Saltar

Mobles que cambalean

Co tempo, e debido ao uso diario, os mobles poden comezar a cambalear e a perder estabilidade. Unha mesa coxa non é cómoda para ninguén, xa que deixa de ser estable e segura. Non te preocupes! Coas ferramentas axeitadas e unhas sinxelas instrucións, poderás arranxar o problema para que o teu moble recupere a súa estabilidade. Só terás que apertalo para que deixe de cambalear e poidas seguir a usalo durante moitos anos máis. Sigue estes sinxelos pasos para reparar o moble e devolverlle a estabilidade. Comecemos!

Un home a montar unha mesa de madeira.

Paso 1: Identifica onde está o problema

Primeiro, revisa as patas da mesa para ver cal é a que está a provocar o problema. Así, saberás onde tes que traballar.

Paso 2: Aperta os parafusos

Colle unhas chaves Allen ou un desaparafusador, e aperta todas as unións que vexas. E non esquezas como vai isto: para apertar, vira cara á dereita; para afrouxar, vira cara á esquerda. 

Paso 3: Estabiliza as patas

Usa os protectores de chan. Estes protectores de chan axudan a nivelar o moble para que deixe de cambalear. 

Paso 4: E se as patas están moi danadas?

Se as patas están moi danadas e o cambaleo non se pode reparar cos protectores de chan nin apertando os parafusos, consulta a guía na que explicamos como reparar unha peza danada nun produto.

Outras guías