Saltar
Ir á lista de produtos

Plantas e flores artificiais

Follas que caen, ánimos que se levantan

O verán rematou, pero o mellor está por chegar. Se ti tamén prefires o outono, bótalle unha ollada á colección HÖSTAGILLE para somerxerte na ledicia dos encontros acolledores, os doces con sabor a especias e os días de abrigo. Pronto pensarás: quen precisa as demais estacións?

Velaquí a colección HÖSTAGILLE
Unha porta de madeira e cristal adornada cunha coroa artificial multicolor HÖSTAGILLE en cálidos tons outonais.
Unha mesa de comedor adornada cunha grilanda artificial HÖSTAGILLE de varias cores, rodeada de elegantes pezas de vaixela e cristalaría.
Velaquí a colección HÖSTAGILLE

É verde, está contenta e nunca pide nada

Adorna a túa cociña con FEJKA, unha alegre herba artificial que achega ledicia e frescor sen ningún esforzo pola túa parte. Sempre está verde, é feliz tanto con sol como con sombra, non murcha e non precisa que a regues nin que a podes. E, aínda así, encántalle a leria.

Velaquí a serie FEJKA
Tres plantas artificiais FEJKA de cor verde nun andel de cociña montado na parede, á beira de varios utensilios de cociña de cor branca, cristal e aceiro inoxidable.
Primeiro plano de dúas plantas artificiais FEJKA verdes nun estante.
Velaquí a serie FEJKA

As flores artificiais convertéronse nun básico da decoración moderna, xa que ofrecen unha combinación de comodidade e beleza que revitaliza calquera espazo sen os coidados que precisan as flores de verdade. 

Por que as flores artificiais son unha opción tan popular na decoración do fogar? 

O atractivo das flores artificiais reside na súa capacidade para emular a beleza das flores naturais sen o mantemento que estas requiren. A diferenza das flores reais que se teñen que regar con regularidade e que precisan unha temperatura axeitada e un especial coidado, as flores artificiais manteñen sempre a súa frescura, polo que son unha solución decorativa económica e duradeira. 

Como podes decorar con plantas artificiais para realzar o teu fogar? 

Decorar con plantas artificiais é un xeito versátil de decorar o interior do teu fogar. Pódense usar para crear focos de atención nun cuarto ou para engadir un toque sutil de vexetación en espazos demasiado neutros. Ao colocar as plantas artificiais, considera variar as alturas e os tipos para acadar un aspecto máis orgánico e interesante. Combinar plantas de diferentes tons e tamaños tamén pode engadirlle profundidade e textura á decoración. Tanto se pos unha planta grande nun recuncho como se colocas un pequeno arranxo nunha mesa de centro, estes detalles poden facer que o espazo sexa máis acolledor. 

Que debes ter en conta ao seleccionar flores de seda e plantas artificiais? 

Ao seleccionar flores de seda e plantas artificiais, ten en conta o tamaño e a gama de cores do teu espazo. Os arranxos máis grandes poden converterse no centro de atención, mentres que os máis pequenos poden complementar a decoración. Opta por materiais de alta calidade que ofrezan un tacto e unha aparencia realistas, o que garantirá que as túas plantas artificiais sexan practicamente idénticas ás reais a primeira ollada. Ademais, pensa na lonxevidade do deseño; os arranxos de estilo atemporal quedarán ben no teu espazo durante moitos anos, algo que non ocorre cos deseños baseados en tendencias, que adoitan pasar de moda axiña.
 
Incorporar plantas e flores artificiais no teu fogar non só ten que ver co atractivo estético; trátase de crear unha contorna que transmita unha sensación de coidado e atención. Como non precisan auga nin luz do sol, estas plantas son perfectas para estancias con pouca luz natural ou para quen que viaxa acotío. Son unha solución práctica para achegar vitalidade e darlle un toque natural ao teu fogar durante todo o ano.
 
Lembra: a clave para usar plantas artificiais reside nos detalles. Elixe plantas que complementen o teu estilo persoal e o ambiente que queres crear. Unha vez que as elixas e as coloques da maneira axeitada, as plantas e flores artificiais poden transformar o teu fogar nun santuario de flores eternas.