Promocións falsas
Gustaríanos informarche de que, a miúdo, circulan en aplicacións, redes sociais e correos electrónicos accións ou promocións fraudulentas que utilizan a nosa marca, mais non están xestionadas por IKEA.
Trátase de estafas que buscan, na maioría dos casos, recoller tantos datos persoais como sexa posible, polo que te instamos a que non participes nestas accións e a que, por suposto, non as compartas cos teus contactos. Recomendámosche que nunca compartas con ninguén información persoal nin confidencial, como datos bancarios, que che poidan solicitar por medios electrónicos ou por teléfono. Evita tamén abrir arquivos adxuntos de correo electrónico se o remitente non é seguro.
IKEA non realiza chamadas nas que ofrece servizos gratuítos de limpeza de colchóns nin cede datos dos seus clientes a empresas externas para ese fin.
IKEA Ibérica recomenda que os clientes que desexen denunciar prácticas fraudulentas que recibisen por medios electrónicos o fagan no formulario do sitio web do INCIBE: https://www.incibe-cert.es/notificaciones. Tamén podes poñerte en contacto co servizo de atención ao cliente de IKEA e enviarnos a ligazón orixinal da páxina do concurso ou oferta, ou mesmo unha captura de pantalla, e, se é posible, o correo electrónico orixinal que recibiches. Formulario de contacto co CSC.
Na web de INCIBE poderás atopar guías para axudarte a ter unha compra segura en Internet. Tamén dispós dun teléfono onde consultar incidencias de ciberseguridade: 017.
Cales son as pistas para identificar un correo electrónico, SMS ou mensaxe fraudulentos?
A mensaxe invítache a participar nun sorteo ou anuncia directamente que gañaches, por exemplo, un vale de 500 euros.
A mensaxe contén erros ortográficos e emprega vocabulario inhabitual.
A dirección do sitio web non comeza con http://www.IKEA.com
Cóidate dos correos electrónicos con asuntos inquietantes como “A súa conta está bloqueada” ou “Produciuse un intento de inicio de sesión non autorizado”. A maioría das veces, son falsos.
Cales son as canles dixitais oficiais de IKEA?
Sitios web de IKEA: https://www.ikea.com
Facebook
Instagram
Pinterest
Youtube
Exemplos de accións fraudulentas
Sorteos falsos:
SMS suplantando a identidade de IKEA: