Catálogo IKEA
A zona de "Información do produto" contén unha gran cantidade de recursos.
Utiliza a barra de busca da zona superior para localizar a páxina do produto. A zona de "Información do produto" contén unha gran cantidade de recursos. Poderás tamén acceder ás súas instrucións de montaxe e mantemento. Na páxina do produto encontrarás un despregable con outras cores e medidas dispoñibles se existen. Tamén che poden ser moi útiles as nosas guías de compra, onde che mostramos como combinan as nosas series.
Intentamos manter a dispoñibilidade dos artigos que se mostran no catálogo, pero, por mor da popularidade e de cuestións de subministración, é posible que algúns produtos non estean sempre dispoñibles.
En xeral, IKEA pode estimar cando volveremos ter un produto en stock. Podes comprobar a dispoñibilidade na páxina de información do produto para verificar se os artigos están dispoñibles antes de desprazarte á tenda. Se un artigo non está dispoñible, encontrarás unha opción para avisarte vía SMS ou correo electrónico cando haxa stock de novo. A dispoñibilidade de artigos de oportunidades ou da tenda de alimentación non se pode consultar. O stock na web actualízase aproximadamente cada 60 minutos. Recorda que IKEA é un autoservizo, polo que non se realizan reservas nin traspasos entre tendas. Se estás a preparar a túa compra, podes engadir os produtos á lista da compra e comprobar a dispoñibilidade ao mesmo tempo. E se requires grandes cantidades dun produto, contacta co noso servizo IKEA para Empresas.
Merca en liña agora e recibirás os teus produtos nos próximos días. Queres tocalos, probalos ou saber máis sobre eles? Visita a túa tenda, onde podes sentar nos sofás ou preguntar a un/unha colaborador/a sobre os distintos tipos de colchóns antes de mercar un.
A casa perfecta é aquela que é perfecta para ti. Por iso, ofrecemos máis de 10 000 produtos e unha gran cantidade de ideas e servizos para amoblar a túa casa.
Ponte cómodo/a nos distintos ambientes de salas na tenda. Proba as tapizarías, sinte as alfombras orientais, proba os sofás cama e abre os armarios para ver a calidade. Na etiqueta do prezo atoparás todo o que precisas saber sobre un produto, incluído onde podes recollelo na tenda.
Como a maioría dos mobles de IKEA se presentan en paquetes planos, podes levalos facilmente á casa cando os merques na tenda.
Se mercas en liña, levámosche os artigos que desexas á casa ou á túa empresa.
Podemos recollelos, entregalos e montalos por ti se o desexas. Incluso podemos instalar a nova cociña que queres. Obtén máis información sobre todos os nosos servizos adicionais ou fala cun/cunha colaborador/a de IKEA na tenda.
Aceptamos tarxetas de crédito, débito, IKEA para Empresas e tarxetas regalo de IKEA. Obviamente, cando pagas en liña a transacción é completamente segura. Podes escoller entre unha serie de opcións de financiamento se prefires os pagos aprazados.
Podes estar tranquilo/a, se levas algo á casa e cambias de idea, tes 365 días para devolvelo. Simplemente garda o teu tícket de compra para que as devolucións sexan máis doadas. Para obter máis información, consulta a nosa Política de devolucións.
A app IKEA Store é de gran axuda se tes pensado visitarnos. Explora produtos, crea unha lista da compra e recibe ofertas actualizadas da túa tenda local. Podes descargar a app IKEA Store en Google Play (Android) ou na App Store de Apple (iOS).
En todas as compras en IKEA emitimos unha factura simplificada, en formato tícket. E se tes dereito á exención de IVE, indicámosche como solicitala.