Compra en liña
Escolle desde que dispositivo mercar ata como recibir o teu pedido.
Podes realizar a túa compra en liña desde calquera dispositivo e decidir onde e como queres recibir o teu pedido. Tes algunha dúbida de como funciona? Accede á páxina de compra en liña e descubre as posibilidades que ofrecemos. Para empezar un pedido selecciona os produtos que desexas e engádeos ao carriño.
Posteriormente, terás que seleccionar a modalidade de entrega que prefiras:
- Entrega a domicilio: enviámosche o teu pedido ao enderezo que ti escollas. No caso de solicitar a entrega a domicilio, pedirémosche o código postal do lugar de entrega.
- Click & Collect: para recoller o teu pedido en calquera das nosas tendas IKEA, no nosos Punto de Entrega de Pamplona ou en calquera dos Puntos de Recollida de empresas colaboradoras.
Se vives fóra de España e escolles Click & Collect, debes introducir o código postal 99999 nos teus datos persoais para poder continuar coa túa compra.
Antes de efectuar o pagamento visualizarás o pedido completo cos prezos finais dos artigos e do servizo escollido, a data de recollida de Click & Collect ou a franxa de entrega seleccionada para Entrega a domicilio.
Unha vez realizado o pagamento, recibirás de forma instantánea a confirmación do pedido por correo electrónico. Para recoller a túa compra, é necesario presentar o documento de identidade que proporcionaches no momento da compra. Para os pedidos Click & Collect, ademais do documento de identidade, é necesario presentar o correo electrónico de confirmación do pedido.
Os prezos que aparecen na nosa web poden variar, á alza ou á baixa*, segundo a tenda.
*Nas promocións nacionais ou locais que consistan en combinacións e ofertas 3x2, o cliente aboará o prezo sen desconto. Realizarase o pagamento do desconto no prazo de 72 horas e a través do mesmo medio de pagamento utilizado para facer a compra. Todos os nosos prezos inclúen IVE.
Na nosa web podes atopar diferentes tipos de ofertas e promocións.
Poderás atopar todos os descontos nacionais que se oferten ao ser socio/a de IKEA Family, sempre que non exista algunha limitación na oferta. Aínda non es socio/a? Solicita aquí a túa tarxeta e poderás gozar de todas as vantaxes que temos en exclusiva para ti.
Tamén atoparás todas as promocións que sexan combinacións, xa sexa en ofertas locais ou nacionais. Poderás ser ti quen decida por que canle realizar a compra (web, tenda, app ou compra telefónica) e quen escolla o tipo de entrega que máis se adapte ás túas necesidades.
Nestas promocións, deberás aboar o prezo total do artigo sen desconto e recibirás o importe do desconto nun prazo de 72 horas no mesmo método de pagamento que utilices ao facer a túa compra.
Non perdas ningunha das nosas promocións! Preme aquí e comeza a gozar de todas as nosas ofertas.
Claro! Engade o servizo Click & Collect e escolle onde queres recollelo. Avisarémoste cando o teu pedido estea listo.
Coa opción Click & Collect o teu pedido en liña estará listo a partir de 3 horas para recollelo nunha tenda IKEA e a partir de 3 días nun punto de recollida. Podes atopar toda a información e os puntos dispoñibles na seguinte ligazón: Click & Collect.
Terémolo preparado no mostrador de entrega de pedidos ou, se está dispoñible e o prefires, no punto exterior de recollida Click & Car. Podes consultar o seu funcionamento na ligazón anterior.
Tamén tes a posibilidade de seleccionar como lugar de recollida os Lockers (armarios) que atoparás no exterior das nosas tendas e accesibles para ti as 24 horas do día.
Poñemos á túa disposición 17 tendas, 35 puntos de recollida e 2300 oficinas de Correos.
Podes pagar a túa compra en liña con:
- Tarxeta de crédito ou débito (VISA, Mastercard ou American Express).
- PayPal.
- Tarxeta regalo e tarxeta devolución (inferior a 1000€).
- Compra fraccionada ata en 48 meses TAE 0%1 coa nosa tarxeta IKEA VISA*
- Transferencia bancaria a través de Trustly
Non é posible realizar o pagamento con dúas ou máis tarxetas de crédito/medios de pagamento a excepción das tarxetas regalo ou devolución.
De acordo coa Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, establécense novas normas contra as prácticas de evasión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior. A partir do 11 de xullo de 2021, non se poderán efectuar pagamentos totais ou parciais en efectivo ou ao portador (entre eles tarxetas regalo e/ou devolución) para operacións iguais ou superiores a 1000€.*
Ao realizar o pagamento coa túa IKEA VISA, mostraránseche os fraccionamentos posibles que podes realizar na túa compra e poderás escoller aquel que máis se axuste ás túas necesidades.
Podes pagar por transferencia co teu banco a través de TRUSTLY, cando o prazo de entrega supere os 5 días. Unha vez finalices o proceso de pago, chegará un mail á túa bandexa de entrada informándoche de que IKEA recibiu a túa petición e durante as seguintes horas confirmaremos o teu pedido.
*A Tarxeta IKEA VISA é emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U., e está suxeita á súa autorización. A entidade escolleu como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamento que presta o seu depósito nunha conta bancaria independente en CaixaBank, S. A. Ofertas financeiras realizadas por CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U. e suxeitas á súa aprobación. (1) Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 24, 36 e 48 meses sen xuros para compras en tendas IKEA da península e en IKEA.es. TIN: 0%. TAE: 0%. Importe mínimo de 10€ para 3, 6 e 10 meses; e de 120€, 240€, 720€ e 960€ para 12, 24, 36 e 48 meses, respectivamente. Exemplo representativo para unha compra financiada en 48 meses de 1500€. 48 cotas de 31,25€. Importe total debido: 1500€. Custo total do crédito: 0€. Sistema de amortización francés.
Chámanos e axudarémoste coa túa compra.
Se queres realizar unha compra e necesitas axuda ou simplemente tes dúbidas e precisas asesoramento, chámanos e faremos o que poidamos por axudar.
Podes chamarnos ao teléfono gratuíto 900 400 922 (luns a sábados de 8:00 a 22:00 horas, e domingos e festivos de 10:00 a 20:00 horas) ou ao teléfono gratuíto 900 909 190 (luns a sábados de 8:00 a 22:00 horas)
Se o que necesitas é resolver algunha dúbida sobre o estado do teu pedido, os tempos de entrega ou outro tipo de cuestión, contacta connosco a través da nosa páxina de atención ao cliente.
Xeramos unha factura ordinaria en todos os pedidos en liña, polo que revisa os datos de facturación no momento de realizar a compra.
Xeramos unha factura ordinaria en todos os pedidos en liña, polo que revisa os datos de facturación no momento de realizar a compra.
Entregarémosche a factura ordinaria válida para os efectos fiscais xunto co teu pedido se contrataches o método de envío a domicilio "non hai présa, podo esperar".
No caso de contratares o envío a domicilio "o antes posible", recibirás a túa factura no momento da compra.
Podes exercer o teu dereito de desistencia no prazo de 14 días tras a recepción da mercadoría comprada en liña en IKEA.es
Antes de finalizar o devandito prazo, poderás cancelar o pedido completo nos mostradores de Atención ao Cliente das tendas IKEA ou enviando un correo electrónico a: [email protected] coa solicitude de desistencia que atoparás dentro das nosas condicións xerais de compra en liña.
Se exerces en prazo o teu dereito de desistencia, IKEA devolverache todos os pagamentos recibidos, incluídos os gastos de entrega e preparación do pedido, na mesma forma de pagamento en que se realizou a compra nun prazo máximo de tres días laborables dende a comunicación da desistencia. No caso de servizos adicionais, devolverémosche todos os pagamentos recibidos, sempre e cando os devanditos servizos contratados non foran completamente executados.
No caso de que decidas no devandito prazo devolver só unha parte dos produtos dun pedido (desistencia parcial), IKEA reembolsarache o importe dos produtos devoltos. Neste suposto, reembolsarase a parte proporcional do valor dos servizos contratados cando o importe devolto supoña un cambio á franxa inmediatamente inferior de custo de transporte.
Quedan excluídos do dereito de desistencia os produtos que sufrisen calquera tipo de desgaste ou deterioración.