Sobre IKEA
Que é o Grupo IKEA?
Somos unha empresa con valores e paixón pola vida no fogar.Creamos cada un dos produtos coa intención de mellorar os fogares. O Grupo IKEA conta con 315 tendas en 27 países.
Podo distribuír produtos IKEA?
A experiencia IKEA é algo máis que os seus produtos, é un concepto de venda retallista. Para que o concepto funcione, é necesario ter todos os aspectos baixo control. Por iso, os produtos IKEA só se comercializan en tendas IKEA baixo franquía por Inter IKEA Systems B.V.Como podo converterme en franquía?
Os produtos IKEA só se comercializan en tendas que operan co sistema de tendas IKEA, baixo franquía por Inter IKEA Systems B.V. dos Países Baixos. Inter IKEA Systems B.V. concede as franquías como parte dun detallado plan de expansión. Os solicitantes investíganse e avalíanse con detemento, e as franquías só se conceden a empresas e/ou individuos cun sólido respaldo financeiro e unha experiencia demostrada en venda retallista.Cal é a idea de negocio de IKEA?
A idea de negocio de IKEA é "ofrecer unha ampla gama de produtos para o fogar, funcionais, de bo deseño e a prezos alcanzables para a maioría das persoas".Como busco ofertas de emprego en IKEA?
Se es unha persoa extravertida, dedicada, comprometida coa atención ao cliente e tes interese en traballar dentro dun equipo, ponte en contacto coa tenda IKEA máis próxima para consultar os postos vacantes. Tamén é posible ver os postos vacantes na túa tenda local na sección de traballo do noso sitio web.Como trata IKEA os problemas medioambientais?
Traballamos para crear un mellor día a día para a maioría das persoas. Isto inclúe facer todo o que poidamos para crear un mundo no que se coide mellor o medio ambiente.Onde se fabrican os produtos IKEA?
IKEA conta con máis de 1200 provedores de mobles en todo o mundo, así como 100 provedores de produtos alimenticios e 275 provedores de servizos de transporte. Os cinco países que subministran a maioría dos produtos e servizos a IKEA son China, Polonia, Italia, Alemaña e Suecia. O perfil da nosa gama ben deseñada e de alta calidade é claramente sueco/escandinavo. O baixo prezo está literalmente incluído na produción e os paquetes planos facilitan unha distribución racional, o autoservizo e que os poidas levar inmediatamente.