Saltar
Ir á lista de produtos

Xardinería

Presume de plantas, goza da túa paixón

Se che gustan a xardinaxe e o coidado das plantas ―e se gozas do proceso―, atoparás todos os accesorios que precisas. Terás todo o necesario!

Cal é o teu estilo de testo?

Branco e limpo, rústico e acolledor ou que achegue suavidade e calma? Engade estilo e enerxía ao teu espazo exterior agrupando as túas plantas, testos e flores de novas formas. Comeza co que xa tes na casa e crea volume e vida cunha flor coa que sempre soñaches ou con testos dunha forma ou cor que che guste. Explora estas ideas e crea unha exposición de plantas que che fará sorrir cada vez que as vexas.

Plantas en todas as alturas

Os soportes para plantas, tanto de chan como colgantes, daranche a opción de decoralas e de telas organizadas e sempre á vista no teu lugar favorito.

A domicilio a partir de 48 horas

Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.

Máis información

Click & Collect GRATIS este verán

IKEA Family: Recolle o teu pedido pequeno dende 1,90€* en máis de 2300 puntos, só por tempo limitado!

Máis información

Opcións de financiamento

Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.

365 días para cambiar de opinión

Podes devolver os teus artigos nas nosas tendas ou a domicilio

Máis información

Como facer que as plantas de interior formen parte do teu fogar?

Anima calquera espazo interior ou exterior con soportes para testos de IKEA. Co soporte para testos axeitado, levarás frescura, vitalidade e fragrancia natural ao teu fogar. Engade un toque de cor ao teu balcón ou decora o teu patio con soportes para testos de xardín. Por que non encher unha soleira de plantas suculentas? Decorar con flores nunca é unha mala idea. Coloca a túa planta máis prezada nun pedestal cos nosos elegantes testos e soportes para testos.  

A maioría das nosas plantas xa van en testos, polo que son doadas de transferir a un testo decorativo meirande ou a unha xardineira. Se che gustan as verduras e as herbas frescas, por que non utilizar un dos nosos kits de cultivo na túa propia cociña? Non esquezas a regadeira! E se o coidado das plantas non é o teu punto forte, temos plantas artificiais moi logradas para calquera parte do teu fogar.

Como plantar en testos ou soportes para testos

O primeiro paso é preparar a planta. Retira o testo de plástico da base da planta tirando dela ou cortándoa. Logo, desenreda con coidado as raíces da planta para que poidan ramificarse máis facilmente no seu novo fogar.

O segundo paso é preparar a terra e o testo ou soporte para testos. Se tes un soporte para testos grande, coloca unhas pedras ou uns anacos de terracota escachada sobre o burato de drenaxe. Isto evita que a terra saia. Verte unha capa de terra ao longo da parte inferior do soporte para testos e engade compost á terra para nutrila un pouco máis.

Agora xa podes plantar. Coloca a planta no testo e rodéaa de terra. Asegúrate de deixar un espazo duns 2,5 cm entre a terra e a parte superior do testo. Rega a planta inmediatamente despois de colocar a planta e a terra. Deste xeito, aséntanse as bolsas de aire na terra. Se é necesario, engade máis compost na parte superior do testo.

As plantas de interior limpan o aire?

As plantas alegran o teu fogar, pero necesítanse moitísimas para purificar o aire que respiras. As plantas absorben os gases e producen osíxeno, pero necesitarías milleiros de plantas de interior para crear un efecto cuantificable. Noutras palabras, non se pode depender dunha planta para mellorar a calidade do aire interior.

As plantas nos nosos fogares melloran a nosa saúde doutras formas. As plantas achegan un toque fresco e rexuvenecedor. A súa fragrancia pode ser relaxante, mentres que a vista de flores e plantas pode mellorar o noso estado de ánimo.