Saltar

Manifestación de inquietudes ou mala conduta

No Grupo Ingka, promovemos unha cultura de confianza e comunicación aberta, e non toleramos malas condutas de ningún tipo. Para nós, é importante dar a talla no tocante aos nosos compromisos e cumprir coa lexislación correspondente.

Se, malia os nosos esforzos, presencias unha situación grave de mala conduta ou se a vives nas túas propias carnes (como o incumprimento das leis ou normativas da UE) no ambiente de traballo, por parte de colaboradores/as do Grupo Ingka, animámoste a manifestar as túas inquietudes e a que nos informes ao respecto.

Manifestar inquietudes ao Grupo Ingka

Animámoste a que, se a situación o permite, manifestes as túas inquietudes ao/á colaborador/a do Grupo Ingka implicado/a. Tamén podes facelo a través do representante local de People and Culture ou Business Risk & Compliance do Grupo Ingka. Somos conscientes de que isto non sempre é posible ou apropiado. Por iso, nesas situacións excepcionais, podes manifestar as túas inquietudes a través da Trust Line do Grupo Ingka. Queremos transmitirche a seguridade de que podes manifestar as túas inquietudes se tes razóns para sospeitar, ou se sabes con certeza, que se produciu unha infracción das leis e normativas en vigor da UE no Grupo Ingka. Ao manifestar as túas inquietudes xenuínas ao Grupo Ingka, protexémoste ante calquera posible represalia.

Diferentes canais para manifestar inquietudes ou presentar reclamacións

 

Clientes

Es un cliente e gustaríache presentar unha reclamación sobre os nosos produtos ou servizos? Visita o sitio web de IKEA e contacta cos servizos de atención ao cliente do teu país.

Ten en conta que as solicitudes e as reclamacións dos clientes non se xestionarán a través da Trust Line do Grupo Ingka.

Inter IKEA Group

Se queres manifestar unha inquietude relacionada co noso franquiador ou outro franquiador de IKEA (que non forme parte do Grupo Ingka), visita https://www.inter.ikea.com/en/how-we-do-business/ethics-and-integrity ou a páxina web do franquiador de IKEA en cuestión.

Fundación IKEA

Se queres manifestar unha inquietude relacionada coa Fundación IKEA ou as contribucións que leva a cabo, visita ikea.foundation.org.

Colaboradores/as

Es colaborador/a do Grupo Ingka? Visita a Trust Line de Ingka Inside.

Ten en conta que non se trata dun servizo de emerxencia. Non o empregues para denunciar sucesos que poñan en risco a vida ou a propiedade. É posible que as inquietudes expostas a través deste servizo non reciban unha resposta inmediata. Se precisas de atención urxente, contacta coas autoridades locais.

Manifestación de inquietudes ao Grupo Ingka