Saltar

Devolve a pel ao seu estado orixinal

Unha cadeira de brazos ou un sofá de pel achegan elegancia e confort a calquera cuarto, pero co uso normal e co paso do tempo, a pel adoita resecar, agretar e perder o seu brillo. Se comezas a ver algún tipo de estrago, non te preocupes: reparalos é máis doado do que cres. IKEA axudarache a devolver a pel ao seu estado orixinal para que siga a achegar elegancia e confort durante moitos anos máis. Cuns coidados mínimos, recuperarás a súa suavidade e o seu lustre. Sigue estes sinxelos pasos para limpar, hidratar e protexer a pel. Comecemos!

Primeiro plano da variedade de produtos de mantemento e reparación TRIXIG sobre un pedestal.

Que máis necesitas?

  • Xabón neutro

Paso 1: Limpa a zona

Para empezar, limpa a zona danada con xabón neutro e un trapo suave. Deste xeito, eliminarás os restos de sucidade e graxa para que o acondicionador se adhira como é debido. Agarda a que a zona seque por completo. 

Paso 2: Proba o acondicionador

Colle o acondicionador para pel e mais un trapo. Proba o acondicionador primeiro nun lugar discreto. Isto serve para comprobar que o acondicionador non estraga a cor da pel. Le con atención as instrucións do acondicionador para pel. 

Paso 3: Aplica o acondicionador sobre a pel

Se, tras agardar a que o acondicionador seque, a proba sae ben, aplica o acondicionador ao resto da superficie para recuperar a suavidade e a elasticidade do material. Deste xeito, evitarás que a pel se estrague e agrete. Freta a zona cun trapo limpo para lustrala, darlle brillo e conseguir un acabado suave. 

Outras guías