Provedores

Establecer boas relacións

Queremos que todo o mundo estea contento cos produtos que vendemos, así que coidamos a relación directa cos nosos provedores, e as indirectas tamén. A cantidade de persoas que traballan para empresas que subministran directamente a IKEA en todo o mundo ascende a 600.000, e queremos asegurarnos de que todas reciben un bo trato.

Por iso no ano 2000 lanzamos IWAY, o noso código de conduta para provedores. Os nosos provedores son os responsables de comunicar o estándar IWAY aos seus subprovedores, e nós axudámolos a facelo. Todos os provedores deben cumprir os requisitos de IWAY; no caso contrario, interrompemos a nosa colaboración.

Es provedor/Acredor de IKEA? Isto interésache.

 Nesta páxina poderás encontrar información relevante para o pagamento das túas facturas como provedor de IKEA: 

Para calquera dúbida, podes contactar con atención de provedores:

- por teléfono: no 91 037 64 92 de luns a venres de 8:00 a 16:00 h. 
- por correo electrónico: ap.bsc.es@ikea.com 

Para ser atendido dunha forma rápida e eficaz, por favor, prepara o CIF da túa empresa e a tenda IKEA á que te dirixes antes de contactar connosco.
 

Requisitos e envío de factura

Selecciona a compañía IKEA coa que traballas para coñecer as condicións de facturación:

Exemplos de facturas:

Condicións de pagamento

Recorda que o pagamento se realizará por transferencia bancaria a 30 días da data factura, sempre e cando recibamos a factura dentro dos 5 días posteriores á súa emisión e a recepción do ben, ou a prestación do servizo estea confirmada.

Es provedor de construción ou de real estate? Isto interésache.

Nesta páxina poderás encontrar información relevante para o pagamento das túas facturas como provedor de construción ou de real estate.

Para contactar connosco:

- Teléfono: 91 037 87 69

Requisitos de factura

Para poder tramitar as túas facturas, estas deben ser orixinais selados, cumprir coa lei de facturación vixente e ademais deben conter a seguinte información:

- Referencia da unidade ou tenda que contratou cada ben ou servizo (ver apartado de datos fiscais e enderezos).
- Persoa de contacto de IKEA para cada ben ou servizo contratado.
- Os datos fiscais de IKEA correspondentes a esa unidade ou tenda (ver apartado de datos fiscais e enderezos).
- Certificacións.
- ATS ou pedido que apoia a factura.
- Cost Group ou CG (facilitado previamente por IKEA).
- Vencemento.


Condicións de pagamento

Como provedor de IKEA, tes a vantaxe de recibir o pagamento das túas facturas mediante transferencia bancaria a 30 días dende a súa emisión (salvo acordos específicos de maior prazo). Para poder ser quen de cumprir con este compromiso, necesitamos os seguintes datos da túa empresa:

- os teus datos fiscais (razón social, enderezo e CIF).
- os teus datos de contacto onde te informaremos dos pagamentos realizados (teléfono, fax e correo electrónico).
- os teus datos bancarios (nome do banco e enderezo, titular da conta, nº de IBAN e swift code ).

Esta información é obrigatoria, en caso de non estar completa, non ser válida ou atraso no envío da factura orixinal, non se poderá garantir o pagamento no prazo previsto sen que iso constitúa, nin poida ser considerado, atraso ningún no pagamento.

A nosa forma de facer negocio: política anticorrupción

Aprobamos unha nova política de anticorrupción. Temos a ambición de levar a cabo o noso negocio dunha forma honesta, aberta e ética. Esta expectativa tamén a comparten os nosos clientes, provedores e a sociedade en xeral. Temos tolerancia cero con calquera tipo de corrupción porque contradí o obxecto de facer negocio, ademais prexudica a confianza que os nosos colaboradores, provedores, clientes e grupos de interese teñen en IKEA.

Por todo iso, en IKEA pedímosvos a vós, como provedores nosos, que informedes a IKEA sobre calquera intento ou petición dos/das colaboradores/as de IKEA de obter ou ofrecer beneficios inapropiados.

Para maior claridade, a través da carta "Anti-corruption letter" que todos os provedores deben asinar, informámosvos dalgunhas situacións que, como provedor de IKEA, debes evitar, en relación con empregados de IKEA ou membros da súa familia.

A nosa forma de facer negocio: código de conduta IWAY para provedores

 

En IKEA recoñecemos que a nosa actividade ten un impacto sobre as persoas e o planeta. En particular, sobre as condicións laborais e o medio ambiente, tanto no plano local coma global. 

Porén, cremos firmemente que é posible ter éxito nos negocios e ser, ao mesmo tempo, unha boa empresa. É un requisito previo imprescindible para o noso crecemento futuro e soamente poderá ser alcanzado xunto a provedores que compartan a nosa visión (crear un mellor día a día para a maioría das persoas), así como os compromisos que adquirimos na nosa estratexia de sostibilidade "People and Planet Positive". 

Valores como a confianza, a integridade e a honestidade representan os fundamentos do código de conduta IWAY para provedores "O xeito IKEA de comprar produtos, materiais e servizos". Un código que, como sabes, recolle os requirimentos mínimos que che pedimos no referente a medio ambiente, condicións sociais e laborais, incluída a tolerancia cero ao traballo infantil. Sobre estas bases establecemos as nosas relacións con provedores coma ti, que nos axudarán a medrar grazas ao respecto continuo destes valores. 

Dende o 1 de setembro do 2013 está en vigor, e polo tanto é de obrigado cumprimento, o código de conduta IWAY, edición 5.1. Accede aquí á última versión (en inglés e español), así como o documento "The IKEA Way on Preventing Child Labour".

GLOBAL SUPPLIER PORTAL - para provedores de produtos IKEA, consulta a información na páxina global de provedores.