Fundas nórdicas, sabas e fundas de almofada
Para a roupa de cama, o máis importante é a suavidade e a comodidade.Por iso, a gama IKEA de fundas nórdicas, fundas de almofada e sabas dáche a comodidade que precisas para durmir mellor. Materiais como o algodón, o liño e o lyocell axúdanche a absorber a humidade para que non sintas calor en toda a noite. E por se fose pouco, hai unha gran variedade de cores e deseños entre os que escoller, polo que poderás coordinar á perfección o estilo do teu dormitorio.
Durme baixo un solpor nocturno
Por que quedar cunha soa cor se podes telas todas? A funda nórdica FLÄDERBUSKE pasa dunha cor a outra para darlle ao teu dormitorio a mesma enerxía que a túa lista de reprodución favorita.
O tecido, fabricado cunha mestura de poliéster e viscosa, é suave, duradeiro e doado de coidar. Non se deforma, seca con rapidez e é suave ao tacto, polo que poderás despreocuparte un pouco pola bogada e gozar máis dun sono de calidade.
Ordenar e filtrar
Recomendado para ti
Vistos recentemente
A túa roupa de cama di moito de ti e do que che gusta. As cores, os motivos, o deseño e incluso o tecido son un reflexo dos teus gustos. Ademais de cumprir unha función estética, a roupa de cama e as colchas teñen que ofrecer comodidade. Como é a súa textura? Axudan a regular a temperatura do corpo pola noite?
Roupa de cama dos mellores materiais
Pasas aproximadamente un terzo da vida durmindo. Iso significa que pasas aproximadamente un terzo da vida baixo as sabas. Por iso, creamos a nosa roupa de cama con materiais de calidade, suaves ao contacto coa pel e capaces de manter unha temperatura corporal uniforme mentres dormes.
Todos os materiais que usamos nos nosos conxuntos son transpirables, favorecen unha boa ventilación e absorben a humidade, e todo co obxectivo de manter a comodidade durante a noite.
Materiais sostibles e respectuosos co medio
Ademais de ser suaves e transpirables, algúns dos nosos conxuntos tamén contribúen a coidar do planeta. Temos unha ampla selección de roupa de cama feita de materiais procedentes de fontes sostibles. Iso significa que podes tomar unha decisión consciente sobre o impacto que queres ter no planeta, ao tempo que usas a roupa de cama para mostrar a túa personalidade e as cousas que valoras. Esperamos que esta decisión consciente te axude a durmir mellor, tanto física como mentalmente.
Non esquezas as sabas
Tamén temos unha ampla selección de sabas en diferentes cores e materiais a xogo coas fundas de edredón e almofada. Algunhas das nosas sabas son axustables, con bordos elásticos que se adaptan perfectamente ao colchón. A saba non se moverá por moito que te movas durante a noite. Ademais, ao ser elástica engúrrase menos, xa que estará estirada polas catro esquinas.





















































