Saltar

Opcións de pagamento

En IKEA, podes pagar de xeito seguro con calquera dos nosos métodos de pagamento. Podes elixir varias opcións:

Tenda física | En liña | Tarxeta agasallo | Tarxeta devolución | Financiamento para particulares | Financiamento para empresas

Compras na tenda física 

Aceptamos a maioría das tarxetas de crédito/débito1 (Visa, Mastercard, American Express ou 4B) e aplicacións móbiles como Apple Pay ou Google Pay.

Tamén podes pagar en efectivo2, con tarxeta agasallo, tarxeta devolución** ou cheque conformado.

1 Non é posible realizar o pagamento con dúas ou máis tarxetas de crédito/medios de pagamento, agás coas tarxetas agasallo ou devolución.

2 Os pagamentos en efectivo no poderán ser iguais nin superiores a 1000€, de acordo coa Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal.

Compras en liña e por teléfono

Aceptamos os seguintes métodos de pagamento:

  • Tarxeta de crédito ou débito (Visa, MasterCard ou American Express). 

  • PayPal

  • Bizum

  • Apple Pay, no caso dos dispositivos con sistema iOS.

  • Google Pay, no caso dos dispositivos Android.
  • Tarxeta agasallo e devolución (válidas para pagamentos inferiores a 1000€)*

  • Compra fraccionada ata en 24 meses (TAE: 0%)1. Velaquí as condicións de financiamento.

  • Transferencia bancaria para clientes particulares a través de Trustly (para pedidos cun prazo de entrega superior a cinco días)

Velaquí todas as opcións de financiamento

Financiamento para particulares

Goza do fogar que mereces e págao pouco a pouco* coas nosas opcións de financiamento. 

Velaquí todas as opcións de financiamento
Calcula a túa cota mensual

Financiamento para o teu negocio (TAE: 0%)

Coas nosas condicións especiais de financiamento sen xuros (TAE: 0%)(3) para empresas, poderás resolver todas as túas necesidades de mobiliario e accesorios de forma flexible.

  • Financia a compra de mobles para a túa empresa
  • Compras ata 10 000€
  • Paga a prazos de 3, 6 ou 10 meses
  • O teu préstamo, en cotas mensuais sen xuros TAE: 0%(3)

 

Únete á Rede.

Consulta condicións

Calcula a túa cota mensual

Tarxeta agasallo e devolución

  • Non teñen caducidade
  • Podes utilizalas de forma fraccionada segundo sexa necesario.
  • Válida en todas as tendas de España, agás nas tendas das illas (Baleares e Canarias), Ceuta e Melilla. Tamén podes trocalas noutros países.
  • Podes elixir se a queres en formato físico ou dixital.
  • Ao considerarse diñeiro en efectivo, non se poderán utilizar en compras cun importe igual ou superior a 1000€, de acordo coa Lei 11/2021 contra a fraude fiscal.

 

Se cando insires os datos da tarxeta agasallo ou devolución retrocedes ou hai un erro na web, por seguridade, o saldo da tarxeta bloquearase durante 24 horas. Unha vez pasado este tempo, poderase utilizar con normalidade.

En caso de extravío de calquera das tarxetas, non se poderá emitir unha nova, xa que non son nominativas.

Tes algunha pregunta?

Insire unha ou varias palabras na barra de busca para consultar as nosas preguntas frecuentes.

  • Se desexas información sobre os nosos produtos, utiliza o buscador da parte superior da web.
  • Se desexas consultar o estado do teu pedido, fai clic aquí

PUBLICIDADE

1. Financiamento a través da tarxeta IKEA Visa, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S. A. Obtén máis información sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: www.caixabankpc.com/es/productos.Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses para compras realizadas en tendas IKEA do territorio peninsular e na tenda en liña (IKEA.es), agás a tenda IKEA Asturias. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 500€ e 720€ para 12, 18, 24 e 36 meses, respectivamente, e de 960€ para 48, 60 e 72 meses. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN: 0%; TAE: 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 3000€. TXN: 4,89%; TAE: 5%. 35 cotas de 89,76€. Última cota de 89,97€. Importe total debido e prezo total a prazos: 3231,57€. Custo total do crédito (xuros): 231,57€.Sistema de amortización francés.

2. Préstamo ofrecido pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeito á súa autorización. Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18 e 24 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE: 0%), e en 36, 48, 60 e 72 meses. Importe mínimo: 60€. Importe máximo: 9000€. TXN: 0%; TAE: 0%. Exemplo representativo nunha compra financiada en tres meses de 1000€ (importe total do crédito). Dúas cotas de 333,33€. Última cota: 333,34€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1000€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Exemplo representativo nunha compra financiada en 36 meses de 1000€ (importe total do crédito). TXN: 4,84%; TAE: 5%. 35 cotas de 29,92€. Última cota de 29,97€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1077,17€. Custo total do crédito (xuros): 77,17€.Sistema de amortización francés.

3. Exemplo de Financiamento de 1000€. Prezo ao contado: 1000€. Prazo de 10 meses, 1 cota de 104,80€ e 9 cotas de 104,64€. Tipo debedor do 10%; TAE: 10,51% (A TAE, así como a primeira cota, poderá variar lixeiramente segundo o día da sinatura do contrato e a data de pagamento das cotas). Xuros: 46,56€; Importe Total do Crédito: 1000€; Custo Total do Crédito: 46,56€; Importe Total Debido: 1046,56€; Prezo Total a Prazos: 1046,56€. Con data de contratación o 02/10/2024, e do primeiro pagamento, o 02/11/2024. Oferta válida ata o 31/03/2025. Sistema de amortización francés. Financiamento