Reloxos
Un novo reloxo que che dá máis que a hora
Que mellor lugar para poñer notas e recordatorios que en algo que miras constantemente? Grazas ao marco de cortiza deste reloxo de parede SVARTGÖK, poderás fixar listaxes de tarefas ou fotos con chinchetas para que ninguén as perda.
Ordenar e filtrar
Recomendado para ti
Vistos recentemente
Reloxos que tamén decoran
Os nosos reloxos non só serven para darche a hora, senón que tamén os podemos utilizar como bonitos detalles decorativos. Sexa como for o estilo decorativo que tes no teu fogar, podes elixir o tipo de reloxo que mellor che combine. Podes elixir entre reloxos de parede para ver a hora dende todos os puntos da estancia ou un reloxo de mesa que che permitirá saber que hora é cando pases ao lado. Temos reloxos de diferentes materiais, cores e tamaños para que elixas o que máis che guste. Elixe entre un reloxo branco, negro, dourado ou de madeira!
Reloxos espertadores para que non se che pase a hora
Es desas persoas ás que lles gusta quedar uns minutiños máis na cama pola mañá? Fóiseche o santo ao ceo algunha vez, pegáronseche as sabas e acabaches chegando tarde ao traballo ou a clase? Se é así, recomendámosche que elixas canto antes o teu reloxo espertador para que non volvas quedar durmido. Temos reloxos espertadores dixitais con deseño moderno e moitas funcionalidades, que non só che dan a hora, tamén che din que temperatura fai. Tamén temos espertadores analóxicos, que co seu deseño clásico simulan os antigos reloxos. Elixe o teu espertador!




















































