Tanto ten se o teu fogar é grande ou pequeno: coa serie de sofás modulares JÄTTEBO, atopar o que buscas é moi fácil. Grazas ao seu deseño modular, podes crear unha infinidade de combinacións e adaptar con sinxeleza a distribución ás túas necesidades. Ademais, baixo os módulos cómodos e fondos agóchase unha almacenaxe práctica que che axuda a manter a orde.
Os piares da comodidade
O perfil baixo e ancho non é novo para ti, así como tampouco o son as cores ricas nin o carácter irresistible da pana. Ademais, estas lambetadas visuais contan co respaldo dunha comodidade inigualable. Á parte dos resortes ensacados e a escuma de alta resiliencia, que se adapta ao corpo como unha luva, a combinación de repousacabezas e repousabrazos permíteche adaptar a posición ás túas preferencias persoais. Neste sentido, podemos dicir que é posible personalizar todo o sofá, xa que o deseño modular permite elixir tanto o tamaño como a distribución. Isto supón unha vantaxe importante e duradeira, xa que permite que JÄTTEBO cambie cando tamén o fagan as túas necesidades.
Éncheo de cousas primeiro, e de persoas despois
Se miras máis aló do seu atractivo exterior, verás que por dentro é mesmo máis fermoso. Cada módulo agocha un enorme espazo de almacenaxe para todas aquelas cousas que queiras ter preto e accesibles cando as precises, pero fóra da vista. Coxíns, mantas, xogos de mesa, un repousacabezas adicional ou calquera outra cousa que se che ocorra. Os amortecedores de gas garanten unha abertura e un peche suaves e fluídos. Xa só fai falla descubrir cantas amizades caben.