Grazas ao seu elegante deseño, a serie SANDSBERG encaixará no teu fogar sen levarse todo o protagonismo. Pero non deixes que o seu aspecto depurado te engane; fabricouse para aguantar todas as túas rutinas diarias. Opta por un aspecto sinxelo e harmonioso con cadeiras que combinen, ou dálle vida ao comedor con distintas cores. Ademais, cando precises máis espazo, só tes que amontoar as catro cadeiras unhas enriba doutras. E todo iso por un prezo sorprendente.