IKEA Family
Que é IKEA Family?
IKEA Family é o club de fidelidade de IKEA, co que poderás gozar de inspiración, eventos exclusivos e vantaxes nas nosas empresas colaboradoras, así como das ofertas máis axeitadas para ti.IKEA Family é o club para amantes do mundo IKEA, e coa nosa tarxeta para socios e socias poderás gozar de moitas vantaxes, ideas e descontos cada vez que veñas de visita.
Só por ser de IKEA Family gozarás do seguinte:
- Descontos exclusivos para socios e socias. Un agasallo de aniversario exclusivo para socios e socias.
- Comproba o teu correo electrónico aquí. Seminarios, obradoiros e eventos exclusivos para socios e socias na túa tenda.
- Ofertas deliciosas no noso restaurante, bistró e Tenda Sueca.
- Todas as nosas ofertas, ideas e novidades no teu correo. Para recibilas, asegúrate de ter o teu correo electrónico actualizado aquí.
- Máis beneficios grazas aos nosos acordos con empresas colaboradoras.
- A túa tarxeta IKEA Family, sempre contigo do xeito máis cómodo; descárgaa no teu móbil, en Passbook ou na túa aplicación IKEA.
Ser do club IKEA Family é moi doado. Só tes que darte de alta na páxina web de IKEA. É doado e instantáneo!
Unirte ao club IKEA Family é moi sinxelo. Rexístrate na pestana IKEA Family da nosa páxina web, e pasarás a formar parte desta familia sueca nun instante.
Darse de alta non ten ningún custo. Ademais, coa túa tarxeta de socio ou socia podes aproveitar moitas vantaxes, inspiración e descontos cada vez que nos visites.
IKEA Family é o club para amantes do mundo IKEA. Dámosche a benvida!
Para ter todas as vantaxes de IKEA Family ao alcance da túa man, podes utilizar unha tarxeta física ou a dixital que atoparás na área para socios e socias da nosa páxina web e na aplicación IKEA.
Na túa área para socios e socias da páxina web ou aplicación de IKEA, atoparás unha tarxeta dixital que cumpre a mesma función que a tarxeta física e que terás sempre á man para utilizala en todas as túas compras.
Dende IKEA, estamos tentando reducir cada vez máis o uso de plásticos e, por iso, deixamos de emitir tarxetas físicas para os clientes que se unen á nosa gran "Family" sueca; as vantaxes seguen a ser as mesmas, así que agora, ademais de ter os mellores descontos, tamén coidarás o planeta.
Lembra que só podes utilizar a tarxeta IKEA Family para aplicar descontos e as demais vantaxes no país onde a solicitaches.
Queres recordar todas as vantaxes do club IKEA Family? Bota unha ollada por aquí.
Non te preocupes. Na tarxeta non está rexistrado ningún dos teus datos persoais, pero se a perdes, contámosche todas as opcións que tes para conseguir outra:
Poderás recuperar a túa tarxeta IKEA Family dende a túa área para socios e socias de IKEA Family na nosa web, dende os quioscos dixitais nas nosas tendas IKEA ou mediante os/as nosos/as colaboradores/as de atención ao cliente. Máis información aquí.
Podes facelo sen complicacións ao acceder á túa Área IKEA Family.
Accede a IKEA Family e fai clic na ligazón "Esqueciches o teu contrasinal?". Insire o correo electrónico cuxo contrasinal queres cambiar.
Se esqueciches o correo electrónico asociado á túa conta e non podes iniciar sesión no panel, deberás facer unha petición de consulta ou rectificación de datos Family a través do seguinte formulario.
Se queres deixar de recibir as nosas comunicacións, só tes que entrar na túa área de socio ou socia, e desmarcar as vías de comunicación que desexes.
Podes escoller deixar de recibir SMS ou correos publicitarios de IKEA dende a túa área de IKEA Family se desmarcas as vías de comunicación que estean marcadas. Se o prefires, podes encher o seguinte formulario para solicitar o dereito de oposición.
Pola contra, se o que queres é abandonar IKEA Family, eliminar o teu perfil ou calquera outro dato que IKEA teña sobre ti, cubre o formulario de dereitos da web que podes atopar na seguinte ligazón, e solicita o dereito de supresión.
IKEA Family é o club de fidelidade pensado para todas as persoas que gozan da vida no fogar e valoran IKEA. Unirse é gratis, e os socios e as socias teñen acceso ao mellor de IKEA e a un amplo abano de ofertas.
IKEA Family ofréceche descontos nunha selección mensual de produtos IKEA. Gozarás de apetitosas ofertas no noso restaurante, bistró e Tenda Sueca. Tamén poderás participar en obradoiros de decoración e estar ao tanto das últimas novidades e ofertas a través do boletín que recibirás no teu correo electrónico. Así mesmo, poderás beneficiarte de vantaxes interesantes se presentas a túa tarxeta IKEA Family nos nosos comercios e servizos asociados.
Para obter máis información, accede á sección de IKEA Family.