Saltar
Ir á lista de produtos

Serie FLORSJÖN

Coa serie FLORSJÖN, as túas rutinas de baño poden ser un chisco máis prácticas e elegantes. Ganchos, toalleiros, unha papeleira, un soporte para vasoiriña e andeis: pequenos complementos con vantaxes que se notan. Os deseños modernos en metal revestido son fáciles de combinar para facilitarche a organización.

Vaites, que cor tan versátil!

Parece arxila, avea ou té con leite? Pódelo chamar como queiras: a cuestión é que este beixe cincento realza a estética moderna destes accesorios de baño. Ademais, intégrase facilmente co que xa tes e con calquera estilo. De feito, faino tan ben que ao mellor esqueces que houbo unha época na que FLORSJÖN non formaba parte da túa vida.

Dous toalleiros FLORSJÖN de metal con revestimento en beixe cincento na parede dun baño con azulexos, entre a zona da ducha e o lavabo.
Primeiro plano da parte inferior dun andel de ducha FLORSJÖN de cor beixe cincenta nunha parede con azulexos, na que se ven os seus pequenos orificios de drenaxe.
Un pez globo de xoguete sobre un andel de parede FLORSJÖN gris-beixe con tres ganchos ao nivel dun lavabo na parede dun baño con azulexos.
Esquina dun baño con azulexos á beira dun inodoro cun caldeiro do lixo FLORSJÖN en beixe cincento montado na parede, e libros enriba da súa tapa encaixada.

Queres unha vida aínda máis cómoda? Cola temporal ao rescate!

Que tomen nota as persoas que moran en alugueiro, que son soñadoras ou que adoran pasar á acción. O kit de instalación de parede adhesivo KROKSJÖN é un deses produtos que pasan desapercibidos, mais que che cambian a vida. Contén cola temporal e un adaptador de parede para os accesorios de baño FLORSJÖN e BROFJÄRDEN, que non requiren tradear a parede. A cola funciona en paredes de superficie lisa, como paredes de azulexos, mármore, vidro, metal, pedra ou formigón.

Velaquí máis accesorios de baño sen perforacións
Velaquí máis accesorios de baño sen perforacións