Bogada e limpeza
Estás a procurar un lavadoiro á medida?
As nosas solucións máis populares adáptanse ás túas necesidades, medidas e estilo. Ademais, son totalmente modulares para que poidas combinalas ao teu gusto.
A domicilio a partir de 48 horas
Enviámosche o teu pedido pequeno a domicilio dende 2,90€* por ser de IKEA Family. Envío de mobles dende 9,90€.
Máis informaciónClick & Collect GRATIS este verán
IKEA Family: Recolle o teu pedido pequeno dende 1,90€* en máis de 2300 puntos, só por tempo limitado!
Máis informaciónOpcións de financiamento
Gózao agora e vai pagando aos poucos* cos nosos servizos de financiamento.
Máis información365 días para cambiar de opinión
Podes devolver os teus artigos nas nosas tendas ou a domicilio
Máis informaciónArtigos básicos para o lavadoiro
Transforma o lavadoiro coa nosa gama de produtos, coidadosamente seleccionada e deseñada para facilitarche as tarefas do fogar. Descubre a fusión perfecta de funcionalidade e estética para converter un lavadoiro común nun espazo magnífico.
Como podo aproveitar ao máximo o espazo do meu lavadoiro?
Optimiza o teu espazo con solucións de almacenaxe intelixentes. Os estantes de parede e os cestos permiten ter os artigos básicos á man sen desorde. Proba a mercar unha táboa de pasar o ferro pregable para aforrares espazo sen renunciar a lucir roupa impecable. Descubre a maxia dun lavadoiro en orde!
Cal é o segredo para lavar a roupa con máis eficacia?
Para que lavar a roupa non sexa un inferno, proba coa nosa gama de artigos esenciais para o lavadoiro. Merca cestos resistentes que che permitan ordenar a roupa sen esforzo e así facilitar o momento de lavala. Temos tendais que aforran espazo e alcándaras para secar a roupa ao aire de maneira eficiente, o que reduce o consumo de enerxía. Converte o proceso de lavar a roupa nunha tarefa rápida e ben organizada cos elementos adecuados.
Algún consello para aproveitar ao máximo os electrodomésticos do lavadoiro?
Amplía a vida útil dos heroes do lavadoiro cuns poucos coidados que farán maxia. Limpa con frecuencia os filtros de peluxe das secadoras para conseguir un rendemento óptimo e como medida de seguridade contra incendios. Procura ter as xuntas da lavadora impecables para evitar fugas e manter a máxima eficiencia. Cos coidados oportunos, conservarán todo o seu encanto.
Como podo crear un lavadoiro elegante?
Realza o lavadoiro alén da funcionalidade cun toque de estilo. Elixe solucións de almacenaxe en tonalidades que complementen o teu espazo e transmitan personalidade. Ilumina a estancia con iluminación LED suave para conseguir un ambiente cálido e acolledor. Un toque de vexetación ou papel adhesivo de parede daranlle un aspecto divertido sen comprometer a utilidade. Aproveita o potencial do teu lavadoiro para a decoración do teu fogar.
Goza da satisfacción de ter un lavadoiro ben ordenado e con moito estilo. A nosa gama de artigos esenciais para o lavadoiro garante que todas as visitas a este espazo funcional se convertan nunha experiencia agradable. Descubre o equilibrio entre forma e función, e transforma o teu lavadoiro nun paraíso que reflicta un estilo de vida divertido, auténtico e optimista. A eficacia e a estética van da man en cada detalle para gozares máis das tarefas da casa.