Click and collect
Claro! Engade o servizo Click & Collect e escolle onde queres recollelo. Avisarémoste cando o teu pedido estea listo.
Coa opción Click & Collect o teu pedido en liña estará listo a partir de 3 horas para recollelo nunha tenda IKEA e a partir de 3 días nun punto de recollida. Podes atopar toda a información e os puntos dispoñibles na seguinte ligazón: Click & Collect.
Terémolo preparado no mostrador de entrega de pedidos ou, se está dispoñible e o prefires, no punto exterior de recollida Click & Car. Podes consultar o seu funcionamento na ligazón anterior.
Tamén tes a posibilidade de seleccionar como lugar de recollida os Lockers (armarios) que atoparás no exterior das nosas tendas e accesibles para ti as 24 horas do día.
Poñemos á túa disposición 17 tendas, 35 puntos de recollida e 2300 oficinas de Correos.
Ofrecémosche distintas opcións para recoller o teu pedido.
Para compras con recollida en tenda, o custo do servizo de preparación de mercadorías comeza a partir de 15€. Se escolliches recoller o teu pedido nun dos nosos puntos de recollida, o prezo do servizo é de 29€. O custo de preparación é fixo independentemente o valor da compra.
Para consultar tarifas e zonas de envío preme aquí.
Dispós de 24h para recollelo en tenda (C&C) e 72h para os puntos de recollida (PUP)
Non te preocupes! Temos unha solución para ti.
Click & Collect ou Recollida en Tenda
Se non podes recoller o teu pedido na franxa seleccionada, IKEA almacena o teu pedido durante as seguintes 24 horas e contactaremos contigo para ofrecerte una alternativa.
No caso de non poder contactar contigo, notificaráseche vía SMS e procederase á devolución do pedido co importe da mercadoría aboada, excluíndo o custo do servizo de preparación do pedido.
Punto de Recollida (PUP)
Tes 72 horas para recoller o teu pedido, así que se, por exemplo, recibiches o teu pedido un luns, poderalo recoller ata o xoves desa mesma semana no horario de apertura.
Para a recollida do pedido é imprescindible a presentación do NIF/CIF ou pasaporte da persoa que realizou a compra ou da persoa autorizada.
Se non podes recoller o teu pedido na franxa seleccionada, IKEA almacena o teu pedido durante as seguintes 24 horas e contactaremos contigo para ofrecerche unha alternativa.
No caso de non poder contactar contigo, notificaráseche vía SMS e procederase á devolución do pedido co importe da mercadoría aboada, excluíndo o custo do servizo de preparación do pedido. O punto de entrega necesita 72 horas para dispoñer dun pedido, así que se, por exemplo, fixeches o teu pedido un luns, poderalo recoller a partir do xoves desa mesma semana no horario de apertura.
Para a recollida do pedido é imprescindible a presentación do NIF/CIF ou pasaporte da persoa que realizou a compra ou da persoa autorizada.
Ti elixes! Atopa un lugar preto de ti entre máis de 2300 localizacións.
En IKEA queremos que podas recoller os teus artigos favoritos preto do teu fogar. Por iso, ofrecémosche máis de 2300 puntos de recollida na península ibérica.
Consulta os enderezos e horarios nesta ligazón.