Saltar

Servizo de reformas

Estás a pensar nesa reforma que ao final sempre aprazas? Temos a solución

Co noso servizo de reformas, agora axudámosche a renovar o teu fogar de principio a fin:

•Pequenas modificacións: desmontar os mesados de pedra, mover as tomas de luz ou auga, cambiar as saídas de fume, conectar placas de gas ou anular tomas, realizar tarefas de iluminación, instalar inodoro, cambiar bañeira por ducha, instalar prato de ducha ou instalar biombo.

•Reforma integral de baños e cociñas: cambio completo do teu baño ou a túa cociña, dende a man de obra ata os materiais de acabado.

•Reforma integral da túa vivenda: reforma completa con ou sen cambios de distribución de dúas ou máis estancias da túa vivenda.

Como funciona o servizo de reformas?

IKEA asociouse con Rehubik1 para que dispoñas dunha axuda sinxela na reforma do teu baño, cociña ou reforma integral.

En Rehubik, terás un asesor persoal mais un técnico desde o primeiro momento. Darán forma ao teu proxecto e coordinarán todas as súas fases, desde o bosquexo inicial ata a entrega final do teu espazo, para que non teñas que preocuparte por nada. Soa ben, non si?

Crear o meu proxecto

Estimar o custo do teu proxecto

Precisas axuda para estimar os custos do teu proxecto? Utiliza a nosa ferramenta para elaborar orzamentos e calcula canto sería sen complicacións.

Crear o meu proxecto
  1. IKEA é un terceiro alleo a Rehubik, aos seus servizos e os seus termos e condicións, de modo que, para calquera cuestión, agradecémosche que accedas directamente á información da súa propia páxina web. IKEA non se responsabiliza das actuacións, as condicións e os servizos prestados por Rehubik, e é independente aos servizos ou a calquera relación comercial que poida establecerse entre o consumidor e un terceiro, a quen o consumidor deberá dirixirse directamente para todos os efectos.

*Ao facer clic en "Solicitar orzamento con Rehubik", o usuario acepta ser redirixido á páxina web la empresa externa mencionada.