Saltar

Provedores

Establecer boas relacións

Queremos que todo o mundo estea contento cos produtos que vendemos, así que coidamos a relación directa cos nosos provedores, e a indirecta tamén. A cantidade de persoas que traballan para empresas que subministran directamente a IKEA en todo o mundo ascende a 600 000, e queremos asegurarnos de que todas reciban un bo trato.

Por iso, no ano 2000 lanzamos IWAY, o noso código de conduta para provedores. Os nosos provedores son os responsables de comunicar o estándar IWAY aos seus subprovedores, e nós axudámoslles a facelo. Todos os provedores deben cumprir os requisitos de IWAY; no caso contrario, interrompemos a nosa colaboración.

A nosa forma de facer negocio: código de conduta IWAY para provedores

En IKEA, recoñecemos que a nosa actividade ten un impacto sobre as persoas e o planeta. En particular, sobre as condicións laborais e o medio ambiente, tanto no plano local coma no global. 

Porén, cremos firmemente que é posible ter éxito nos negocios e ser, ao mesmo tempo, unha boa empresa. É un requisito previo imprescindible para o noso crecemento futuro e só poderá acadarse xunto a provedores que compartan a nosa visión (crear un mellor día a día para a maioría das persoas), así como cos compromisos que adquirimos na nosa estratexia de sostibilidade "People and Planet Positive". 

Valores como a confianza, a integridade e a honestidade representan os fundamentos do código de conduta IWAY para provedores "O xeito IKEA de mercar produtos, materiais e servizos". Un código que, como sabes, recolle os requirimentos mínimos que che pedimos no referente a medio ambiente e condicións sociais e laborais, incluída a tolerancia cero ao traballo infantil. Sobre estas bases establecemos as nosas relacións con provedores coma ti, que nos axudarán a medrar grazas ao respecto continuo destes valores. 

A nosa forma de facer negocios: canle de denuncias

En Ingka, temos a ambición de levar a cabo o noso negocio dunha forma honesta, aberta e ética. Esta expectativa tamén a comparten os nosos clientes, os nosos provedores e a sociedade en xeral. Temos tolerancia cero con calquera tipo de corrupción porque vai en contra do obxecto de facer negocio e prexudica a confianza que os/as nosos/as colaboradores/as, provedores, clientes e grupos de interese teñen en IKEA.

Segundo o establecido na directiva da UE sobre protección do denunciante, os provedores, os subcontratistas e os contratistas externos poden denunciar, de xeito anónimo, calquera vulneración de dereitos ou da normativa que detecten no marco da relación contractual con IKEA. A título informativo, pero non limitativo, pedímosvos que nos informedes sobre calquera conduta en relación co seguinte:

  • Obter ou ofrecer beneficios desapropiados.
  • Obter ou ofrecer mostras de hospitalidade, agás as que teñan un valor simbólico non comercial.
  • Obter ou ofrecer cartos en efectivo
  • Obter ou ofrecer servizos persoais en condicións melloradas respecto ás que se lles ofrecen a outras persoas ou á empresa.
  • Obter ou ofrecer préstamos ou garantías de calquera outro tipo, directa ou indirectamente, mesmo a título persoal.
  • Obter ou ofrecer agasallos ou entretementos (por exemplo, agasallos de Nadal).
  • Contratar membros da familia de empregados de IKEA en postos nos que se poida xerar un conflito de intereses.
  • Ningún empregado de IKEA poderá ofrecer, conceder, solicitar nin aceptar agasallos nin compensacións en metálico ou en especie, sexa cal for a súa natureza.

Podes informar sobre calquera outra vulneración de dereitos ou da normativa que che preocupe.

Onde podo denunciar? Podes acceder á nosa plataforma de canle de denuncia dende a seguinte ligazón (permite denuncias anónimas)

Así mesmo, facilitámosche un correo electrónico que poderás empregar de xeito alternativo:

[email protected]

A confianza e a honestidade son a pedra angular do noso negocio; porén, reservámonos o dereito a investigar calquera indicio de corrupción.

Calquera acto que contraveña o contido ou o obxectivo deste documento pode resultar no cesamento da relación comercial e derivar nas responsabilidades legais correspondentes.

GLOBAL SUPPLIER PORTAL — No caso dos provedores de produtos IKEA, consulta a información na páxina global de provedores.