Os nosos servizos de deseño de interiores
Vale, tes o espazo e tes a foto mental de como o queres todo, pero non sabes exactamente por onde empezar nin se o deseño que pensaches para a túa empresa é o mellor. Non te preocupes: temos un abano de servizos de deseño de interiores perfecto para axudarte a conseguir o equilibrio exacto entre o que queres e o que realmente precisas.
Consulta de deseño de interiores para particulares
Se só necesitas deseñar un cuarto, podes concertar unha cita de 30 minutos, presencial na túa tenda IKEA ou virtual co noso servizo telefónico, e axudarémosche no deseño. Tras a túa consulta, poderás visualizar a planificación 3D para que teñas unha imaxe clara de como queda o teu cuarto despois dos cambios.
Este servizo ten un prezo de 49€, co que recibirás o seguinte material:
- Deseño completo dun cuarto.
- Envío da ligazón á ferramenta de planificación con vistas en 3D.
- Lista de compra con todos os produtos incluídos
Proxecto de deseño de interiores para particulares
Deseñar ata dous cuartos do teu fogar pode ser emocionante, pero tamén unha dor de cabeza. Concerta unha cita de 45 minutos cun dos nosos deseñadores de interiores, presencial na túa tenda IKEA ou virtual co noso servizo de atención telefónica, e poderemos axudarte.
Este servizo ten un prezo de 99€, co que recibirás o seguinte:
- Planos coa distribución nova de cada cuarto.
- Un taboleiro de inspiración.
- Imaxes coas renderizacións da planificación en 3D.
- Un orzamento detallado do proxecto
- Opcións de pagamento e financiamento
Proxecto premium para particulares
Se necesitas deseñar tres ou máis cuartos, seguramente terás moitísimas ideas, e é difícil ordenalas todas para darlles sentido. Non hai problema: ofrecémosche este servizo de primeira categoría, co que podes concertar unha cita de 60 minutos cun dos nosos deseñadores de interiores, presencial na túa tenda IKEA ou virtual co noso servizo de atención telefónica, e axudarémoste en todo o que precises.
Este servizo ten un prezo de 149€ polo que recibirás o seguinte:
- Planos coa distribución dos tres cuartos.
- Un taboleiro completo de inspiración.
- Imaxes con todas as renderizacións do deseño en 3D.
- Imaxes cunha colaxe dos produtos incluídos no deseño.
- Un plano de iluminación para os tres cuartos.
- Un orzamento detallado do deseño.
- Opcións de pagamento e financiamento
Os nosos servizos de deseño de interiores, tamén para o teu negocio
Proxecto de deseño de interiores para empresas
Deseñar varias áreas do teu negocio pode ser emocionante, pero tamén un reto. Concerta unha cita de 45 minutos cun dos nosos deseñadores de interiores, presencial na túa tenda IKEA ou virtual co noso equipo de deseñadores de interiores, e axudarémoste a dar forma a cada espazo para que reflicta a esencia da túa empresa.
Este servizo ten un prezo de 99€ se es da Rede IKEA para Empresas (prezo normal: 149€) e inclúe todo o que ves abaixo, e mais asesoramento personalizado para optimizar os teus espazos de traballo:
- Un deseño completo de ata dous cuartos cunha superficie total de menos de 150 m2.
- Planos coa distribución nova de cada cuarto.
- Un taboleiro de inspiración.
- Imaxes coas renderizacións da planificación en 3D.
- Un orzamento detallado do proxecto
- Opcións de pagamento e financiamento
Proxecto premium de deseño de interiores para empresas
Se necesitas deseñar tres ou máis áreas do teu negocio, seguro que tes moitas ideas e che custa darlles coherencia. Non te preocupes: co noso servizo de primeira categoría, poderás concertar unha cita de 60 minutos cos nosos deseñadores de interiores, presencial na túa tenda IKEA ou virtual co noso equipo de deseñadores de interiores, que che axudará a crear un deseño funcional e atractivo para a túa empresa.
Este servizo ten un prezo de 149€ se es da Rede IKEA para Empresas (prezo normal: 199€) e inclúe todo o que ves a continuación, e mais solucións adaptadas ás necesidades do teu negocio:
- Un deseño completo de tres ou máis cuartos cunha superficie total de máis de 150 m2.
- Planos coa distribución dos tres cuartos.
- Un taboleiro completo de inspiración.
- Imaxes con todas as renderizacións do deseño en 3D.
- Imaxes cunha colaxe dos produtos incluídos no deseño.
- Un plano de iluminación para os tres cuartos.
- Un orzamento detallado do deseño.
- Opcións de pagamento e financiamento