Randeeiras de exterior
Transforma o teu espazo de exterior nun oasis de relax grazas a unha randeeira de exterior. Escolle entre varios estilos e materiais, como a acacia maciza, o plástico ou o ratán. Engade coxíns para exteriores ou unha almofada para unha comodidade máxima e un aspecto personalizado.
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Categorías relacionadas
Comeza o teu día en paz contemplando a natureza polas mañás. Con algúns mobles de terraza confortables, poderás sentirte como na sala de estar e pasar innumerables horas ao aire libre con toda a comodidade. Encontrarás unha ampla selección de mobles de terraza en IKEA con moitos estilos, materiais e cores diferentes entre os que escoller.
Como escoller as cadeiras e mesas de terraza apropiadas
Se buscas cadeiras e mesas para a túa terraza, recomendámosche que primeiro escollas as cadeiras. Cando decidas que cadeiras queres levar, escoller unha mesa será coser e cantar.
Cadeira de xardín reclinable para un espazo de relax ao aire libre
Ao escoller as cadeiras da terraza, primeiro debes considerar que tipo de ambiente queres crear nela. Queres crear un espazo para relaxarte? Se é así, opta por cómodas cadeiras de brazos e combínaas cunha pequena mesa de xardín.
Cadeiras de terraza para cear ao aire libre
Encántanche as grelladas de verán e queres organizar algunha cea na túa terraza? Entón debes escoller unha mesa de terraza máis resistente e cadeiras nas que comer sexa un pracer. Opta por cadeiras parecidas ás da cociña para sentar comodamente nunha mesa de terraza tamén semellante á da cociña.
Consellos de deseño dos mobles de terraza
O seguinte paso á hora de escoller os mobles de terraza é elixir o material. Primeiro, terás que considerar o estilo do teu espazo ao aire libre e, despois, o nivel de protección preciso para os mobles.
Por exemplo, cos mobles de ratán conseguirás unha zona de relax de aspecto clásico, mais cun toque moderno e natural. Os mobles de madeira son robustos e achegan sensación de calidade. Son ideais se queres recrear un ambiente de praia ou de terraza de hotel. Pero o certo é que quedan ben con case calquera decoración ao aire libre.
Independentemente do material que elixas, atrévete a ser diferente. Proba a engadir polo menos un elemento colorido para que destaque. Se optas por mobles de estilo máis modesto, podes engadir algo de cor cunha manta colorida ou con varios coxíns de exterior vistosos. Con tan só un toque de cor podes darlle moita personalidade ao teu fogar.
Protección dos mobles da terraza
A madeira e o ratán son unha grande elección se tes un patio cuberto ou se non che importa meter dentro o mobiliario cando non o vaias usar. A razón disto é que o ratán e algúns mobles de madeira poden absorber facilmente a humidade e danarse por causa das inclemencias do tempo. Lémbrate tamén de vernizar o mobiliario de madeira da terraza unha ou dúas veces ao ano para que siga tendo un aspecto fantástico.
Se o teu patio non está cuberto, o ratán de plástico é perfecto para ti, xa que o ratán artificial non é tan sensible á humidade. Con todo, todos os mobles da terraza deben gardarse no interior ou protexerse con fundas impermeables se tes que deixalos ao aire libre. Deste xeito, conseguirás que o mobiliario da túa terraza dure máis.