Saltar

Substitución de parafusos antigos

Os parafusos son un compoñente fundamental en calquera moble. E se se perde ou afrouxa algún? Non hai problema. Aquí che ensinamos a cambialos para devolver calquera moble ao seu estado orixinal e gozar del durante máis tempo. Comecemos! 

Xogo de ferramentas TRIXIG de 15 pezas
Xogo de ferramentas TRIXIG de 15 pezas

Paso 1: Prepara as ferramentas

Asegúrate de que dispós das ferramentas necesarias antes de poñerte mans á obra. O normal é que necesites un desaparafusador coa punta axeitada (Phillips, plano ou hexagonal) e parafusos de reposto (do mesmo tipo e tamaño que os orixinais). Se preparas todo o necesario con antelación, todo irá moito mellor.  

Olla as nosas ferramentas
Primeiro plano das mans dunha muller a aparafusar un parafuso en madeira cun desaparafusador eléctrico.

Paso 2: Quita o parafuso antigo

Vira con suavidade o parafuso antigo cara á esquerda co desaparafusador para quitalo. Custa traballo viralo? Non te preocupes: usa uns alicates ou un extractor de parafusos para conseguir unha mellor suxeición. Unha vez que quites o parafuso antigo, revisa o orificio para comprobar que estea limpo e listo para inserir un novo parafuso nel. O mellor é limpalo agora para evitar problemas despois. 

Ir ao servizo de pezas de reposto

Paso 3: Elixe o parafuso de reposto axeitado

Para elixir un parafuso do tipo e o tamaño axeitados para substituír o antigo, pescuda o número de compoñente correspondente e solicita un igual a través do noso servizo de pezas de reposto. Consulta a guía de montaxe (en liña) se a tes á man. Se utilizas o parafuso axeitado, encaixará á perfección e o moble quedará como novo. Se non tes a guía á man, leva o parafuso antigo á tenda para atopar un igual ou solicítao a través do noso servizo de pezas de reposto. 

Ir ao servizo de pezas de reposto
Primeiro plano de dúas mans a reparar un moble.

Paso 4: Insire e aperta o parafuso novo

Agora, só terás que aliñar o parafuso novo co orificio e viralo cara á dereita. Utiliza o desaparafusador para apertalo ben, pero non o apertes en exceso. Simplemente, asegúrate de que quede ben suxeito. Cando remates de colocalo, revísao e asegúrate de que todo estea ben. O teu moble quedará como novo, e xa poderás comezar a usalo como sempre. 

Outras guías