Saltar
Ir á lista de produtos

Iluminación de cociña

Instalada sobre os armarios ou oculta dentro ou debaixo destes, a nosa iluminación de cociña engade ambiente, funcionalidade e estilo á túa cociña. As luces LED, ademais, aforran enerxía. A iluminación de cociña é un brillante complemento ao aspecto da túa cociña e axuda a que o prato que esteas a cociñar teña mellor aspecto.

Ordenar e filtrar

17 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 17 de 17 resultados

    Cústache atopar os ingredientes que precisas na despensa a escuras? Non sabes se o polo está feito debido á pouca iluminación da cociña? Se este é o teu caso, o mellor que podes facer é renovar a iluminación da cociña. 

    Por sorte, temos unha ampla selección de luces para iluminar o teu fogar. Serven para iluminar a cociña, axudarche a atopar algo para petiscar ou, simplemente, crear unha escena diferente no cuarto. Aquí atoparás algunhas ideas excelentes de iluminación para a cociña.

    Focos para unha iluminación directa ou luces prácticas para a despensa

    Os focos son unha boa elección para iluminar a cociña, xa que ofrecen unha fonte de luz directa e versátil. Adoitan ser pequenos e lixeiros, o que significa que poden instalarse doadamente onde sexa preciso. Ademais, como son axustables, son ideais en lugares onde se require luz directa, como enriba do mesado da cociña.

    Ofrecemos focos convencionais con cable que podes conectar a unha toma de corrente. Pero tamén dispoñemos de focos con batería que son doados de instalar en calquera sitio. Esta é unha excelente opción para un armario ou unha despensa. Porque, quen dixo que só a neveira pode incorporar luz? Imaxina que estás a buscar algo delicioso para picar en plena noite: un pouco de luz na despensa pode aforrarte moitos problemas.

    Tiras de iluminación LED como adorno na cociña

    Unha tira de iluminación LED é outra fonte de luz versátil e útil para a cociña. Como iluminación decorativa, a tira LED é moi discreta, xa que é plana e dirixe a luz cara a abaixo. Iso significa que non perderás a visión se a miras directamente ni lle roubará protagonismo á cociña. Porén, engade pequenos puntos de luz que poden crear a escena perfecta para unha cea romántica. As tiras LED tamén poden integrarse nos armarios.

    Luces regulables para crear a escena perfecta

    Moitas das nosas luces de cociña teñen outra gran vantaxe: son regulables. Poden conectarse ao controlador TRÅDFRI e ao regulador sen fíos. Isto permíteche prender a luz, apagala e regular a súa intensidade doadamente segundo sexa necesario. Pode ser moi útil cando sentes a cear e queiras cambiar a iluminación para relaxarte e desconectar do traballo.

    Eficiencia enerxética para un futuro mellor

    Todas as nosas luces de cociña utilizan iluminación LED para reducir o consumo de enerxía e prolongar a súa vida útil. Isto permitirache aforrar diñeiro e axudará a protexer o medio ambiente e lograr un futuro mellor.