Saltar

Os nosos expertos, á túa disposición

Porque, ás veces, os grandes soños precisan axuda

Poñemos a experiencia dos nosos expertos á túa disposición para axudarte a deseñar e construír a solución que buscas. Elixe o servizo que máis se adapte ás túas necesidades e reserva unha cita mediante videoconferencia dende a comodidade do teu fogar ou na túa tenda IKEA favorita.

Venda telefónica e chat

Queres facer unha compra agora e precisas axuda dun experto? Accede a continuación á nosa sección de compra por chat e teléfono, o noso equipo de venda a distancia estarate agardando! O noso horario de atención telefónica é de8:00 a 22:00h de luns a sábado os días non festivos e de 10:00 a 20:00h os domingos e festivos.

Servizo de planificación

Estamos á túa disposición para axudarte a planificar os mobles da cociña, o dormitorio, a sala de estar e o baño.

Reserva a túa cita e elixe se a queres na túa tenda máis próxima, de xeito virtual ou a domicilio.

Proxectos de deseño de interiores para o fogar

Renova o teu fogar con estilo; ti elixes que estancias queres cambiar e nós creamos un proxecto á túa medida que se adapte ás túas necesidades, coidando cada detalle, dende mobles ata accesorios, pasando por cores e texturas.

Deseño de interiores para negocios ou empresas

Sexa cal for o teu negocio, temos solucións funcionais para ti. Os nosos expertos en deseño de interiores ofreceranche unha atención personalizada e traballarán para crear o proxecto que precisas.