Política de cookies
Que son as cookies?
As cookies son pequenos arquivos que poden utilizarse para almacenar determinada información que xa subministraches mentres navegabas a través da páxina web. A páxina web de IKEA utiliza cookies para recordar as túas preferencias (por exemplo, pode recordar que páxina da tenda IKEA viches, co fin de que a túa próxima visita sexa máis cómoda mostrándoche información relativa ao que visitaches anteriormente).
Además de las cookies, IKEA de forma independiente o por terceros puede hacer uso de tecnoloxías similares ás cookies, como píxeles, que permiten facer seguimento e saber o comportamento do usuario. Polo tanto, ao falar de cookies, tamén podemos estar a referirnos a estas tecnoloxías similares.
Podemos empregar estas tecnoloxías dentro de accións comerciais concretas polo período de duración da acción comercial para fins comerciais e no contexto de redes sociais. Nestes casos, unha vez rematada a acción comercial procédese á desactivación da tecnoloxía, e poderá gardarse a información xerada con ocasión do uso da tecnoloxía ata un máximo de nove (9) meses dende a terminación da campaña comercial.
Estas cookies envíanse ao teu navegador e almacénanse no teu equipo. Porén, podes elixir a configuración de cookies no noso "Centro de Preferencias de Privacidade" e, se non queres instalar algunha cookie agás as estritamente necesarias que che permiten acceder de forma básica á web de IKEA e son necesarios para o seu funcionamento, tamén podes desactivalas en calquera momento no mesmo "Centro de Preferencias de Privacidade".
Quen é o responsable?
As cookies que empregamos en www.ikea.com/es as trata IKEA IBÉRICA S.A.U. As cookies do sitio www.ikea.com as xestiona a empresa INTER IKEA SYSTEMS B.V., e baixo ningún caso se remiten a empresas ou persoas fóra do devandito grupo.
No caso de uso de tecnoloxías similares, o responsable destas pode ser IKEA ou terceiros cos que IKEA teña acordos.
Como utilizamos as COOKIES en IKEA?
A páxina web de IKEA utiliza cookies e tecnoloxías similares. Esta información, unha vez recollida, analízase con distintas finalidades, principalmente coa finalidade de mellorar e optimizar a túa experiencia de navegación (por exemplo, mostrando primeiro aqueles produtos que poidan interesarche máis), para realizar un seguimento do uso que fan os nosos clientes da páxina web e para comprender as súas preferencias (como as opcións de país e idioma), tamén empregamos cookies e píxeles. Así, obtemos datos agregados sobre o tráfico e a interacción da páxina web, coa finalidade de identificar tendencias e conseguir estadísticas coas que poidamos mellorar a páxina.
En concreto, utilizamos píxeles de seguimento nos correos electrónicos que enviamos. Trátase dunha tecnoloxía similar ás cookies que nos permite saber se abres ou non o correo que recibes para saber se a información é do teu interese.
Empregamos a plataforma de xestión de datos Salesforce para recompilar información sobre os dispositivos e o comportamento, co fin de comprender como se utilizan os nosos sitios web e outros puntos de contacto dixitais. Con estes datos, xéranse audiencias para o márketing e a publicidade en liña. O noso obxectivo é mostrar os produtos e servizos máis pertinentes no momento apropiado. As audiencias poden basearse no interese (por exemplo, se viches produtos de cociña) ou na demografía (como a idade ou o sexo). Por outra banda, vincularemos os perfís dos diferentes dispositivos nos que inicies sesión coa túa conta de Ikea. Se prefires non recibir márketing e publicidade dirixidos, podes rexeitar o uso das cookies publicitarias dende a nosa sección de configuración das cookies.
No noso caso, por exemplo, empregamos esta tecnoloxía cando te pedimos o código postal. Esta información permítenos ofrecer datos útiles mentres navegas pola nosa páxina ou aplicación (por exemplo, se hai dispoñibilidade ou stock do produto nesa área ou se é posible entregar o produto na zona concreta). Como ves, trátase da información necesaria para poder ofrece un servizo correcto e satisfactorio, e mesmo por cuestión de loxística pola nosa parte. Informámoste de que a referencia do código postal non se vincula con outros datos persoais e que a tratamos sobre a base do interese lexítimo. No caso da páxina web, a información reterase por un período máximo de seis meses e, no caso da aplicación do móbil, manterase ata que inhabilites a aplicación. En calquera caso, informámoste de que podes desinstalar esta tecnoloxía e proceder como no caso das cookies, segundo o previsto nesta política.
Tamén empregamos esta tecnoloxía cando accedes á túa conta IKEA co teu enderezo de correo electrónico ou número de teléfono e contrasinal, e decides activar a opción "Lémbrame". Deste xeito, habilítase o inicio de sesión persistente en ikea.com para que non teñas que rexistrarte cada vez que accedas á web de IKEA. Neste caso, o prazo de retención será de 12 meses.
Exemplos de como utilizamos as cookies
- Para recordar os artigos da túa lista da compra, ben cando entres na web ou para enviarcha por correo electrónico naqueles casos nos que autorizases o envío deste tipo de correos ou nos que aceptases as cookies que nos permiten recordarche a lista da compra ou Google Analytics, como indicamos máis abaixo.
- Para calcular o número de visitantes que acceden á nosa web e garantir que hai capacidade abondo para que sexa rápido.
- Para mellorar o funcionamento da web, por exemplo, asegurándonos de que os usuarios encontran doadamente o que buscan. Para garantir a funcionalidade de certos servizos, como os de pagamento.
- Para recoñecer os teus detalles de inicio de sesión e non teñas que introducilos en cada páxina que queiras ver.
- Para mostrarche anuncios consonte á navegación que realizaches na web e ao teu perfil de xeito máis personalizado. Para poder axudarte a través do chat presente nalgunhas páxinas da web.
- Para recordarche a selección de artigos que fixeches se abandonaches a compra antes de pagar.
Para o funcionamento das cookies, IKEA emprega un identificador ID que non se asocia con datos persoais, polo que non podemos identificar de maneira individualizada os clientes que navegan na web, agás en determinados casos que explicamos deseguido.
Servizo de Google Analytics e Google Audiences
Esta web utiliza Google Analytics, un servizo de análise web de Google Inc. ("Google"). Google Analytics utiliza "Cookies", arquivos de texto que se gardan no ordenador do usuario e permiten facer unha análise do uso da páxina web. As informacións xeradas pola cookie sobre o uso deste sitio web por parte dos usuarios adoitan transferirse e gardarse nun servidor de Google nos EE. UU. Google adoptou cláusulas estándar de protección de datos para a transferencia de datos persoais aos responsables do tratamento establecido en terceiros países que non garanten un nivel adecuado de protección de datos.
Google usará por encarga esta información tamén para avaliar o uso do sitio web por parte dos usuarios mediante a recompilación de informes da actividade do sitio web e prestará outros servizos relativos ao uso do sitio web e Internet.
Algunhas das relacionadas con Google Analytics son as seguintes:
- Non compartir datos con empresas de Google para levar a cabo comparativas de mercado nin para desenvolver un produto
- Habilitar unha funcionalidade que oculta a última parte do enderezo IP, o que protexe mellor a confidencialidade
- Formalizar un contrato (incluído un contrato de tratamento de datos) con Google Ireland Ltd para contar coa ampla gama de medidas técnicas, organizativas e contractuais que ofrecen as empresas de Google (máis información).
Tamén tes a posibilidade de rexeitar as cookies ao seleccionar a opción axeitada do teu navegador. Ademais, podes evitar a recollida e a transmisión de datos relacionados co uso que fas do sitio web (incluído o teu enderezo IP) a Google, así como o tratamento que Google lles dá a estes datos, se descargas e instalas o seguinte complemento para o navegador: https://tools.google.com/dlpage/gaoptout?hl=en
Esta web tamén utiliza Google Audiences como ferramenta que combina o uso de cookies analíticas de Google con finalidades de análise e seguimento de hábitos de navegación dos usuarios a través da ID da cookie, de xeito combinado con cookies de publicidade comportamental, con fins de perfilado e, polo tanto, para mostrarche contido personalizado. Para aplicar esta funcionalidade, tes que aceptar expresamente as cookies analíticas e as cookies de publicidade comportamental. Do mesmo xeito, para que poidamos enviarche publicidade personalizada por correo electrónico baseada nos hábitos de navegación e no perfilado obtido con iso, debemos contar co teu consentimento expreso para a recepción de comunicacións comerciais por correo electrónico.
No marco dos nosos análises sociodemográficas, podemos asociar de xeito agregado a información obtida con outra información obtida do uso doutros medios de análise como cookies (Google analytics) ou incluso a información obtida nas nosas instalacións.
Que tipos de cookies utilizamos?
As cookies que utilizamos en www.ikea.es para mellorar a túa experiencia como cliente son as seguintes:
Cookies estritamente necesarias: Estas cookies son necesarias para que o sitio web funcione e non se poden desactivar nos nosos sistemas. Polo xeral, só se configuran en resposta ás súas accións realizadas ao solicitar servizos, como establecer as túas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios. Podes configurar o teu explorador para bloquear ou alertar sobre estas cookies, mais, nese caso, algunhas áreas do sitio non funcionarán. Estas cookies non almacenan ningunha información de identificación persoal.
Cookies analíticas ou de medición: Estas cookies permítennos contar visitas e fontes de tráfico para poder avaliar o rendemento do noso sitio e melloralo. Axúdannos a saber como utilizas o noso sitio web, que seccións son as máis ou menos visitadas e, ao mesmo tempo, poder ofrecerche información sobre os nosos produtos e servizos que poden interesarte para a navegación na web ou concretamente a través dende calquera medio automatizado. Neste último caso, procederemos se estamos autorizados a facelo.
Os píxeles ou tecnoloxías similares utilizadas por IKEA perseguen os mesmos fins que as cookies analíticas ou de medición e, polo tanto, o noso comportamento é o mesmo que no caso das devanditas cookies.
Cookies funcionais: Estas cookies permiten unha mellor funcionalidade e personalización. Pode que os estableza a nosa empresa ou provedores externos cuxos servizos agregamos ás nosas páxinas. Por exemplo, con esta cookie podemos atenderte por chat na web e darche un servizo máis áxil e próximo cando esteas a visitar determinadas páxinas da web.
Cookies de publicidade comportamental: Pode que os nosos socios publicitarios establezan estas cookies mediante o noso sitio. Baséanse na identificación única do navegador e o dispositivo de Internet para poder ofrecerche publicidade personalizada. Podemos mostrarche publicidade personalizada consonte o teu perfil sempre que nos autorices expresamente o uso de cookies de publicidade. Estas cookies tamén nos permiten lembrarche os artigos da túa lista da compra no caso de que non completes o proceso de compra e poder enviarcha por correo electrónico, sempre que nos autorizases previamente.
Neste caso traballamos con varios provedores que nos permiten esta funcionalidade.
No seguinte documento podes ver a listaxe de cookies e provedores que as subministran: LISTAXE DE COOKIES (PDF)
Moitas cookies son "de sesión", o que quere dicir que desaparecerán en canto finalices a sesión (cando peches o navegador). Outras cookies son permanentes, o que significa que quedarán gardadas no ordenador durante un tempo.
Como podes configurar as cookies e revogar o consentimento?
Cando accedes por primeira vez á nosa páxina web, aparece unha ventá na que se che pide que indiques se aceptas as cookies ou ben se desexas configuralas ou rexeitalas, agás aquelas estritamente necesarias, a través do Centro de Preferencias de Privacidade, ao que podes acceder directamente desde o banner principal da web, así como en calquera momento desde a ligazón dispoñible na web para Configuración de Cookies.
Se desexas configuralas, podes acceder ao Centro de Preferencias de Privacidade no que podes visualizar o tipo de cookies coas que traballamos e a súa función, e así elixir a instalación das cookies da túa elección. Esta acción, así como retirar o consentimento fornecido, pódela executar en calquera momento.
Se aceptas cookies de terceiros e posteriormente desexas eliminalas, poderás utilizar as ferramentas de desactivación de cookies dos diferentes navegadores ou a través do sistema habilitado por estes terceiros para iso a través das ligazóns que indicamos no seguinte apartado.
Como deshabilitar as cookies nos principais navegadores
Para desactivar as cookies, simplemente tes que modificar a configuración do teu navegador. Para obter máis información, podes visitar as pautas de desactivación de cookies previstas para calquera dos catro navegadores máis usados: (Google Chrome, Mozilla Firefox, Internet Explorer, Safari, Safari para IOS (iPhone y iPad), Chrome para Android, Chrome para Iphone y Ipad).
Ademais existen opcións para inhabilitar Google Analytics a través do "Complemento de inhabilitación para navegadores de Google Analytics", que podes atopar aquí:
Para desactivar os píxeles, podes escoller entre as opcións de configuración do correo electrónico e inhabilitar a opción de descargar automaticamente imaxes externas.
Actualizacións e cambios na Política de Cookies
IKEA poderá modificar esta Política de Cookies periodicamente se introducimos novas funcionalidades na web que requiran informar os usuarios, así como se se producen cambios normativos, ou se existen novas instrucións da Axencia Española de Protección de Datos ou doutras Autoridades de Protección de Datos; por iso, é aconsellable que a revises periodicamente.
Data de actualización: venres, 08-06-2022