Os nosos servizos
E, agora, sen saír da casa...
Venda telefónica
Merca sen moverte do sofá, a cama ou o teu recuncho favorito! Chama ao 900 400 922. O noso equipo asesorarache de principio a fin para crear o teu pedido.
O noso horario é de 8:00 a 22:00, de luns a sábados non festivos, e de 10:00 a 20:00 os domingos e festivos.
Planificación e asesoramento
Os nosos expertos están á túa disposición para axudarche a deseñar a solución que buscas. Elixe o servizo que máis se adapte ás túas necesidades e pide cita. Podes facelo dende a comodidade do teu fogar mediante videoconferencia ou acudir á túa tenda IKEA máis próxima. Ti elixes!
Montaxe de mobles
Non sabes nin por onde empezar? Non te preocupes: sabemos que hai ocasións nas que un pouquiño de axuda non vén mal. Engade o servizo de montaxe dos teus mobles IKEA desde o carriño da compra.
Publicidade: (*). Financiamento a través da tarxeta IKEA VISA, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U, e suxeito á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Consulta as características da túa tarxeta con pagamento aprazado (revolving) aquí: www.caixabankpc.com/es/productos