Envíos e entregas a domicilio
Compres o que compres, levámoscho á casa.
Tanto se o fas nunha tenda IKEA como en liña, ti decides que mercar e, se o desexas para a túa total comodidade, levámoscho á casa ofrecendo múltiples métodos de envío adaptados ás túas necesidades.
Para amosarche as opcións dispoñibles, pedirémosche o teu código postal do lugar de entrega.
Para o cálculo das tarifas temos en conta as dimensións dos produtos, o peso do pedido, o valor de compra, a localización do domicilio de entrega e o canal de compra.
Consulta aquí a información e os detalles sobre o envío a domicilio.
Recibe o teu pedido na dirección que escollas dentro da península.
Desde Bilbao ata Cádiz! Realizamos envíos ao territorio nacional, excepto ás illas, Ceuta e Melilla.
Consulta toda a información sobre o noso servizo de envío a domicilio.
Todos os artigos que podas meter nunha bolsa azul de IKEA.
Para que se inclúan no transporte por paquetaría, as medidas dos artigos non poden superar os 78,5cm x 55cm x 39cm. O peso máximo por artigo é de 10kg, e o volume do artigo non pode superar os 0,025m3 (25l). Se o pedido supera na súa totalidade os 25kg, deixará de considerarse como entrega por paquetaría.
O mesmo día da entrega recibirás outra notificación informándote da franxa horaria na que está prevista a entrega.
Por favor, asegúrate de completar o número do teu teléfono móbil e correo electrónico nos datos do pedido.
SEUR realizará un intento de entrega e, se finalmente non se produce, o teu pedido pasará a un punto de SEUR onde poderás ir recollelo nun máximo de 10 días. Tan pronto como se reciba o paquete nun punto de SEUR, este comunicarache por SMS/correo electrónico o enderezo onde podes ir recollelo.
No caso de que transcorreran 15 días dende que o teu pedido estea dispoñible para a súa entrega e o pedido non se entregara por unha causa non imputable a nós, entenderemos que desexas desistir do contrato e o consideraremos resolto. Como consecuencia da resolución do contrato, reembolsarase o importe de compra exceptuando os custos asociados ao transporte.
Todos os pedidos están suxeitos á dispoñibilidade dos produtos. Se se producisen dificultades en canto á subministración de produtos ou non quedasen artigos en stock, reembolsarémosche calquera cantidade que aboases. Os produtos de alimentación, plantas naturais, electrodomésticos ou artigos sensibles a altas temperaturas quedan excluídos do servizo de paquetaría.
Poderás cancelar o pedido durante a seguinte hora á súa realización e IKEA procederá á devolución do importe íntegro da compra, incluíndo o custo do transporte. Se quixeses cancelar o pedido tras unha hora, IKEA non garante que o pedido non saíra xa das nosas instalacións e estea xa en camiño, polo que no reembolso do importe se che deducirán os gastos do envío.
Atoparás toda a información e as tarifas en envío a domicilio.
Claro que si! Na nosa páxina web poderás consultar a información actualizada da túa entrega.
Xestiona e fai o seguimento do teu pedido de xeito rápido e doado. Só tes que introducir o teu número de pedido e o correo electrónico ou teléfono asociado para coñecer en que estado se atopa.
Para entregas de paquetaría, se non podes ver o estado do teu pedido na nosa web, diríxete á ligazón que atoparás no correo electrónico/SMS de confirmación de pedido de SEUR ou a través da súa web.
Ofrecémosche diferentes servizos de envío tanto ao teu domicilio como aos puntos de entrega dispoñibles, con distintas tarifas e prazos de entrega, para adaptarnos ás túas necesidades.
Ti elixes como e cando recoller o teu pedido. Se podes achegarte á tenda, perfecto! Terás preparado o teu pedido en 3 horas. Se prefires que cho levemos onde nos indiques, tardaremos unhas 24 horas para provincias con tenda IKEA ou 72 horas para o resto. Tamén podes achegarte para recoller o teu pedido a un dos nosos puntos de recollida, estará dispoñible a partir de 3 días. Ademais poderás gozar de artigos de menor dimensión enviados por paquetaría de 3 a 6 días laborables e para envíos de mercadoría a calquera enderezo desde o almacén central calcula un mínimo de 5 días.
Estes prazos serven como orientación. Poderás fixar a data exacta de entrega durante o proceso de compra, antes de realizar o pagamento, e posteriormente facer o seguimento do pedido. Na nosa tenda informarémoste dos prazos antes de contratar o servizo.
Consulta aquí a información e os detalles sobre o noso servizo de transporte en IKEA
Abofé que si! Poderás xestionar connosco unha nova cita para a entrega do teu pedido.
Se solicitaches transporte ou contrataches algún servizo no teu pedido, tes a posibilidade de consultar o seu estado ou modificar a cita de entrega na nosa páxina web premendo aquí, sempre e cando a mercadoría non estea xa en repartimento e o seu estado o permita.
En pedidos estándar, no caso de non poder xestionalo desa forma, o noso Servizo de Atención ao cliente poderá axudarte no proceso. Poderás realizar cambios sen custo adicional ata 48 horas antes da data de entrega inicialmente planificada.
Para entregas de paquetaría, se o seu estado non permitise facer cambios desde a nosa web, diríxete á ligazón que atoparás no correo electrónico/SMS de confirmación de pedido de SEUR ou a través da súa web. Poderás realizar cambios ata unha hora antes da data de entrega notificada.
Consulta a forma de reclamar en función do método de envío.
Se se trata dun envío a domicilio ou click & collect de artigos voluminosos, é imprescindible que verifiques se corresponde a cantidade de vultos que recibiches no momento da entrega co número de vultos que aparece no albará. Anota no albará de entrega o que falta e contacta connosco para que teñamos constancia do acontecido.
No caso de pedidos de paquetaría, debes contactar connosco dentro dos primeiros 7 días desde a entrega do teu pedido, indicando o número de referencia do artigo que falta.
En IKEA sempre pensamos en ti e en facerte a vida máis doada. Para conseguilo, contamos cunha variada e innovadora gama en todo tipo de servizos.
Envío a domicilio, venda telefónica, asesoramento por especialistas, financiamento, instalacións varias, desmontaxe e retirada, montaxe de mobles… Pensa que necesitas e compárteo connosco!
Bota aquí unha ollada a todos os nosos servizos.