Saltar
Ir á lista de produtos

Fundas de sofás e cadeiras de brazos

Renova a túa cadeira de brazos sen complicarte a vida

Cansácheste da túa cadeira de brazos con orellas STRANDMON? Unha funda lavable é unha forma doada e económica de revitalizala para que poidas gozala durante máis tempo.

Un can salta sobre unha cadeira de brazos con orellas STRANDMON que está cuberta por unha funda Stigsbo multicolor/negra.
A man dunha persoa suxeita o bordo dunha funda para cadeira de brazos con orellas Stigsbo multicolor/negra que cobre unha cadeira de brazos con orellas STRANDMON.

Sube os teus asentos de categoría con fundas novas

Unha persoa coloca fundas novas brancas e negras nun sofá SÖDERHAMN de tres prazas nunha sala de estar cunha alfombra azul clara.
Parte dun chaise longue JÄTTEBO cun módulo de chaise longue cunha funda gris-beixe e unha funda gris-beixe para repousabrazos.
Unha manta KLIPPOXEL e dous coxíns adicionais repousan sobre un sofá SÖDHERMAN con fundas vermellas nun cuarto cunha alfombra UNDERVISNING.
Unha cadeira de brazos infantil POÄNG cun coxín de cadeira de brazos infantil POÄNG beixe claro que se encontra nun cuarto preto dunha parede.
Uns coxíns adicionais e unha manta LAPPTÅG descansan sobre un sofá de esquina modular LILLEHEM con fundas gris escuro.
Unha persoa mira unhas mostras de tea que hai sobre unha pequena mesa redonda branca. Ao fondo hai un sofá con coxíns.

Consigue unha pequena mostra do sofá dos teus soños

Queres cambiar a funda do teu sofá, mais non sabes que tea escoller? Achégate á túa tenda IKEA máis próxima e darémosche unha pequena mostra de tea de calquera funda de sofá para que a leves a casa. A gozar!

Un sofá, catro estilos diferentes

Fai que o teu sofá pareza outro cunhas fundas de sofá

O teu sofá está demasiado vello, manchado ou roto? Podes darlle un novo aire con fundas de sofá! Temos fundas de sofá para sofás de diferentes capacidades, dende sofás de dúas prazas ata sofás de cinco prazas. Tamén podes encontrar en IKEA fundas de sofás para sofás con chaiselongue. Así que xa sabes, facer que o teu sofá pareza novo é moi doado. Só tes que elixir a cor das fundas que queres para o teu salón!

 

Unhas fundas de sofá para protexelo

Queres invitar os teus amigos á túa casa sen temor a que cha destrúan? Gústache organizar festas e ser sempre o anfitrión? Consigue unhas boas fundas de sofá para protexelo dos posibles imprevistos. Deste xeito, se cae algo sobre el, sempre podes quitalas e metelas á lavadora para que volvan estar como novas. Ademais, cando te canses das túas fundas de sofá actuais, só tes que cambialas por outras novas. E xa está, o teu sofá parecerá outro!