Reparación dun armario IKEA
Se mantés como é debido un armario, realzará o aspecto e a función de calquera cuarto. Co tempo, e debido ao uso diario, os armarios IKEA comezan a cambalear ou se estragan, ou se lles empezan a afrouxar as bisagras. Esta guía axudarache a resolver estes problemas e a devolver o armario ao seu estado orixinal para seguir a usalo durante moito tempo máis.Sigue estes sinxelos pasos para reparar e restaurar o teu armario IKEA. Comecemos!

Que máis necesitas?
- Peza de reposto para substituír a peza danada (diríxete á túa tenda ou accede aquí)
- Pezas de reposto pequenas gratuítas (parafusos e tacos)
- Papel de lixa
Paso 1: Revisa o armario
Revisa ben o armario. Hai algunha unión solta, algunha greta ou algunha peza rota? Toma nota de todo o que teñas que arranxar para saber con exactitude o que tes que facer. Comproba se tes todo o que precisas para reparar os estragos e se es capaz de atopar os repostos. Unha revisión rápida a tempo axilizará moito a reparación despois.
Paso 2: Aperta os parafusos e as bisagras, e repón o que falte
Colle unhas chaves Allen ou un desaparafusador, e aperta todos os parafusos e as bisagras. E non esquezas como vai isto: para apertar un parafuso, vira cara á dereita; para afrouxalo, vira cara á esquerda.
Paso 3: Desmonta a bisagra que estea rota
Se a bisagra está rota e non se pode apertar máis, desmóntaa do armario. Utiliza unha ferramenta, como un desaparafusador ou unhas chaves Allen, para desmontala sen danar o armario.
Paso 4: Substitúe as bisagras que falten ou estean rotas
Cambia a bisagra danada por unha nova de reposto de acordo coas instrucións de montaxe. Cambia todas as que vexas rotas ou danadas. Aperta ben de novo todos os parafusos.
Paso 5: Lixa e dálle os últimos acabados (opcional)
E, agora, o toque final. Colle papel de lixa, pintura ou verniz. Lixa as asperidades co papel de lixa, limpa a superficie e pinta ou verniza para disimular as reparacións. Agarda a que seque, e... aquí tes o teu armario, listo e como novo!