servizo adicional que non conste expresamente nas presentes condicións.
  • Como condición esencial para a prestación do Servizo, o Cliente exime a IKEA e, polo tanto, será o único responsable, de ter en consideración e empregar os produtos segundo as especificacións técnicas e as instrucións de uso correspondentes, así como de verificar o correcto emprazamento e localización do produto no inmoble, de acordo co libro do edificio, as obrigas de uso e mantemento do inmoble, os manuais de emerxencia e evacuación, e outros requisitos que puidesen dimanar dos manuais e da normativa pertinentes no inmoble en cuestión, extremos que IKEA descoñece e cuxa responsabilidade será exclusivamente do Cliente.
  • Polo exposto anteriormente, será responsabilidade exclusiva do Cliente verificar que o deseño e a documentación xerados por IKEA se adecúen, ou que, pola súa parte, deba modificar as condicións de seguranza, habitabilidade e idoneidade, así como outras obrigas que na súa condición de usuario, titular, arrendatario ou calquera outro título o lexitimen para dispoñer do presente servizo en relación co inmoble.
  • En consecuencia, o asesoramento obxecto deste Servizo ten carácter informativo, sen que poida entenderse, baixo ningún concepto, que a imposibilidade de calquera tipo (material, xurídica, económica, administrativa etc.) de trasladar á realidade física o proxecto resultante do Servizo poida atribuírse a IKEA, que queda eximido por completo de calquera responsabilidade a este respecto.
  • Para prestar o Servizo de maneira axeitada, resulta fundamental que o Cliente remita as medicións da Estancia obxecto de asesoramento por parte de IKEA, podendo engadir calquera información ou elemento gráfico do cuarto (planos, imaxes etc.) que IKEA, ao seu libre criterio, poderá considerar ou descartar.
    No caso de calquera discrepancia entre os documentos remitidos polo Cliente, prevalecerán, en todo caso, as medicións, e o resto da documentación non será vinculante para IKEA.
    O Cliente asume a responsabilidade de cantas magnitudes, medidas, descricións, imaxes, planos ou información, entre outros, aparezan nos documentos remitidos e exonera de calquera responsabilidade a IKEA no suposto de que algún elemento da información facilitada non se corresponda coa realidade física (medicións, planos, espazos, distribución etc.) da Estancia, mesmo se IKEA descartou o devandito documento.
  • No caso de que ocorrese algunha causa de forza maior, ou atribuíble ao Cliente, que impedise realizar algunha das obrigas asumidas por IKEA para este Servizo, isto non suporía incumprimento, responsabilidade nin obriga adicional por parte de IKEA, baixo ningún concepto nin circunstancia.
  • Toda a información que facilite o Cliente pasará a ser propiedade de IKEA, sen que IKEA poida responder de xeito ningún da veracidade, exactitude, certeza ou suficiencia da información facilitada entre as dúas partes.
  • É posible que un produto, cuxa dispoñibilidade confirmase IKEA no momento de facer o pedido, se esgote, polo que, nese suposto, IKEA informará ó Cliente por correo electrónico ou por teléfono nun prazo máximo de corenta e oito (48) horas de antelación á entrega dos produtos e ofrecerá algunha das seguintes alternativas: (i) a entrega do produto nun prazo superior ao que se indicou inicialmente; (ii) a substitución do produto por outro similar en características, funcionalidades, calidade e prezo; ou (iii) a devolución do prezo cobrado nun prazo máximo de sete (7) días naturais, dende a indicación por parte do Cliente de que esta é a alternativa escollida.

4. DESCRICIÓN DO SERVIZO.

ASESORAMENTO NA TENDA OU A DISTANCIA.

  • IKEA prestará o Servizo na tenda ou a distancia para a compra de cociñas, baños, salas de estar, dormitorios (incluídos os infantís e xuvenís) e espazos de traballo, e comprenderá o deseño e a planificación da Estancia correspondente por parte de IKEA, con base (i) na información proporcionada no cuestionario que o Cliente debe completar no proceso de reserva de cita; e (ii) nas medidas proporcionadas polo Cliente. Ambos os datos resultan imprescindibles para prestar o Servizo de maneira axeitada.
  • IKEA confirmará ao Cliente de xeito automático a hora e a data específicas en que se prestará o Servizo.
  • O Cliente deberá enviar a IKEA as medidas da superficie obxecto de asesoramento ao enderezo que IKEA lle facilite antes da cita.
  • O Servizo préstase de xeito puntual, nunha única sesión, na tenda ou a distancia, na data e a través dos medios acordados entre as dúas Partes, cunha duración máxima de sesenta minutos (60'), excepto a planificación de cociñas, que poderá durar un máximo de noventa minutos (90').
  • IKEA entregará ao Cliente, nun prazo máximo de dous (2) días, a planificación da Estancia que se realizará cos planificadores de www.ikea.es, un orzamento detallado que inclúa os servizos, así como as opcións de pagamento e de financiamento, e o soporte durante o proceso de compra. Os documentos entregaranse en formato PDF e a súa entrega eximirá a IKEA de calquera outra obriga ou responsabilidade.
    A planificación servirá de base para a elaboración do orzamento que se entregará ao Cliente e conterá os artigos e produtos, cos seus prezos, en función dos criterios elixidos (modelo, cor, medidas etc.). Este orzamento será válido durante un prazo de trinta (30) días naturais.
  • Ademais, para a planificación de cociñas, IKEA ofrece ao Cliente a posibilidade de solicitar axuda para a medición a través do servizo de verificación, que poderá contratar de xeito adicional por un importe fixo establecido de corenta euros (40€), independentemente de se finalmente o Cliente decide mercar os produtos da Estancia en IKEA.  
    Porén, se o Cliente adquire de xeito definitivo os produtos da Estancia en IKEA, despois da contratación do devandito servizo de planificación, o importe en cuestión descontarase do prezo dos produtos.
    A verificación será obrigatoria en dous casos: (i) na instalación de cociñas; e (ii) cando se inclúa a instalación de portas corredizas para armarios SKYTTA.
  • No caso de contratar a instalación da cociña cunha empresa colaboradora, tanto externa como interna de IKEA (dependendo do establecemento IKEA responsable do servizo), esta verificará a cociña antes da instalación, e con independencia de IKEA, para comprobar que o deseño se adapta correctamente á cociña do Cliente.
  • Unha vez finalizado o servizo de verificación, o Cliente deberá proceder á sinatura dun documento acreditativo que exprese a devandita conformidade.

5. PREZO E PAGAMENTO.

  • O Servizo na tenda ou a distancia é gratuíto no que respecta á planificación da Estancia (cociña, dormitorios, sala de estar, baño ou espazo de traballo). Porén, non son gratuítos os servizos de verificación de cociñas nin os de instalación de portas corredizas do armario SKYTTA, de acordo co referido no apartado anterior.