Facturas e tíckets
En todas as compras en IKEA emitimos unha factura simplificada en formato ticket sen incluír os teus datos fiscais. Se necesitas unha factura ordinaria (incluíndo os teus datos fiscais), debes solicitala antes de realizar o pago na mesma caixa.
Necesitas unha factura ordinaria?
Tes varias maneiras de facelo:
1. Fai clic na seguinte ligazón “Solicitude de facturas e duplicados'', achéganos unha foto do teu tícket de compra e nun prazo aproximado de dúas semanas recibirás a túa factura ordinaria por email.
* Mercaches en IKEA Baleares ou Canarias? Visita a tenda.
2. Acode á sección de Atención ao Cliente da túa tenda IKEA máis próxima co ticket de compra e os teus datos fiscais para solicitar a túa factura ordinaria.
Cando e como podo solicitar unha devolución de IVE?
Existen varios supostos nos que un cliente pode solicitar a devolución de IVE pagado nas súas compras:
1. DEVOLUCIÓN DE IVE A CLIENTES EN RÉXIME DE VIAXEIROS.
Se es un cliente particular residente nun país estranxeiro non-comunitario ou residente en Ceuta, Melilla ou Illas Canarias, poderás solicitar o reembolso do IVE das túas compras realizadas en IKEA. Para compras realizadas a partir do 05/07/2018, a solicitude non require dun importe mínimo de compra. As compras anteriores a esta data deben superar, para solicitar o reembolso de IVE, un importe mínimo de 90,15 euros.
Onde teño que xestionar a miña solicitude?
Primeiro, para xestionar a túa solicitude, deberás dirixirte ao departamento de Atención ao Cliente de calquera das nosas tendas. É imprescindible levar contigo a túa factura ordinaria da compra e o teu documento de identificación (pasaporte, tarxeta de residencia...). Recorda que a factura ten que incluír os teus datos fiscais e debe emitirse ao domicilio do teu lugar de residencia: isto é o que che dá dereito á devolución de IVE.
Por último, deberás selar electronicamente nos quioscos DIVA ou nas oficinas da alfándega, situadas nos portos e/ou aeroportos, o Documento Electrónico de Reembolso (DER) emitido en tenda. Dispós dun prazo de 3 meses a partir da data de compra da mercadoría.
Como podo solicitalo?
Indícanos en Atención ao Cliente a través de que modalidade queres solicitar o reembolso do IVE (Global Blue ou IKEA), para que poidamos emitirche correctamente o Documento Electrónico de Reembolso (DER).
- A través de Global Blue: Nestes casos, a devolución de IVE solicitarase a través da entidade colaboradora Global Blue. O reembolso será inmediato (mediante abono en tarxeta de crédito ou en efectivo) unha vez que entregues toda a documentación nas súas oficinas situadas nos portos e aeroportos. Esta entidade cobrarache unha comisión.
- A través de IKEA: Nestes casos, a devolución solicitarase directamente a IKEA. O reembolso será íntegro a través de transferencia bancaria e realizarase aproximadamente no prazo de 15 días hábiles, unha vez que recibamos toda a documentación solicitada ao seguinte enderezo:
DEVOLUCIÓN ÍNTEGRA - C/ Me falta un tornillo 5, Arroyo de la Encomienda ( Valladolid ) 47195.
Para calquera consulta, podes contactar connosco a través do correo electrónico: [email protected]
Que documentación necesito achegar en cada unha das modalidades?
- A través de Global Blue: o DER selado electronicamente e o número de tarxeta de crédito onde queres que che realicen o reembolso (tamén poderán reembolsarte en efectivo)
- A través de IKEA: O DER selado electronicamente, copia do teu documento identificativo (pasaporte, tarxeta de residencia...) e número de conta bancaria (SEPA*) onde queres que se realice a transferencia.
* Zona única de pagamentos en euros (SEPA, polo seu acrónimo en inglés) é a área na que cidadáns, empresas e outros axentes económicos poden efectuar e recibir pagamentos en euros en Europa, dentro e fóra das fronteiras nacionais, nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos e obrigas, independentemente do lugar en que se encontren.
2. DEVOLUCIÓN DE IVE A DIPLOMÁTICOS E EMPRESAS QUE REALIZAN UNHA EXPEDICIÓN COMERCIAL.
Se es un cliente e es persoal diplomático, consular ou da OTAN, ou ben es unha empresa (tanto comunitaria coma non-comunitaria), deberás solicitarnos directamente o IVE seguindo as instrucións do seguinte formulario:
Formulario de devolución de IVE (IKEA Ibérica)
Unha vez selada a factura fisicamente na alfándega, xunto co formulario cuberto e o resto de documentación, deberás enviarnos todo o expediente ao seguinte enderezo de correo: C/ Me falta un tornillo 5, Arroyo de la Encomienda ( Valladolid ) 47195.
O reembolso realizarase integramente no prazo de 15 días hábiles, unha vez recibida toda a documentación correctamente no enderezo indicado.
Para poder realizar a solicitude de devolución de IVE, é imprescindible que dispoñas de factura ORDINARIA. No caso de empresa, deberás selar a factura na alfándega ou realizar o DUA no prazo de 1 mes a partir da data de compra da mercadoría.
3. PARA CONSULTAS RELACIONADAS CON SOLICITUDES DE DEVOLUCIÓN DE IVE
Pide información no departamento de Atención ao Cliente da túa tenda ou no correo [email protected].