Preguntas frecuentes e solución de problemas sobre SYMFONISK
Altofalante wifi ou altofalante Bluetooth?
- Os altofalantes SYMFONISK precisan unha conexión wifi, mentres que os altofalantes VAPPEBY usan a función Bluetooth para conectarse co teu dispositivo de música.
- Os altofalantes VAPPEBY son a mellor opción se non tes unha conexión wifi na casa.
- Os altofalantes SYMFONISK son ideais se queres reproducir a mesma música ou diferentes cancións en varios cuartos ao mesmo tempo.
- Os altofalantes VAPPEBY son unha fantástica solución para levar a música contigo á praia ou ao parque.
Como resolver problemas habituais coa conexión wifi?
- Comproba que o teu iPhone ou iPad estea conectado á mesma rede wifi que o altofalante.
- Proba a reiniciar o teu router wifi.
- A túa conexión wifi vai lenta, é inestable ou non chega a todos os cuartos nos que queres gozar de SYMFONISK?
- Proba a conectar un dos teus altofalantes SYMFONISK ao teu router co cable de Ethernet incluído.
- O altofalante con cable SYMFONISK creará a súa propia rede wifi para o teu sistema Sonos.
Segues tendo problemas? Contacta con IKEA.com/support.
Que é Sonos?
Sonos é o sistema sen fíos de son na casa que chega a tantos cuartos como queiras e ofrece un son excelente para oír música ou para ver unha película ou a televisión. A transmisión realízase a través dunha conexión wifi. Reproduce os teus sons onde queiras e dálle forza a cada intre cun son intenso e vibrante.
Como conectar un altofalante cun teléfono?
Só tes que descargar a aplicación Sonos e seguir as instrucións. Coloca o teu altofalante onde queiras. Enchúfao. Abre a aplicación. Conectarase á túa rede wifi e xa poderás premer o botón de reproducir. Serve para toda a familia e os seus dispositivos (móbiles, tabletas e ordenadores). Xa está todo preparado para configurar Sonos e empezar a escoitar música. Cando teñas amizades de visita, tamén poderán descargar a aplicación e reproducir as súas listas. A aplicación Sonos axudarache a buscar rapidamente en todos os teus servizos e a atopar a túa música favorita, enviala a varios cuartos e axustar o volume ou outros parámetros. Non fai falla que esteas no mesmo cuarto. Ademais, se as túas amizades teñen a aplicación Sonos, poderán facer o mesmo.
Podo conectar o altofalante SYMFONISK ao meu sistema Sonos na casa?
Si, poderás conectar SYMFONISK ao teu sistema Sonos na casa.
Cal é a diferenza entre os altofalantes Bluetooth e os altofalantes wifi?
As diferenzas nótanse cando soa o teléfono ou a persoa que puxo a música ten que marchar. Con SYMFONISK, as cancións transmítense a través da túa rede wifi (non do teu teléfono), polo que non se producen as perdas de sinal, os atrasos nin as interrupcións asociadas á función Bluetooth.
Debo ter conectado o meu altofalante cun cable? (Por que hai un porto Ethernet no altofalante?)
Cos portos Ethernet, poderás conectar Sonos directamente ao teu router. Se a túa rede wifi non é estable ou non chega a todas as áreas onde queres usar Sonos, poderás crear automaticamente unha rede sen fíos para Sonos conectando un produto Sonos ao teu router cun cable Ethernet.
Cando saia da casa, deixará de soar a música automaticamente?
Non, non deixará de soar porque o sistema non depende dun só teléfono ou dispositivo.
Cantos teléfonos podo conectar a un altofalante ao mesmo tempo?
Un teléfono non se conecta a un único altofalante, senón ao sistema. Son varios os dispositivos que poden controlar o sistema simultaneamente.
Cantos altofalantes podo conectar a un sistema de xeito simultáneo?
Nunha rede axeitada, poden funcionar ben normalmente uns 30 altofalantes. O son non se limita soamente a un cuarto. O verdadeiro potencial dun sistema Sonos apréciase ao engadir máis altofalantes. Agora poderás controlar música distinta en varios cuartos ou agrupar todos os teus altofalantes para cada cuarto ao mesmo tempo. Posto que todo funciona á vez sen fíos, é doado escoitar música en toda a casa, cuarto por cuarto.
Podo utilizar SYMFONISK como altofalante portátil?
Non, non se pode usar ao aire libre porque o altofalante precisa electricidade, aínda que poderás movelo por toda a casa, xa que se volverá conectar automaticamente ao sistema cando teña corrente.
O altofalante conta con clasificación IP? Pódese usar no baño?
Non, non conta con clasificación IP. Non recomendamos o uso dos nosos altofalantes no baño.
Podo usar o altofalante andel como estante? Canto peso podo poñerlle enriba?
Si, o altofalante soporta ata 3 kg.
Pode conectarse un altofalante SYMFONISK a un televisor, portátil ou proxector?
SYMFONISK non pode conectarse directamente ao televisor, xa que non ten portos de saída. Non obstante, pódense utilizar como altofalantes traseiros nun sistema de cine en casa Sonos.
Parará a música se apago o dispositivo onde está instalada a aplicación Sonos?
Só se a música que está a soar está gardada no dispositivo que apagues. Os teléfonos móbiles, as tabletas e os ordenadores poden controlar Sonos a través da aplicación. Estes dispositivos tamén poden almacenar música para que Sonos a reproduza. A música parará se apagas un dispositivo que teña gardada a música que Sonos está a reproducir. Non obstante, se controlas Sonos dende o teu teléfono e pos música de Internet ou dende o ordenador, a música non parará cando apagues o teléfono. É como afastar o mando da tele mentres está acendida.
Podo usar o altofalante Sonos se conexión a Internet ou sen router?
Non. Sonos precisa unha conexión a Internet de banda ancha e un router.
Como podo escoitar a miña biblioteca e as miñas listas de reprodución con Sonos?
Na aplicación Sonos, verás a opción do menú principal "Este dispositivo". Aí atoparás os arquivos de música e listas de reprodución gardados no teu dispositivo móbil.
Parará a música se pecho a aplicación Sonos?
Non. Os discos, listas de reprodución ou emisoras de radio que esteas a escoitar seguirán a soar aínda que a aplicación estea pechada.
Que servizos de música funcionan con Sonos?
Vai á páxina Servizos de música en Sonos.com para consultar os servizos de música dispoñibles en Sonos na túa zona.
Pode controlarse por voz ou funcionar con outros controis por voz, como Google Home ou Amazon Alexa?
Non se integrou ningunha funcionalidade de voz, pero poderás controlar o sistema Sonos con Amazon Alexa (cando o utilices con algún dos dispositivos de Amazon como Echo ou Dot) e Google Home (ao usar un dos seus dispositivos). Ademais, se Sonos permite integrar outros servizos, poderás usalos.
A aplicación que controla o son tamén controla as luces?
No caso de SYMFONISK, a aplicación Sonos controlará o son. Poderás controlar as luces coa aplicación IKEA Home smart ou manualmente.
A aplicación IKEA Home smart permitirache tamén conectar certa música aos "ambientes" (é dicir, poderás axustar a música, a posición do estor e a luz para un ambiente determinado).
Como reinicio o meu SYMFONISK?
Se reinicias todos os produtos do teu sistema, eliminarás permanentemente os datos que se atopen neste. Non se pode reiniciar.
- Desenchufa o cable de alimentación.
- Mantén premido o botón de reproducir/pausa mentres volves enchufalo.
- Sigue premendo o botón ata que apareza unha luz laranxa e banca tremelucente.
- A luz tremelucirá en verde cando o proceso finalice e o produto estea listo para configurarse.
Tes algunha outra pregunta sobre o sistema Sonos de son na casa?