Saltar

Instalación

Podes instalar os teus mobles e electrodomésticos pola túa conta, pero se queres que che botemos unha man, en IKEA ofrecemos toda a axuda que precisas coa instalación de cociñas, baños, electrodomésticos, etc. 

Cociñas | Electrodomésticos | Baños | Reformas | Teitos/parede|Portas corredizas SKYTTA

Instalación de cociñas

Este servizo inclúe o seguinte:

  • Montaxe e instalación de mobles.
  • Instalación e conexión de electrodomésticos e iluminación de IKEA (non inclúe as conexións de gas).
  • Instalación de vertedoiros, billas e sifóns de IKEA (non inclúe o servizo de fontanaría).
  • Instalación de mesados* (incluídos os cortes de vertedoiro e placa). (Excepto mesados de pedra)
  • Instalación de paneis laterais, tiradores e accesorios de interior.
  • Cerramentos con paneis a teito, dun máximo de 20 cm.
  • Retirada de toda a embalaxe.

Contabilizaranse por separado os metros lineais de mobles superiores e os metros lineais de mobles inferiores. É imprescindible unha medición previa da túa cociña por parte dos/as nosos/as colaboradores/as profesionais antes da instalación para gozar dunha planificación óptima. 

Verificación

Un medidor profesional comprobará se o proxecto é viable ao asegurar as medidas, os accesos á vivenda, as tomas de subministracións... Podes reservar esta cita o mesmo día da cita de planificación. O prezo deste servizo é de 40€, que recuperarás cando merques a túa cociña co noso servizo de instalación de cociñas IKEA.

Contratación

Nestes momentos, este servizo só pode contratarse en tenda ou a través do servizo de venda telefónica, chamando ao 900 400 922.

* O prezo deste servizo varía en función da tenda IKEA en que se contrate. Consulta a web local de cada tenda IKEA ou nos puntos de información da sección de cociñas da túa tenda IKEA.

Instalación de cociñas da serie METOD

Tarifas do servizo:

  • Desde 109€/metro lineal (territorio peninsular agás a Comunidade de Madrid e Málaga)
  • Desde 119€/metro lineal (Comunidade de Madrid)
  • Desde 129€/metro lineal (provincia de Málaga)

Instalación de cociñas da serie KNOXHULT

Tarifa do servizo:

  • Desde 69€/metro lineal (en todo o territorio peninsular) 

Outros servizos de cociñas

  • Desmontaxe e retirada de cociñas: 55€/ml (servizo adicional dispoñible contratando a instalación de cociñas) 
  • Desmontaxe de cociñas: 30€/ml (servizo adicional  dispoñible contratando a instalación de cociñas)
  • Instalación de electrodomésticos IKEA: 25€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)
  • Instalación de electrodomésticos IKEA con paneis: 40€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)
  • Retirada de electrodomésticos: 0€/unidade (servizo gratuíto coa compra e o transporte dun novo)
  • Instalación de mesados*: 40€/ml (é necesaria a medición previa, que custa 25€) (Excepto mesados de pedra)

Instalación de electrodomésticos

O servizo inclúe o seguinte:

Instalación, posta a punto e información ao cliente sobre o electrodoméstico IKEA.

Prezo:

  • Instalación de electrodomésticos IKEA: 25€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)
  • Instalación de electrodomésticos IKEA con paneis: 40€/unidade (servizo incluído contratando a instalación de cociñas)

 

Contratación:

Consúltao na túa tenda IKEA, a través dos puntos de información da sección de cociñas, ou chamando ao 900 400 922.


Instalación de baño completo

O servizo inclúe o seguinte:

  • Montaxe de todos os mobles de baño.
  • Conexión do sifón IKEA á parede.
  • Conexión das billas IKEA ás saídas de auga.
  • Instalación de espellos, lámpadas e accesorios de baño IKEA.
  • Instalación de mesados de baño.
  • Retirada de toda a embalaxe.

Prezo

Prezo do servizo: 69€


Contratación

Consúltao na túa tenda IKEA, a través dos puntos de información da sección de baños. Nestes momentos, este servizo só pode contratarse en tenda ou por vía telefónica, chamando ao 900 400 922.

Outros servizos de baños

  • Instalación de billas: 30€/unidade (servizo dispoñible contratando a instalación de baños)
  • Desmontaxe e retirada de baños: 59€/unidade
  • Servizo de reformas

Servizo de reforma de baños

Se o que precisas é facer unha pequena reforma (instalar un inodoro ou un biombo, ou cambiar a bañeira por unha ducha) ou unha reforma integral, tamén ofrecemos este servizo para que deixes o teu baño a punto:

Máis información

Instalación no teito ou na parede

O servizo inclúe o seguinte:

Podemos instalar os mobles na parede ou no teito salvo que prefiras facelo pola túa conta. O servizo de instalación inclúe andeis, estantes, repisas, vitrinas, lámpadas, focos, apliques, cadros, espellos, reloxos, barras de cortina, cortinas finas, estores, persianas, etc.

Contratación

Na túa tenda IKEA, por teléfono chamando ao 900 400 922 ou a través da plataforma TaskRabbit

Instalación do sistema de portas corredizas SKYTTA

Se prefires contar con axuda profesional para a instalación*, contámosche as características do servizo:

  • Montaxe de paneis e portas
  • Fixación ao teito 
  • Instalación de guías inferiores e guías de conexión
  • Modificación de portas en altura se fose necesario.

* O prezo das instalacións calcúlase por metro lineal.

O servizo de medición é obrigatorio en todas as instalacións, e devolverase o importe no caso de contratar a instalación. Posteriormente, pódese contratar un servizo de instalación básica ou completa en función da necesidade de adaptar as portas.

No caso de que se necesite a montaxe dun armario, deberase contratar de xeito adicional o servizo de montaxe. 

Contratación

Nestes momentos, este servizo só pode contratarse en tenda ou a través do servizo de venda telefónica, chamando ao 900 400 922.

* O prezo deste servizo varía en función da tenda IKEA en que se contrate. Consúltao na web local de cada tenda IKEA ou nos puntos de información da sección de dormitorios da túa tenda IKEA.

Servizo Prezo Descrición
Servizo de medición (obrigatorio)40€/servizo (descontarase o importe en caso de contratar a instalación)Medición completa: ángulos, superficie, etc.
Instalación básica90€/metro linealInstalación a teito e chan. Non require adaptación das portas.
Instalación completa110€/metro linealInstalación a teito e chan. Require adaptación das portas.