Saltar

Declaración de accesibilidade dixital

IKEA Retail (Grupo Ingka): Como negocio retallista comprometido coa misión de ofrecer unha ampla variedade de produtos de mobiliario funcional e ben deseñado a prezos baixos para a maioría das persoas, estamos a mellorar continuamente a accesibilidade das nosas experiencias, sistemas e servizos dixitais para a nosa diversa base de clientes, incluídas as persoas con discapacidades, de conformidade coa Lei 11/2023, do 8 de maio, de transposición de Directivas da Unión Europea en materia de accesibilidade.

Estamos a traballar continuamente para mellorar a accesibilidade dixital, e facémolo implementando estándares globais, incluídas as Directrices de Accesibilidade ao Contido Web (polas súas siglas en inglés, WCAG).

Como negocio, IKEA Retail (Grupo Ingka) comprometeuse a utilizar un enfoque centrado no ser humano á hora de usar a tecnoloxía para beneficiar á maioría.

Estado de conformidade

As WCAG proporcionan orientación sobre como facer que os sitios web sexan máis doados de usar para as persoas con discapacidade. Hai tres niveis de conformidade, e IKEA Retail (Grupo Ingka) ten como obxectivo alcanzar o nivel AA 2.1 das WCAG.

IKEA.com

Tomamos medidas significativas para facer que as nosas experiencias dixitais sexan máis inclusivas. Tamén estamos a traballar con expertos/as en accesibilidade e persoas con discapacidades para probar e proporcionar as súas impresións. As nosas iniciativas inclúen, entre outras, mellorar os nosos textos alternativos e a experiencia de navegación, tanto co teclado como ao utilizar un lector de pantalla. Tamén melloramos aspectos como o contido de vídeo con transcricións e subtítulos dispoñibles, e as cabeceiras cunha mellor estrutura xerárquica nunha páxina.

Este sitio web é parcialmente accesible conforme coa Lei 11/2023, do 8 de maio, debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación:

Contido non accesible

Sabemos por varias avaliacións de accesibilidade que aínda temos algunhas cousas que mellorar. Lembra que isto non significa que os usuarios non poidan acceder e usar o sitio web de IKEA, senón que indica que aínda temos traballo que facer, e estamos no proceso.

En total transparencia, algúns dos contidos non accesibles son, por exemplo:

  • Algunhas imaxes que están destinadas a fins decorativos non están implementadas de xeito que as tecnoloxías de asistencia poidan ignoralas.
  • Estase a mellorar o texto alternativo para as imaxes de produtos.
  • Pode ser que algúns contidos de vídeo non teñan subtítulos dispoñibles.
  • Pode ser que algunhas cabeceiras non formen unha estrutura xerárquica na páxina.
  • Pode ser que algunhas funcionalidades non sexan totalmente compatibles coa tecnoloxía de asistencia dos lectores de pantalla.
  • Algunhas funcións ou contidos poden verse afectados cando o texto se amplía ao 200%.
  • É posible que algúns elementos da interface, como as iconas ou os botóns, teñan un contraste insuficiente.

A aplicación IKEA

A aplicación IKEA é parcialmente accesible conforme coa Lei 11/2023, do 8 de maio, debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación:

Contido non accesible

Sabemos por varias avaliacións de accesibilidade que aínda temos algunhas cousas que mellorar. Lembra que isto non significa que os usuarios non poidan acceder e usar a aplicación de IKEA, senón que indica que aínda temos traballo que facer, e estamos no proceso.

En total transparencia, algúns dos contidos non accesibles son, por exemplo:

  • Algunhas imaxes que están destinadas a fins decorativos non están implementadas de xeito que as tecnoloxías de asistencia poidan ignoralas.
  • Estase a mellorar o texto alternativo para as imaxes de produtos.
  • Pode ser que algúns contidos de vídeo non teñan subtítulos dispoñibles.
  • Pode ser que algunhas cabeceiras non formen unha estrutura xerárquica na páxina.
  • Pode ser que algunhas funcionalidades non sexan totalmente compatibles coa tecnoloxía de asistencia dos lectores de pantalla.
  • Algunhas funcións ou contidos poden verse afectados cando o texto se amplía ao 200%.
  • É posible que algúns elementos da interface, como as iconas ou os botóns, teñan un contraste insuficiente.

Estamos a traballar activamente para abordar estes problemas como parte dun esforzo continuo para mellorar a accesibilidade das nosas experiencias, sistemas e servizos dixitais.

Produtos da web locais

Hai dúas solucións adquiridas a escala local no sitio web de IKEA en España que presentan deficiencias con respecto ás novas obrigas legais en materia de accesibilidade dixital. Estamos a facer o posible por melloralas para que se adapten por completo á nova lexislación.

  1. Páxina de solicitude de facturas de asistencia ao cliente
    Trátase dun formulario web para solicitar ou duplicar unha factura a petición do cliente. A información legal e fiscal recóllese nun formulario web, o que permite que o noso Remote Contact Centre cree, comparta e duplique facturas.
  2. Programa de afiliación en España
    É un produto de rede privada virtual para crear, xestionar e estender os nosos programas para socios/as a través da nosa propia marca. As persoas que se afilien poden iniciar sesión en ikea.es e navegar por un sitio web xestionado por un socio externo.  

Comentarios

Coma sempre, encántanos mellorar e apoiar os nosos clientes. Avísanos se atopas algunha barreira de accesibilidade en calquera das nosas experiencias dixitais.

Contacta connosco  para abordar calquera tema sobre accesibilidade dixital.

Enderezo postal: Avda. Matapiñonera, 9. 28703 - San Sebastián de los Reyes. Madrid.

Ponte en contacto connosco

Selecciona unha das seguintes opcións para poñerte en contacto connosco.

Como podemos axudarte?

Dependendo do motivo polo que nos contactaches, IKEA ten o mellor método de contacto para ti. Fai clic no botón a continuación para comezar.

Chámanos por teléfono

Atendémoste no teléfono 900 400 922 de luns a sábado, de 8:00 a 22:00. Domingos e festivos, de 10:00 a 20:00.

Redes sociais

Podes escribirnos e seguirnos nas nosas redes sociais.

Facebook | Twitter | Instagram

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración tomou como referencia as avaliacións realizadas cos nosos equipos expertos en accesibilidade co apoio de avaliacións periódicas dos nosos provedores en accesibilidade.

A devandita declaración preparouse o 10/06/2025, e revisouse e actualizouse por última vez o 14/08/2025.